ESPAZOS ARQUITECTÓNICOS PARA O OCIO (3): O CIRCO MÁXIMO

Que os mozos vaian ao Circo é natural. Os gritos, o azar, as mulleres bonitas, é o propio da súa idade. JUVENAL

O Circo Máximo: carreira de cuadrigas imaxinada

Deixámonos engulir, neste 25 de abril de 2010, polo túnel do tempo para vivir os ludi das festas Floralia (28 de abril – 3 de maio) nun ano calquera do século I d. C., ao mellor gobernaría Tito, o fillo de Vespasiano, non se podía pronunciar o nome de Nerón. Roma é máis que unha inmensa aglomeración urbana, acoden xentes de todas partes de do Imperio, resoa por toda a cidade un balbordo atronador multilingüe, milleiros de persoas pasean a súa curiosidade polos caóticos foros,  miran aturdidos as magníficas construcións das termas e os teatros, achéganse ata o Coloseo como se fose o umbilicus do universo; polo imperio corría a lenda de que nel atopábase a caldeira da fama.

Pero o que nos arrastra a Roma, acariñada polo sol de abril, é a vértixe da velocidade, o espectáculo dos ludi circenses, a animación, as apostas (sponsiones), a emoción , o suspense, e, guiados polo Ars Amandi, libriño de éxito eterno, a seguridade no éxito de algunha aventura amorosa ao calor da paixón do espectáculo.

Por iso deixamos precipitadamente o Foro Romano, ansiosos de emocións fortes, e tomamos o Velabrum para desde o Foro Boario coller o camiño ao Circo Máximo.

Reconstrución ideal do Circo Máximo

Entramos ao Circo pola porta festiva, aos dous lados contamos catro carceres, desde as que saen os carros para iniciar as carreiras. Os axudantes  dos aurigas (agitatores) andan metidos en faena, nervosos, uns acariñan os cabalos, outros vixían a seguridade das rodas e os arrastres. A curiosidade fainos mover os ollos dun lado a outro, para arriba e para baixo, como se fosen áxiles periscopios.

Xa sentados nunha localidade de privilexio na cavea, vemos a pista e a mirada crávasenos na spina que adorna con magnificencia a liña central da pista de carreiras; nos seus extremos, tres columnas cónicas (metae), sobre bases semicirculares e estanques de auga. Un rosario de adornos ocupan o espazo entre as metae: obeliscos que que desafían a altura como se convocan a presenza das divindades, santuarios, canos de auga en forma de delfíns na honra de Neptuno, tamén un altar con sete obxectos que teñen forma de ovo, en lembranza de Cástor e Pólux.

Todo aparece preparado para o espectáculo, o griterio xeral celebra a chegada da familia imperial para ocupar os sitios de honra no pulvinar. Desfilan os aurigas, como unha procesión ritual multicolor (factiones albata-branca-, rossata -vermella-, prasina-verde- e veneta-azul-), ata se disporen para a saída. Os espectadores ferven. O árbitro, sentado nun anfiteatro, sobre a entrada principal, deixa caer un pano branco, e os carros saen fungando como balas. Cada certo tempo a música da orquesta  situada nos oppida marca a intensidade da emoción ou anima os intermedios entre carreiras; hanse completar ata sete pistas (missus); os carros atráncanse entre eles, envorcan, aurigas pola area, sangue, acoden as asistencias, rodas soltas que saltan enloquecidas dos eixos, cabalos que se libran do auriga e das rendas. Os cabalos do auriga que encabeza a carreira libran con maestría milimétrica a meta, un murmurio de admiración desprégase como unha ondada pola cavea abarrotada; van caendo os delfíns marcadores, un dous, ata sete;  o final é apretado, o que dobra segundo na última meta “erupit et vincit”, gloria e honor para o vencedor.

Non acertamos nas apostas, pero ben nos foi coa emoción e coas boas migas que fixemos seguindo as recomendacións de noso amado Ovidio. Agora esperamos chegar as termas para limparnos o po  e relaxarnos, mentres nos espera unha boa cea na casa de Apicio a quen lle ofrecemos como agasallo de hospitalidade garum de rincha , elaborado en Vicus  nun salgadouro das salinas do Areal.

Anuncios

ESPAZOS ARQUITECTÓNICOS PARA O OCIO (2)

AS TERMAS:

UN PRACER CÍVICO

MÁIS QUE HIXIENE


Mosaico, planimetría dunha construción termal

TERMAE,

DELICIAE ROMANORUM!

Os complexos termais non eran só espazos exclusivos de baño para un aseo necesario e saludable; os balneae ou zona balnearia dominaban o espazo central destes conxuntos monumentais, pero no seu entorno despregábase  un amplo abano de ofertas de ocio.

A súa grandiosidade impresionaba ao mesmo Séneca: “¡Cantas estatuas! ¡Cantas columnas que non cumpren ningunha función de sostén, senón só unha funcion ornamental e de ostentación de riqueza! ¡Que abundancia de auga cae en fervenza por escalóns! Somos tan exixentes que non sabemos poñer os pés máis que nas pedras preciosas.”

Recreación dos xardíns dun complexo termal

Todo o mundo tiña acceso, homes libres, escravos, pobres, ricos, a familia imperial; a mellor parte da vida privada dos romanos transcurría nestes establecementos. Por moi poco diñeiro os romanos  desde a hora sexta ata que anoitecía gozaban sen límite do pracer da animación  que bulía  nas tendas que se espallaban baixo os amplos pórticos, nos xardíns e paseos, nos recunchos de acougo, nas palestras, nas salas de masaxe, e mesmo nas bibliotecas e museos.

Gran bañeira das termas de Nerón

Os establecementos termais eran necesarios porque unicamente as clases privilexiadas podían permitirse instalacións privadas. Non había casa rica na que un baño non ocupase varias dependencias, con instalación e auga quente alimentada baixo o chan.

A vida grata, a boa vida  feliz e desexable ofrecíaselles aos romanos nas termas. O baño non era unicamente unha práctica hixiénica, era un pracer que ía máis alá, máis complexo socialmente, un hábito de relación social e cultural, algo moi parecido a suma dos nosos modernos momentos de praia e de ocio urbano.

Caldarium con enormes ventás das termas da Villa Quintili

Trátase dunha experiencia pracenteira derivada dun cambio de mentalidade propiciado pola evolución social do último período repúblicano. Hai quen di que, xunto co anfiteatros, as termas, establecementos de pracer,  son as catedrais do paganismo, por iso os cristianos negaránse sistematicamente, igual que os austeros filósofos, a frecuentalos.

José M. Otero


OS BAÑOS PÚBLICOS ROMANOS

A AUGA DOS ACUEDUCTOS


O PRACER DUN BAÑO QUENTE PRIVADO NA GALLAECIA

ESPAZOS ARQUITECTÓNICOS PARA O OCIO (1): O COLOSEO

O COLISEO: DO RITUAL DE SANGUE AO ESPECTÁCULO CÍVICO

Os ludi romanos son esencialmente actos relixiosos; representan un rito necesario para manter as boas relacións desexadas entre os deuses e a comunidade cidadá. Espectáculos de diferentes clases desempeñaron un importante papel na actividade cotiá da sociedade romana : Ludi scaenici (representacións teatrais ), munera gladiatorum (combates de gladiadores), ludi circenses, (xogos de circo), loitas de atletas (athletas) e naumachiae (batallas navais).

Anfiteatro: procesión incial e saúdo ao emperador

A penas a primeira parella de gladiadores comezaba a probarse, unha febre, semellante á que se apoderaba da multitude nas carreiras, espallábase e facía rebulir o anfiteatro. Os espectadores acoraban de inquietude e esperanza, uns animaban ós parmulari e outros ós scutari. Facíanse apostas (sponsiones). Os espectadores incitaban o ardor homicida dos gladiadores: “¡verbera, iugula, ure!”, (sacúdelle, dególao, esfólao). A cada ferida o público reaccionaba con paixón e non daba mostras de atronadora compracencia hasta que vían o adversario caer morto.

Os gladiadores introducían na vida romana unha dose de pracer sádico plenamente admitida: o contemplar os cadáveres e ver morrer a un home.

En contra do que nos poida parecer este espectáculo interesaba  a todo mundo, non era exclusivamente popular, aristócratas, políticos e filósofos vivíano con una paixón tan desmedida como a de calquera plebeo. Os mozos particularmente e o público asistente dividíanse en faccións, que apoiaban a un ou outro gladiador ou grupo de gladiadores, chegando mesmo a provocar disturbios que obrigaban a intervir a autoridade pública.

Os ludi non se entenden como un pasatempo individual. Son unha maneira de entender a vida colectiva, un ideal cívico; por iso ninguén se recata,  nin persoeiros nin poderes públicos, en subliñar a súa importancia:  non hai cidade na que o anfiteatro non se converta en grandioso centro de encontro social e cidadá, ao extremo de que máis de unha se arruinase na  construción dun espazo arquitectónico tan excesivo  na sua complexidade arquitectónica como a paixón que nel se vivía.

Son un pracer para todas as clases sociais, no que non só se trataba de opoñer ocio a negocio; son una forma máis de sentirse CIVES (cidadán).

Entra no WIKILATÍNSANTOMÉ e actúa

DOCUMENTOS COMPLEMENTARIOS PARA IMPRIMIR

VISITA ESTA PÁXINA PARA SABER MÁIS

GLADIADORES: TIPOLOGÍA Y REPRESENTACIÓN EN LA HISTORIA DEL ARTE

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=gladiadoresii-090501122037-phpapp01&stripped_title=gladiadores-tipologa-y-representacin-en-la-historia-del-arte

View more presentations from aljubarrota.

Distintas clases de gladiadores

PARA LER E SABER MÁIS: Circo y fieras en la Roma antigua. Pantomimas y naumaquías. José María Blázquez Martínez.

A GOZADA DE APRENDER TRABALLANDO: TALLER DE GLADIADORES de FERNANDO LILLO

Noticias de ultimísima hora: contan que o COLOSEO está enfermo (Se te queres enterar pica AQUÍ)

“O Coloseo é un dos monumentos máis visitados do mundo, con 3 millóns e medio de visitas no 2009 que acumularon 30,4 millónss de euros. “


ROMA CONQUISTA O MUNDO EDITORIAL

O GUSTO DE LER SOBRE ROMA PARA DESCUBRIR COMO SOMOS


AS AGUIAS VOAN ALTO

(Picar AQUÍ para ler máis)

BABELIA

Lo sorprendente con el mundo clásico es que cada generación siente que está descubriendo la antigüedad por primera vez“, dice Beard en conversación con este diario. “En los sesenta y setenta fueron extremadamente populares los libros de Michael Grant y Robert Graves, como en el XIX fue Los últimos días de Pompeya, de Bulwer Lytton. El mundo antiguo nunca ha perdido su poder de atraernos, pero cada vez la gente se siente concernida de una manera especial y encuentra cosas distintas y nuevas”. Para Beard la novela histórica tiene una capacidad “formidable” de transmitir información. “Los propios romanos ya sabían que la frontera entre historia y ficción es muy borrosa. A menudo la ficción es excelente para devolver la vida al mundo romano y mostrar cómo era. Los libros de Robert Harris sobre Cicerón, por ejemplo, son muy buenos. Y el cine, bueno, Roma ha sido la coartada para alguna burda pornografía, como Calígula, y de hecho durante al menos doscientos años se ha usado la antigüedad como excusa para mostrar carne desnuda, pero hay cosas estupendas, Yo, Claudio, Gladiator. Cuando son buenas, las películas son muy buenas”.