POLOS SILENCIOSOS PALACIOS DE DITE

O MUNDO

DO MÁIS ALÁ NA ENEIDA


Escuros ían na soidade da noite, a través da sombra, polos silenciosos palacios de Dite, como pola lúa incerta, baixo unha luz murcha, vai un camiño a través das selvas. Unha noite negra privou ás cousas da súa cor. Eneida, VI, 268 ss.

A noite está relacionada co feminino, co inconsciente, cos soños. A Noite é Nai dos deuses, os gregos pensaban que a Noite precedera a creación de todas as cousas. Por iso a noite é fertilidade, semente, o que pode chegar a ser, non é aínda o día pero é a súa promesa.

Virxilio atopa nestas posibilidades símbólicas un marco ideal para para realzar a finalidade histórica do poema, guiado polo ideal que inspiraba a política de Augusto: gloria do pobo romano e a exposición de virtudes que o fixeron grande, cando Anquises se dirixe a Eneas:

– Vou revelarche os teus propios fados e a gloria que logo ha de seguir á prole dardania, os netos que da xente itala están reservados e as almas ilustres que se sumarán ó noso nome: o que ocupa o lugar máis preto da luz é Silvio, por el a nosa liñaxe enseñorará Alba Longa, Procas, Capis e Numitor, e Silvio Eneas… Eneida, VI, 765 e ss.


Se che interesa o que ves de ler, podes completalo no documento pdf: polomundodassombras

Se prefires ver a presentación en pantalla máis grande clika en: A madurez da cultura latina

Polos silenciosos palacios de Dite

Polos silenciosos palacios de Dite by Jose M. Otero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 2.5 España License. Based on a work at centros.edu.xunta.es

POESÍA ÉPICA LATINA. VIRXILIO E A ENEIDA         



El infierno como inspiración