O cidadán no seu espazo: o Foro

O FORO: ESPAZO URBANO PARA AS ACTIVIDADES CÍVICAS

O Foro Romano no ano 179 a. C. Reconstrución de Robert Garbisch

A civilización romana, igual  que a grega, fundaméntase na sociedade urbana. Todo aquel romano que desempeñaba un papel importante na política ou na administración do estado residía en Roma. Os homes só se senten eles mesmos na cidade e non  só polas rúas atestadas de xente anónima senón polas comodidades materiais, baños públicos, polos edificios públicos que espertan a admiración de residentes e visitantes. Preguntábase Pausanias se se lle podía chamar cidade a un lugar que non ten edificios públicos, nin ximnasio, nin teatro, nin praza, nin traída de auga, nin casas dignas onde vivir. O romano só se sente de verdade na casa se está na cidade: na cidade atópase como nun  fogar colectivo.

Reconstrución do Foro Romano. Peter Connolly.

O romano libre é principalmente un cidadán. Segundo este ideal, a soberanía pertence ao conxunto de cidadáns (“cives”) que forman a “civitas”. A profesión de cidadán exércese: lexislando, elixindo e xulgando  O Foro será o espazo da cidade concibido para dar resposta a natureza do poder político que emana deste ideal de soberanía.

En Atenas a ágora, o mercado, era o centro político e xudicial da cidade: edificios públicos e tribunais, tendas e postos de comerciantes, a fonte onde as mulleres acudían cada mañá a por auga, a facer a colada, a palicar. Nos soportais ou estoas, pechábanse os tratos, reuníanse os amigos e expoñían as súas ideas os filósofos.

A relixión da colectividade cívica celébrase nas prazas, diante dos templos, baixo a autoridade dos maxistrados e sacerdotes públicos. En Roma ningunha actividade estaba á marxe da relixión.

O foro romano, inspirado na ágora, era o centro de todas as actividades cívicas:

  • Política:

Curia: para reunión do Senado

Comitium: espazo entre a Curia e o arco de Septimio Severo onde tiñan lugar as reunións para a elección de maxistrados

Rostra: tribuna de oradores

Arcos triunfais:  Tito, Septimio Severo.

  • Xudicial:

Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio

  • Comercial:

Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio

  • Relixiosa:

Templos: Xúpiter Capitolino, Saturno, Concordia, Dióscuros, Antonino e Faustina, Divino Iulio, Vesta, Divino Rómulo,  Venus e Roma;  en Foros Imperiais: Venus, Marte Vingador

  • Social:

Basílicas: reunións públicas: Iulia, Emilia, Maxencio

Panorámica do Foro Romano. Fot. Google

Para entender o sentido do FORO na visión do mundo dos romanos debes completar o CUESTIONARIO que ten como referencia o vídeo que explicamos na clase: ROMA: ESPAZOS URBANOS PARA A VIDA CÍVICA.

PICA AQUÍ E DARÁS CO DOCUMENTO EN pdf.

Anuncios

FIN DO ENTROIDO: A FELICIDADE TEN FIN

A FELICIDADE TEN FIN

Momo 2010 na Porta do Sol en Vigo. Fot. José M.Otero

AS CINZAS DO DEUS MOMO (FARO DE VIGO)

Gran pesar

me pone con su venida

la Cuaresma dolorida.

Cancionero de Juan del Encina

“O tempo de Entroido está cheo non só de intencións sociais, senón tamen psicolóxicas. O feito fundamental de se enmascarar permitiu ó ser humano, home ou muller, mudar de carácter durante uns días ou unhas horas, ás veces tamém mesmo  mudar de sexo. Inversións de todas as clases, “introxeccións”, proxeccións e outros feitos turbios dos que falan hoxe os psicólogos e os psicoanalistas, poderían ser ilustrados á luz das licencias do Entroido….. A cura psíquica e social  que supón o Entroido é moito máis pracenteira que a cura coresmal co mal trato do corpo”  Julio Caro Baroja. El Carnaval.

TEMPOS DE ENTROIDO (6): O Meco no domingo corredoiro

O MECO como REI DE SATURNAIS

En Italia, España e Francia, países onde foi máis fonda e duradeira a influencia de Roma, un relevante personaxe de Entroido é unha efixie burlesca que personifica a estación festiva e que despois dunha breve carreira de disipación e gloria, é publicamente fusilada, queimada ou destruída de calquera outro modo con tristeza finxida ou a xenuína ledicia da xente.
Este personaxe grotesco non é outro que o sucesor directo do antigo rei de Saturnalia, xefe das esmorgas, a palpitante personificación humana de Saturno, que cando remataba a orxía sufría unha morte de verdade. (J.G. Frazer, La Rama Dorada)

Queima do meco en Vigo

Cigarróns e pantallas en  Verín e Xinzo (Picar AQUÍ para máis información)

Cigarrón en Verín. Fot. Eduardo Cabido

O sábado a xente da Limia paseou o MECO polas rúas e deixarono pendurado na praza, esperando a queima final. As máscaras tradicionais «o touro», «o gordo» y «o capuchón» fixéronse donas  do escenario do Entroido. Onte , Domingo Corredoiro, as pantallas anunciaron que xa é a hora de vivir  o Entroido como festa da liberdade, o punto álxido do caos previo ó cosmos que predica a Coresma (<quadragessima dies)

Pantallas en Xinzo. Fot. LA REGIÓN

TEMPO DE ENTROIDO(5):LOITA DE SEXOS

XOVES DE COMPADRES: A LOITA DE SEXOS


O sacerdote de Baco dera a orde de que se celebrase unha festa, que as escravas e as señoras, libres das súas tarefas, se cubriran os peitos con peles de animais, que soltasen as fitas das cabeleiras, que cubrisen de grilandas as cabezas e empuñasen tirsos de hedras e follas de parra…. Obedecen nais e esposas, gardan as teas, os cestiños, os labores sen rematar, ofrendan incenso invocando a Baco, e chámanlle Bromio, Lieo, fillo do lume, nacido dúas veces e de dúas nais, Niseo, Tioneo, Leneo, coidador da viña que trae ledicia…. Por onde queira que vaias hai un balbordo xuvenil e retumban as voces das mulleres, os tambores golpeados coas mans, os cóncavos bronces, as frautas de buxo furadas ó longo do tubo.”

Ovidio, Metamorfosis IV, 4-30

Xoves de compadres en Ourense. Fot. LA REGIÓN

Nesta festa os nenos teñen que lle quitar ás nenas os seus monecos ou compadres.

O « xoves de compadres», representa o cambio de roles e a ruptura de normas que se producen no Entroido, xa que, por un día as nenas teñen o mando  e os nenos teñen que llelo arrebatar.

As carreiras fanse na Praza Maior cos «compadres» elaborados polas nenas nos seus colexios os ú ltimos días .

No «xoves de compadres», en Verín , os participantes percorrerán pola noite varias rúas da vila para chegar á Praza Maior acompañados por un carro que transporta o «meco» (moneco de teas vellas) que será queimado ó chegar á praza.

Monecos compadres na Praza Maior de Ourense. Fot. LA REGIÓN

Todos estes rituais teñen a súa orixe nos cíclos de traballo no campo e  así insértanse no ciclo festivo do Entroido  que tamén representa a fin do inverno e a proximidade da primavera.

TEMPOS DE ENTROIDO (4): DOMINGO OLEIRO

DOMINGO OLEIRO

Un ritual tradicional do Entroido no que os participantes lanzan ó aire oliñas de barro que deben  recoller os seus  opoñentes sen que caian ó chan, salvo pena para aquel  que se lle rompa de ter que pagar unha rolda de viños.

La imparable ‘ola’ del Entroido: LA REGIÓN (Picar para ampliar información)

Xinzo disfruta, pese al aguacero, con uno de los ‘oleiros’ más concurridos de los últimos años

Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. LA REGIÓN

Domingo OLEIRO en XINZO e FARELEIRO en Eiroás. FARO DE VIGO (Picar para máis información)

Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. Faro de Vigo

La carrera hacia el entroido coge velocidad en el triángulo mágico: LA VOZ DE GALICIA (Para máis información picar aquí)
En Xinzo se celebró el Domingo Oleiro siguiendo con el calendario festivo

Domingo Oleiro en Xinzo. Fot. LA Voz de Galicia