O ALENTO DE VENUS, A PRIMAVERA ESTÁ AQUÍ

O ALENTO DE VENUS E A PRIMAVERA GALANA

Antes 1837. Crédito fotográfico : (C) RMN / Jean-Gilles Berizzi

Pracer de homes e deuses, vivificadora Venus: debaixo da bóveda do ceo multiplicas
os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti todo animal é concibido.
Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche suaves flores a terra, as chairas do mar
contigo rin, e brilla con luz intensa o claro ceo.
Na hora que a galana primavera descobre a súa face
e o Favonio desatado robustece o seu fecundo alento,
as lixeiras aves cantan a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches
os seus peitos: polos alegres prados gozan os gandos acesos, prendidos do feitizo
das túas grazas morren todos os seres por seguirte a onde queres conducilos, deusa.
Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves, no medio dos ríos desbordados
e dos campos que verdecen, enchendo os seus peitos de brando amor,
fas que as especies se propaguen.
Soberana da natureza, non hai sen ti contento nin beleza.

LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.



Mignard Pierre (1612-1695) (d'après) Crédit photographique : (C) RMN / René-Gabriel Ojéda

O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.
Xa Venus Citerea rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas
baten a terra con pé rítmico. É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores.
A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A
teima da vida breve néganos toda esperanza.

(Adaptación de
Horacio, Odas, 1, 4)

Spring is here

PARA SABER MÁIS