Frescos de Pompeianos restaurados

Espléndida viaxe ó Mundo Clásico (Pica AQUÍ)

“O  máis curioso que vin na miña viaxe foi Pompeia, un sente estar na Antigüidade e a pouco que teñamos o costume de non crer o que foi probado aprenderemos sobre  o terreo máis ca un sabio. É un pracer inmenso ver cara a cara esta Antigüidade sobre a que lemos tantos volumes”. (Stendhal)

O pompeiano fai nos muros da súa casa un museo para disfrute del mesmo e da súa familia, as paredes son o espacio para expoñer o seu mundo e a súa cultura: temas mitolóxicos, como na casa dos Vetii, a natureza domesticada en xardíns murais, Semele e Dionisos na villa dos Misterios. Ningunha outra cidade do mundo transmitiu mellor a mensaxe de Venus a través de atrevidas pinturas eróticas de gran realismo e contido sexual explicito que cubren as paredes dos prostíbulos pompeianos.

Ver tamén

Un  bo momento para botar man do bo traballo de FERNANDO LILLO REDONET:

TALLER DE GRAFITOS Y PINTADAS DE POMPEYA  (Pica AQUI)

http://fernandolillo.blogspot.com/2008/12/cuaderno-del-taller-de-grafitos-y.html

Navigare necesse est…

A Torre de Hércules: luz que orienta

(Tomo prestada esta foto de Google. Grazas ó seu autor/a)

Compartimos estes días en A Coruña  con profesores/as de Clásicas a experiencia dun curso que ten o nobre propósito de axudar  a capear o temporal que se nos aveciña.  Non son bos os tempos para os que nos sentimos seducidos polo Mundo Clásico, e, fascinados, gozamos ademais co compromiso de transmitir o seu legado, que é de todos; nubes atrae in occidente oriuntur. Rolan ventos como furacáns que removen desde as areas ondas xigantescas, o barco semella ‘zozobrar’; como outros Eneas  sentimos que se nos cae ó mar o noso piloto Palinuro, pero é preciso seguir adiante, navigare necesse est, ou o que a fin de contas é o mesmo, o decisivo non é  tanto o temporal que nos desacouga  como o que sexamos capaces de facer co barco, os mariñeiros e as ricas mercancías que levamos a bordo. 

É unha suxerente metáfora o emprazamento no que nos vemos as tardes dos mércores  desde o día 22 de abril, tardiñas soleadas no Orzán. Polas ventás dunha aula aséptica vemos, imaxinamos, debuxada ó fondo a Torre de Hércules, que nos dá pulos e nos guía, como faro,  para a procura teimosa da Nai Antiga e para o encontro con nós mesmos. Amigos e amigas, VALETE. É todo un gustazo saber que estades aí e tedes algunha fe no que nós facemos con moita paixón e cheos de esperanza. Non hai espazo para o desánimo, véxovolo nas vosas caras.

CURSO: A LINGUA E A CULTURA LATINAS NA LOE

Centro de Formación e Recursos de A Coruña

Se sentes curiosidade polo que alí falamos AQUI tes o programa:  lingualatina_loe-4


¡IMPORTANTE! para 2º de bach: tedes colgada na vosa páxina a solución ó último exame de contidos non lingüísticos. Se queredes podes picar AQUI

A BELEZA DO CORPO

O Discóbolo exponse por primeira vez en España

Pica aquí para ver video

Mirón  é o artista que mellor expresa o movemento mediante a actitude, ningún escultor despois del puido superalo.

O Discóbolo representa a un atleta no momento preciso en que se concentran todas as enrxías pra efectuar o lanzamento do disco. Todo o corpo está botado cara adiante, imaxinamos que se balancea e que o disco está  a piques de saír da súa man dereita. A man esquerda está a altura do xeonllo dereito, na mesma actitude que os grandes lanzadores modernos, xa no último xiro. A súa mirada está fixa no disco, como centrando a atención no obxecto que vai saír desprazado. É o instante de gloria do atleta e nese instante está concentrada a súa mente sen que nada o perturbe.

VIDEO EXPOSICIÓN YOUTUBE

 

AVISO PARA 2º DE BACH.: tedes colgados xa na vosa páxina os contidos non lingüísticos da 3ª aval. O que vedes é todo o que hai. Ata aquí chegamos.