
UNHA BOA LECTURA DE VERÁN:
SÉNECA. EL CAMINO DEL SABIO.
« O home que harmonice as belas calidades da súa alma cos belos trazos da súa aparencia exterior, de tal xeito que estes estean adaptados ás calidades , constitúe o espectáculo máis fermoso que pode admirarse» ( Platón, Rep. 402d).
Hai quen le simplemente para gozar do relato. Acabo de reler a última novela de Fernando Lillo, “Séneca. El camino del sabio”, e engádense dúas sensacións ao goce do relato, unha, ampliar o meu coñecemento, e outra, ampliar a comprensión do mundo. Intento reflexionar e xustificar a orixe destas dúas sensacións e creo atopar os argumentos: a honestidade, o rigor, a coherencia no desenvolvemento do personaxe de Séneca, a precisión e a facilidade con que o novelista sabe reconstruír o marco da vida romana, no político e no social, e especialmente, unha riquísima intertextualidad, só posible desde o coñecemento profundo da literatura clásica e os recursos dos distintos xéneros literarios.
Lillo é moi consciente de que se Séneca é vítima, case inhumana, da práctica do pensamento estoico e por iso coida de xeito moi especial de salvar o personaxe dos excesos da crítica que obviou aquilo que define precisamente o estoicismo romano, o seu sentido práctico, a ética do cotián. Hai moitos puntos obscuros na biografía de Séneca, comportamentos ás veces contraditorios, actitudes pouco claras, que o novelista resolve desde a propia visión senequiana: o que o filósofo aspiraba ser como home/cidadán, non o que era.
Dito o cal sería importante, para entender o sentido da novela, considerar que esta non comeza onde parece comezar, senón na cita inicial de Cartas a Lucilio, 8, 2: “Ocúpome dos homes do futuro. Redacto algunhas ideas que poidan resultarlles útiles; diríxolles por escrito consellos saudables, como útiles medicamentos”.
Si te interesa leer el comentario completo en español, clika AQUí: una-buena-lectura-de-verano

URXENTE: A NOVA ESTRUCTURA DE ACCESO A UNIVERSIDADE
¡é preciso implicarse!