Visións do castro de Baroña


http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=5678391&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1

VISIÓNS DE BAROÑA from otero on Vimeo.

Á medida que baixamos polo camiño de acceso e nos achegamos ó asentamento temos xa a oportunidade de ter unha visión panorámica do castro. Xa no ó istmo sorpréndenos un foxo escavado na rocha, seguido dunha primeira muralla, o que orixinariamente podería chamarse antecastro. Por medio dun curto tramo de escadas  acadamos unha primeira plataforma con vivendas, desde a que, grazas a escaleira máis monumental de toda a Cultura Castrexa, acadamos a segunda plataforma igualmente repleta de vivendas.  Se bordeamos os cantís a pé por un estreito carreiro entraremos na terceiraplataforma, máis elevada das zonas do castro, cunha altura que chega ós 25 m. de caída libre sobre o mar.

Aínda que o Padre Sarmiento nos deixa unha primeira referencia literaria, Sebastián González García Paz, José María Luengo Martínez e Francisco Calo Lourido teñen o mérito dunhas excavacións cuidadosamente feitas. Se ben non é posible deducir con certeza unha ocupación habitacional en torno ós século IV e III a. C. sabemos seguro  que houbo actividade durante o s. I a. C. e que a súa vida rematou polas fins do s. I d. C.

Habitaron este espazo costeiro os praestamarci, espallados por todo o Barbanza, vivirían da pesca, como indican os cuncheiros, e tamén da gandería, máis que dos traballos agrícolas, e posiblemente do comercio, a xulgar pola gran cantidade de fragmentos de ánforas romanas vinarias. Nunha das últimas campañas, foi atopada unha arracada de ouro, a primeira que apareceu en proceso de escavación en toda a Cultura Castrexa, estando perfectamente datada no cambio de Era.

(Notas tomadas da Guía de castros de Galicia. Ed. Xunta de Galicia.)


Creative Commons License

Visións de Baroña de José M. Otero está baixo a licenza de Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0

GUÍA DE CASTROS DE GALICIA:

Visualizar o mapa ampliado