TEMPO DE ENTROIDO(5):LOITA DE SEXOS

XOVES DE COMPADRES: A LOITA DE SEXOS


O sacerdote de Baco dera a orde de que se celebrase unha festa, que as escravas e as señoras, libres das súas tarefas, se cubriran os peitos con peles de animais, que soltasen as fitas das cabeleiras, que cubrisen de grilandas as cabezas e empuñasen tirsos de hedras e follas de parra…. Obedecen nais e esposas, gardan as teas, os cestiños, os labores sen rematar, ofrendan incenso invocando a Baco, e chámanlle Bromio, Lieo, fillo do lume, nacido dúas veces e de dúas nais, Niseo, Tioneo, Leneo, coidador da viña que trae ledicia…. Por onde queira que vaias hai un balbordo xuvenil e retumban as voces das mulleres, os tambores golpeados coas mans, os cóncavos bronces, as frautas de buxo furadas ó longo do tubo.”

Ovidio, Metamorfosis IV, 4-30

Xoves de compadres en Ourense. Fot. LA REGIÓN

Nesta festa os nenos teñen que lle quitar ás nenas os seus monecos ou compadres.

O « xoves de compadres», representa o cambio de roles e a ruptura de normas que se producen no Entroido, xa que, por un día as nenas teñen o mando  e os nenos teñen que llelo arrebatar.

As carreiras fanse na Praza Maior cos «compadres» elaborados polas nenas nos seus colexios os ú ltimos días .

No «xoves de compadres», en Verín , os participantes percorrerán pola noite varias rúas da vila para chegar á Praza Maior acompañados por un carro que transporta o «meco» (moneco de teas vellas) que será queimado ó chegar á praza.

Monecos compadres na Praza Maior de Ourense. Fot. LA REGIÓN

Todos estes rituais teñen a súa orixe nos cíclos de traballo no campo e  así insértanse no ciclo festivo do Entroido  que tamén representa a fin do inverno e a proximidade da primavera.