Orde e simetría clásicos na arquitectura de Palladio

Chega a España a exposición máis exhaustiva sobre o arquitecto renacentista Palladio

Orde e simetría

A arquitectura de Palladio (1508-1580) resulta facilmente recoñecible pola orde e simetría das súas columnas e frontóns. O artista renacentista conseguía xuntar as ensinanzas da tradición clásica coa procura dunha funcionalidade moderna.

[Villa Rotonda.Vicenza]

Nos primeiros pasos dos século XIV tivo lugar no eido da pintura unha primeira ruptura cos principios medievais da representación do mundo visible; no comezo do século XV deuse un segundo cambio fundamental, nacido no campo da arquitectura e a escultura, caracterizado por unha preocupación moi intensa pola Antigüidade clásica, para no século XVI sincronizarse as tres artes. Se se compara O Panteón de Roma coa Villa Rotonda vemos que os edificos do séculos XVI están moito máis preto e teñen máis en común cos  dos da Roma imperial, que cos da  Idade Media, e entre eles hai máis  de mil cen anos.

Andrea di Pietro (Palladio) é un home do renacemento adornado con todas as virtudes deste momento histórico. Observador minucioso do antigo e do moderno, convencido do que facía e dotado dunha audacia sin lindeiros. É consciente de que na antiga Roma están os fundamentos da arquitectura Europea posterior. Acode a Roma pra debuxar o que quedaba en pé da magnificencia pasada, debuxa grandes croquis que compara co canón que establecera Vitrubio. Asimila todos os coñecementos que tirara deste teimudo traballo de investigación e estudo e retorna a Vicenza onde os grandes edificios que el constrúe dan fe da inluencia determinante que ten a arquitectura clásica en toda a súa obra.

 É o artista máis copiado da historia

[Villa Foscari. Venecia]

Palladio “o Arquitecto” en CaixaForum Barcelona

A  mostra, unha das mellores que se viron  en CaixaFórum nos últimos anos, conmemora os 500 anos do nacemento de Andrea di Pietro della Gondola, e antes de se inaugurar en Barcelona (máis tarde  farao en Madrid) xa estivo enVicenza, a cidade na que realizou algunhas das súas obras, e Londres, responsable de que el palladianismo se difundise desde Virginia a San Petersburgo.

[Villa Barbaro. Veneto.]

 

Anuncios

Amenábar: AGORA, unha historia de amor e compromiso coa sabiduría

Unha visión emocional da astronomía

 

Alejandro Amenábar chega a Cannes para presentar unha provocativa epopeya épica, ÁGORA, repleta de chamativas imaxes,  tan provocadoras como as ideas que as xeneran. Unha nova e moi actual maneira de entender o “peplum” e , ó mesmo tempo, unha ocasión para explicar aquelas cuestións vitais que o home curioso se plantea cada día cando mira críticamente as estrelas. O filme de Amenábar lévanos ó século IV con Egipto baixo  o xugo do Imperio Romano. As violentas revoltas relixiosas en  Alexandría chegan ata a súa lexendaria Biblioteca, onde  a brillante astrónoma Hipatia (355-416), filla de Theron, o último director da Biblioteca, filósofa neoplatónica e matemática, pelexa por salvar a sabiduría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos. Entre eles, os dous hombres que se disputan o seu corazón: Orestes e adolescente escravo Davo, que se debate entre o amor que lle profesa en secreto e  a liberdade que  podería conseguir uníndose ó  imparable ascenso dos cristianos. Hipatía, fiel a súa concepción pagana da vida e á sua liberdade de pensamento, morre víctima dun ataque de fervorosos cristianos fanáticos -¿referencia ós fanatismos no mundo de hoxe?-. Amenabar quedou  intrigado e fascinado pola actividade intelectual desta muller e máis, quizais, polo seu destino.

 

                                                                                                          [Rachel Weisz]

Durante a Ilustración  foi considerada unha mártir da ciencia  e os movementos feministas modernos téñena como un icono da liberación da muller.

[Alejandro Amenábar]

“Hay gente dispuesta a matar por una idea” (Ver VIDEO aquí)

Alejandro el Grande

Juan José Millás en EL PAÍS

Ler comentario sobre a película en PÚBLICO

Ler comentario en EL PAÍS

 

 

 

Ben-Hur no Circo da Hispania de hoxe

Ben-Hur Live  (Pica AQUÍ)

A sombra de Charlton Heston para o vindeiro nadal en Madrid e Barcelona (Picar AQUÍ)

Carreiras de cuadrigas, tensas pelexas de gladiadores e aparatosas batallas de galeras (Naumaquias).  A montaxe combina “a forza dos concertos de rock, a enerxía dos musicais de Broadway, a calidade do teatro e  a maxia dos grandes clásicos de Hollywood”. O momento culminante do espectáculo é a  carreira de cuádrigas que enfronta a Ben-Hur e Messala,derrotado polo seu antiguo amigo tras caer do carro e ser atropelado. 

Ver a carreira de cuadrigas de BEN-HUR


Maio en Laza: Maia/Eva, o numen da árbore.

ramalloloureirolaza

[O ramallo (Maio) de loureiro con fitas de cores (fecundidade), a bica e o galo, diante da igrexa]

Chegar a Verín un tres de Maio é deixarse guiar polo augas do río Támega, seguir a sombra dos salgueiros da ribeira e vivir coas xentes de Laza o día do Cristo.

Cada tres de maio Laza é un espazo máxico, gobernado polos espíritos da vexetación, sucesivamente transformados na árbore de maio que hoxe se ergue altiva  na  torreiro da casa do Concello, no ramallo de loureiro engalanado de fitas de cores, unha bica e o galo (o espírito do gran), en Maia/Eva, renacida como unha  nova  ninfa Flora, recen tirada de Botticelli, portadora do símbolos das virtudes femininas, a roca de fiar e o fuso,  unha laranxa  que, como a granada, quere ser o icono da fecundidade. O renacer da vexetación e a fecundidade nun novo ciclo da natureza.

dscf3456

[Maia/Eva portando a roca, o fuso e a laranxa da fecundidade]

O cristianismo atopa neste ritual  unha riquísima metáfora da Historia da Salvación, e, sen alterar nen o máis mínimo detalle o ritual pagano, mestúraa con elementos bíblicos que enchen dun novo sentido o ritual do espírito arbóreo, ata chegar a identificar a árbore, a árbore da vida, coa cruz coa que lle chegou ós homes a vida sobrenatural;  a Maia é agora Eva, que a través do episodio de fe inquebrantable de Abraham e  Iaac (Xénesis 22: “Multiplicarei a túa descendencia como as estrelas do ceo e dareilles todas esas terras” ) nos guía ata o desenlace dun Cristo Salvador na cruz e a Virxe María, a nova Eva reparadora do dano primordial. (Ver Crucifixión de Masaccio)

dscf3443

[A árbore do Maio no torreiro da Casa do Concello de Laza, antes erguíase na recén enlousada praza da Picota]

Para os homes e mulleres de Laza que se esforzan en dar vida cada ano a este ritual máxico.