BARACK OBAMA, ecos da oratoria Ciceroniana

OBAMA, O NOVO CICERÓN

 

Recoméndovos a lectura deste articulo que aparece no xornal dixital 

(PICA AQUÍ)

 

“One of my favourites among Obama’s tricks was his use of the phrase “a young preacher from Georgia”, when accepting the Democratic nomination this August; he did not name Martin Luther King. The term for the technique is “antonomasia”(1). One example from Cicero is the way he refers to Phoenix, Achilles’ mentor in the Iliad, as “senior magister” – “the aged teacher”. In both cases, it sets up an intimacy between speaker and audience, the flattering idea that we all know what we are talking about without need for further exposition. It humanises the character – King was just an ordinary young man, once. Referring to Georgia by name localises the reference – Obama likes to use the specifics to American place to ground the winged sweep of his rhetoric – just as in his November 4 speech: “Our campaign … began in the backyards of Des Moines and the living rooms of Concord and the front porches of Charleston”, which, of course, is also another tricolon” (2).

(1) Antonomasia:Ret. Sinécdoque que consiste en poñer o nome apelativo polo propio, ou o propio polo apelativo; p. ej., o Apóstolo, por Santiago; un Nerón, por un home cruel.

(2) Tricolon:Uso de series de tres membros para destacar as teses do seu discurso.

En relación coa capacidade retórica e as semellanzas co estilo ciceroniano non deixedes de ler RETÓRICA E POLÍTICA en APROXIMACIONES

“Muchas personas conocen el interés que siempre ha despertado el hecho político y su relación con la retórica en su vertiente de argumentación para convencer de los propios puntos de vista a una audencia. Cuando las dos disciplinas se unen dan lugar al discurso público”.

 

RETÓRICA E ORATORIA: CICERÓN 


Este é o tema que vos propoño para enteder a cuestión da ORATORIA ROMANA e o papel decisivo de Cicerón como culminación deste xénero literrio.

Anuncios

HÉRCULES, O HEROE EXCESIVO

HÉRCULES

Se picas no título HÉRCULES poderás ver o video (swf) en formato de pantalla grande

(O video tarda uns segundos en abrir)

[kml_flashembed movie="http://centros.edu.xunta.es/iessantome/files/HERCULES.swf" width="500" height="450" wmode="transparent" /]

Deus e heroe, difícil compaxinar os dous status sen verse envolto nunha auréola de misterio. Hércules é o máis importante dos héroes gregos e sen embargo cunha história mítica detrás del moi complicada para reconstruir. De todos os heroes é o único que comeza sendo heroe e remata no Olimpo vivindo como un deus e casado con Hebe, a filla de Hera, a súa máis encarnizada inimiga.

Ordenar os acontecementos da vida mítica é un empeño estéril, proliferan as interpretacións libres entre os autores clásicos.

Os mitógrafos antigos dividían as fazañas de Hércules en tres grupos: Os doce traballos, Feitos incidentais durante os traballos e Expedicións. Se tentamos organizar dunha maneira comprensiva as actividades heroicas de Hércules podemos establecer a seguinte serie: matanza e captura de monstros e bandidos, andanzas por terras afastadas, intervalos de loucura e escravitude, certos actos bestiais (corpo peludo, a pel do león, o garrote, a liberdade no amor, na comida e no viño) xunto con actos culturais (xogos olímpicos, rituais de iniciación), o encontro co mundo do maís alá e os mortos. Hai moito do folklore na imaxe de Hércules, pero os temas centrais de contradición (loucura-escravitude, natureza-cultura, experiencia límite vida-morte) dan fe dun ser mítico de verdade no sentido máis fondo, que todo o que fai expresa e determina as actitudes dos homes nos momentos fundamentais da existencia.

Creative Commons License

Hércules, o heroe excesivo by José M.Otero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at www.edu.xunta.es