O Minotauro e a doncela

El Minotauro y la doncella

ANTONIO MUÑOZ MOLINA 28/03/2009

“El mito, decía Pavese, es contar algo de una vez para siempre: contar un cuento muchas veces y que nunca se agote su misterio, contarlo a través de los siglos y que sea siempre una revelación y al mismo tiempo un enigma”.

A palabra grega mython mythesthay quere dicir recontar unha historia intemporal, sen data nin datable, esa historia que non é posible atopar en ningunha crónica, pero o ser significativa por si mesma compensa esta ausencia. Os mitós son imaxes que se agarran como lapas á memoria colectiva e que se van revitalizando ó calor de sucesivas xeracións porque dan cumprida acollida a mil preguntas fundamentais que son teima do ser humano  e que prantexan de continuo o desasosego que despertan os misterios da vida e as transformacións sociais. Os mitos viven no país da memoria, van máis alá do real e dan unha explicación, ó seu xeito, da realidade.

Anuncios

Cultura Clásica para as catro estacións. Primavera: renacer con Venus

[kml_flashembed movie="http://centros.edu.xunta.es/iessantome/files/Renacer%20con%20Venus.swf" width="700" height="400" wmode="transparent" /]

SE QUERES VER  A PANTALLA EN FORMATO MAIOR PICA AQUÍ

 

O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.

Xa Venus Citerea rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas baten a terra con pé rítmico. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.

A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A teima da vida breve néganos toda esperanza.

(Adaptación de Horacio, Odas, 1,4 )

MATERIAIS COMPLEMENTARIOS E CUESTIONARIO 

primaveramateriais-complementarios

Creative Commons License Cultura Clásica para as catro estacións. primavera: renacer con Venus by José M. Otero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.


A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA

 

STRAVINSKY (Pica aquí)

PRIMAVERA A SON DE JAZZ:

JACQUES LOUSSIER: Air on the G String (Pica aquí)

Manifiesto en defensa de las Filologías de la Universidad del País Vasco

A COMEDIA DE PLAUTO: A busca da risa

Representación de Miles Gloriosus

O interese de Plauto non era tanto reproducir estructuras dramáticas como utilizalas para despregar todo o seu virtuosismo. A consistencia dos personaxes e do desenvolvemento do argumento eran sacrificados en función de efecto inmediato. O humor reside non tanto na ironía da situación senón na reste de chistes e equívocos:non son personaxes nun contexto dramático, senón comediantes realizando unha rutina de chistosos.

Máis ben parece que Plauto centraba todas as súas enerxías en facer rir a espectadores romanos de todo xénero e condición que acudían ó seu teatro, intranscendente desde o punto de vista argumental. Para o logro dese obxectivo botaba man de recursos cómicos de natureza popular: máximo movemento escénico(comedia motoria), ruptura da ilusión escénica, equívocos, alusións á vida romana, burla de provincianos e campesiños, chistes, groserías, obscenidades, cunha increíble riqueza lingüística e métrica, base da súa popularidade no seu momento, e fundamento da súa importancia no desenvolvemento do xénero na historia da literatura  occidental.

Parece que Plauto era un home para entreter e un poeta. Manexa como ninguén a linguaxe coloquial, pero probablemente os romanos non falaban como el, con aliteracións, con xogos de palabras, personificacións ou expresións enigmáticas, pero aí reside o xenio de Plauto, no disfrute da palabra.

 

DE INTERESE PARA OS ESTUDANTES DE SEGUNDO DE BACHARELATO

Os alumnos/as de 2º de bacharelato tedes a vosa disposición o  tema de literatura correspondente á 2ª avaliación: O TEATRO ROMANO: PLAUTO