AS FESTAS DE ATTIS E CIBELE EN ROMA.

AS FESTAS DE ATTIS E CÍBELE EN ROMA.

Morte e resurrección da natureza en primavera.

Franz Xaver Winterhalter, nacido en Alemania, 1805-1873

ATTIS: Amado por Cíbele,  castrouse e morreu polos celos da deusa. Deus frixio da vexetación, espírito da árbore. A súa orixe explícase no mito así: a parte amputada de Cíbele para conferir a esta exclusivamente o sexo feminino fixo nacer un amendoeira; Nana, filla do río Sangario, atraída pola beleza das súas flores, colleu unha delas e colocouna no seu seo. A flor desapareceu e Nana quedou preñada. Ó nacer Attis é abandonado nun río e recollido por Cíbele, sinal de estar predestinado para algo grandioso. O núcleo do mito é a narración da morte e a resurrección.

CÍBELE: É unha deusa–nai, que encarna as enerxías da terra, ligada ós fenómenos da vexetación. É señora dos animais. Reviste valores de fecundidade. O seu  culto chega a Roma o 204 a.C, despois das guerras contra Aníbal.

Mignard Pierre (1612-1695) (d'après) Crédit photographique : (C) RMN / René-Gabriel Ojéda

22 de Marzo:

Primeiro día das festas de Cíbele

CERIMONIA DA ÁRBORE.

Córtase un piñeiro do bosque que é trasladado ao santuario de Cíbele por unha congregación de porteadores de árbores. A árbore vai adornada con grilandas e violetas, nacidas do sangue de Attis, para conmemorar a súa morte e castración debaixo dun pino. Os fieis da deusa comezan  días de xaxún.

24 de Marzo:

DÍA DO SANGUE. CASTRACIÓN COLECTIVA.

O Archigalo ou gran sacerdote presentaba o seu sangue como unha ofrenda. Ó estalo dos címbalos, ó redobre dos tambores e ó son de trompetas e frautas danzan frenéticos os sacerdotes novizos, que ese día se castran colectivamente cun coitelo de pedernal para salpicar co seu sangue a árbore sagrada e o altar. Despois lanzaban as partes mutiladas contra o altar da deusa Cíbele e enterrábanse como chamada a resurrección de  Attis e a natureza.

La Mort d'Atys Auteur : Meynier Charles (1768-1832) Ecole : Ecole française Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage

25 de Marzo:

RESURRECCIÓN DE ATTIS. FESTA HILARIA ou DÍA da LEDICIA.

Este día é considerado como equinoccio de primavera. Dentro da festividade de Attis, coas primeiras luces deste día, o Archigalo anunciaba a resurrección do deus e a esperanza da salvación para os seus iniciados, despois do cal os fieis estalaban en violentas manifestacións de xúbilo. A xente viste cos máis variopintos disfraces nunha especie de carnaval. Mentres, os iniciados pertencentes á secta Cíbele inician unha cerimonia de renacemento e remisión dos pecados no santuario da Deusa, situado na cidade de Roma, sobre a colina Vaticana, actual emprazamento da basílica de San Pedro.

27 de Marzo:

FESTIVAL DE EXALTACIÓN DE CÍBELE

Attis e Cibele

Finalizaba esta festividade cunha procesión na que a imaxe en planta da Deusa, coa súa cara tallada en pedra negra, era conducida nun carro de prata ata o río Almo, onde se bañaba. O sacerdote, vestido de púrpura, o color da Deusa, lava a imaxe e demais obxectos sagrados. Con este rito aseguraban a chuvia e a fertilidade dos campos.

CATULO LXIII (Pica AQUI para escoitar

http://www.ivoox.com/playerivoox_ee_182415_1.html

catulo lxiii http://d1.scribdassets.com/ScribdViewer.swf

La Pascua: ¿Mito, alucinación o historia? PDF

pascua-vs-mito