Catulo é o home que converte a súas propias vivencias no obxecto do seu traballo poético. Por iso se considera que a aportación de Catulo á literatura latina é o descubrimento do individuo e os seus valores, do poeta como poeta, el xa non é o poeta que imita, é capaz de impor a súa persoal visión, o seu estilo, a súa arte a todos aqueles temas nos que fixa o seu talento. A expresión dos seus sentimentos íntimos, a paixón amorosa, os seus odios atópasen principalmente nos seus poemas polimétricos e epigramas.

86: ¡LESBIA , PRECIOSA!
Quintia para moitos é bonita, para min é branca, alta,
tesa. Eu, que son como son, recoñézolle cada un destes encantos.
Tamén digo que non todo iso é “bonita”, pois ningún estilo,
nin gran de sal hai nese corpo vulgar.
Bonita é Lesbia, toda ela una preciosidade,
ela soa arrebatoulles a todas todos os encantos.
Para acceder ós poemas seleccionados clicar en:

Catulo: Amores que matan. Colección de poemas by José M.Otero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License.
Based on a work at xmnicol.blogaliza.org.”
GUÍA DE LECTURA DOS POEMAS DE CATULO
Para que a lectura dos poemas che resulte máis proveitosa podes empezar a estudiar o tema da lírica latina, que será contido de literatura latina para a primeira avaliación.
Para acceder ó tema completo en pdf clika en: A LIRICA LATINA
