Outono clásico: baixo as sombras de Hades

O mito como explicación dunha realidade natural constatable

Vertumne et Pomone. Francken Frans II, le Jeune (1581-1642)C) RMN / Hervé Lewandowski

No outono, a savia das árbores descende ás raíces, baixo terra, e permanece alí durante a metade do ano para ascender na primavera durante un segundo período de seis meses.

Para explicar este fenómeno constatable, os antigos gregos recurriron a un mito segundo o cal unha mociña, chamada Core, filla de Deméter, fora raptada por Hades, o deus da morte.

PARA VER VIDEO: OUTONO, BAIXO AS SOMBRAS DE HADES, pica AQUÍ

Procura paralelismos con todo o que xa sabes en TESMOFORIAS

REPRESENTACIÓN DE TESMOFORIAS DE ARISTÓFANES

IES “Isaac Peral”


http://video.google.es/googleplayer.swf?docid=-646496190689105038&hl=gl&fs=true

Materiais complementarios

CUESTIONARIO: OUTONO: BAIXO AS SOMBRAS DE HADES

Outono Baixo as Sombras de Hades http://d.scribd.com/ScribdViewer.swf?document_id=20319177&access_key=key-13fgopb5swa10bxe609j&page=1&version=1&viewMode=

MUNDUS PATET- MANIA

Sobre os exércitos dos mortos  na cultura europea ver esta LIGAZÓN INTERESANTE

e igualmente ESTOUTRA PARA UNHA DAS LENDAS MÁIS ENIGMÁTICAS DO FORO ROMANO que garda relación co MUNDUS PATET e os rituais do outono

Outono baixo  as sombras de Hdes por José M. Otero está baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España License

Creative Commons License

Anuncios

Vigo restaura as raíces: O Castro

RESTAURAR AS RAÍCES, FACER CIDADE

Aquí hai xente robusta, animosa e brava, habelenciosa e apaixonada polo comercio. Dispoñen de embarcacións  feitas de peles cosidas, coas que sulcan ousados o mar axitado e o  Oceano sin fondo habitado de monstros; esta xente descoñecía a arte de construír as súas naves con piñeiro ou  acivro, de arquear o abeto para armar os costados das curvas naves, como se fai habitualmente, polo contrario, e iso chama a atención, navegan o infinito mar sobre coiro.

AVIENO: Ora Marítima, 95-120

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=6580350&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1

VIGO RESTAURA AS RAICES: EL CASTRO from otero on Vimeo.


SETEMBRO: A AURORA DO CURSO.

les-tres-riches-heures-du-duc-de-berryseptiembre
les-tres-riches-heures-du-duc-de-berry Septiembre

Texto de lectura obrigada para todos os cursos. Pica AQUÍ


A increible astucia do microbio Odiseo

OU CANDO A CIENCIA SE SEMENTA DE LITERATURA


“Volve visible e claro o que é absoluto…… Para que estes patáns te entendan vas ter que dicir a verdade e non obstante mentir. A verdade que consigas poñer no corazón da túa mentira será o único que conseguirá absolverte”. Son as palabras do bispo Guillerme a Bertrán en Bertrán, un dos contos que compoñen MITOLOXÍAS DE INVERNO de Pierre Michón, desvelándonos dun xeito tan clarividente o secreto da literatura.

A linguaxe da explicación científica alousa o camiño dos non iniciados unhas veces cun chan tramado con bloques de xeo e outras con millas de infinita area desértica. ¿É posible chegar ó fondo da verdade científica sementando esta de literatura? ¿Ou resulta que as imaxes que constrúe a literatura latén xa previamente na vida celuar da natureza investigada?

Os heroes aparecen nas tramas épicas para dar saída a situacións labirínticas ou para buscar para os seus solucións dignas   a problemas indignos ou innobles, ou para despexar o hourizonte vital de neboeiros enganosos.


Le Cheval de Troie: vers 1530 de Maître de l'Enéïde (16e siècle) Crédit photographique : (C) RMN / Jean-Gilles Berizzi

Só na mente heroica de Odiseo /Ulises bulía a astucia que daría a victoria, atá entón imposible, a Grecia na guerra de Troia. Pero os heroes como Ulises disfrutan do privilexio divino da intelixencia en non tanto da habilidade manual para dar forma definitiva ó pensamento que debulla na súa cabeza; o heroe non é un deus, necesita dun Mercurio-artesán capaz de dotar de visibilidade a solución astuta. Epeo,  carpinteiro-soldado, canso tamén de dez anos de asedio inútil e vergoñento, moitos anos de esforzo van para a unha mentalidade práctica, construiría un gran cabalo de madeira no que caberían o mesmo Odiseo e trinta homes máis, non moitos pero suficientes para asolar Troia nunha noite de relaxo dos homes de Príamo.

Non eran coñecedores os de Ilión daquela crencia mediterránea, convertida por certa en aforismo, de que había que lles temer ós gregos/dánaos especialmente cando facían regalos. Pero despois de soportar un asedio de dez anos e verse libres por fín, non lle queda ó animo resquicio para as sutilezas nin sequera para a desconfianza que merecería un inimigo tan sanguinario e teimudo.

A astucia do heroe Ulises, que se conta na Odisea de Homero e na Eneida de Virxilio, xa está no imaxinario popular como paradigma da intelixencia heroica, pero a ciencia, a microbioloxía, revelou que a idea de Ulises, a nivel celular, xa estaba artellada  ab aeterno no complexo mecanismo de funcionamiento do axente infeccioso que causa leishmaniasis.


  • patóxeno debe conseguir a fazaña de infectar as células encargadas de destruilo.
  • Cada macrófago é a nova Troia a conquistar.
  • Para seguir lendo o documento  do investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC) Lúcas Sánchez no xornal EL PÚBLICO pica AQUÍ:

    A increible astucia do microbio Odiseo por José M. Otero está baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España License

    Creative Commons License