O suplicio de Sara

Mitos para describir a dor épica diante dunha paixón indomable

Sara, o personaxe que conduce a trama da novela de Lola Beccaría, El arte de perder, estaba convencida de que a sociedade era dun material impenetrable, duro, inabordable. Pero seguramente habería algún home  capaz de poñer patas arriba a orde establecida, e na compañía del darlle unha boa batida o destino. Procura arrebatada  dun novo sentido para unha vida, liberada de tópicos e do  mortal fastío. Aí reside o sentido da felicidade: dar cunha alma irmán que comparta o labor titánico de desanoar todo tipo de ataduras, especialmente aquelas que vitalmente empobrecen e murchan. O que non nos libra de ir a por lá e retornar tosquiados.

Unha visión moderna da lenda de Tristán e Isolda: un halo de fatalidade envolve a relación enfeitizada de Sara e Enzo. “Enzo era un rufián arrogante que disfrutaba frustrando a quienes amaba. Sara no era menos insolente en su forma de amar… Y si Sara no cejaba en el empeño de desclavarlo de su cruz era solo porque consideraba que Enzo no era un cabrón, sino un deshauciado emocional que, precisamente por serlo, se merecía la oportunidad de la resurrección.”

Lola Beccaría, El arte de perder. pág. 290. Planeta 2009.

Enzo para Sara era un inferno. Na porta dese inferno ela deixara a súa pel tentando baixar ata el, para amalo absolutamente e sentirse amada sin condicións. Non era posible. E ese era o propio inferno de Sara.

“El suplicio de  Sara era de la misma materia que el de los héroes castigados por los dioses. Una y otra vez Sísifo subía una piedra por el monte, piedra que al llegar arriba volvía a caer rodando, para volver a ser empujada por Sísifo hacia arriba, en un bucle sin fin.”

“Una y otra vez el inmortal Prometeo, encadenado, sufría el picotazo que le arrancaba el higado, para volver a crecerle el órgano en el vientre, para volver  a serle devorado por el águila en un círculo infinito.”

“Una y otra vez el hambriento Tántalo era tentado por la fresca y escurridiza agua del estanque, por las jugosas frutas del árbol inalcanzable” .  Páx.293

Creative Commons License
O suplicio de Sara by José M. Otero está baixo a licenza de Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España License.

Xa  que falamos de paixóns non deixedes de visitar este enlace:http://lapasiongriega.blogspot.com/2008/07/libros-para-el-verano.html

Anuncios