OS LUMES DO SOLSTICIO

Nun libro de mitoloxía do século XIX, falando de fogueiras e lume sagrado, relaciónanse os rituais de San Xoán cos das festas de Pales:


“ Isto ( o lume) usábase moito na antiga Roma nas festividades de Pales, deusa dos pastores, que se celebraban o primeiro de maio e chamábanse Palilia. Nesta festividade os pastores facían fogueiras de palla ou de feno, e brincaban por enriba delas, e con esta cerimonia crían que quedaban limpos e absoltos de culpa, como o dixo Marco Varrón….”:

Todo lo purga el fuego, y su viveza
al metal le acrisola su maleza.

Fête à Palès, ou l'Eté Auteur : Suvée Joseph Benoît (1743-1807) Crédit photographique : (C) RMN / Gérard Blot

Luego por las hogueras encendidas
de paja gritadora des el salto
con pie ligero, y piernas extendidas.

Ovidio ( Fastos, IV, 727 ss.) invoca á deusa Pales, para que o inspire na creación do poema, argumentando que vai cantar ritos pastorís nos que ten experiencia personal:

Alma Pales, faveas pastoria sacra canenti,
prosequor officio si tua festa meo.
certe ego de vitulo cinerem stipulasque fabales
saepe tuli plena, februa tosta, manu;
certe ego transilui positas ter in ordine flammas,
udaque roratas laurea misit aquas.

[Alma Pales, axuda a quen canta os rituais dos pastores,/ se describo a túa festa coa miña arte./ Certo, eu levei moitas veces nas palmas das mans a cinza do vitelo/ e os talos de fabas, restos aínda  quentes do sacrificio ./ Certo, eu brinquei tres veces sucesivamente as chamas que se apagaban ,/ e esparexín con loureiro mollado pingas de auga.]


Ovidio segue describindo con minuciosidade romana os distintos ritos da festa, pero esquece o fundamental, tentar explicar a orixe dos rituais; a deusa non se mostrou condescendente co poeta neste obxectivo.

De todos os xeitos a etnografía aportounos algunhas: o fogo é un elemento purificador, polo que quen pase por riba del quedará purificado; outra, que os antigos xa que tiñan conciencia de que o lume e a auga, dous principios contrarios, eran imprescindibles para a vida, xuntaron os dous nun mesmo ritual preservativo para acadar maior eficacia., ou tamén porque a auga e o lume son causa de vida e morte para o home.

Se sistematizamos todo o que conta Ovidio poderemos dar cos paralelismos que ofrecen as Palilia e as festas de San Xoán:

Fogueira de San Xoán

1. FOGUEIRAS:

a. criase que se  pasaban por enriba delas os animais domesticos quedaban a salvo dos lobos.

b. o mesmo se o facían os homes.

c. para ser eficaz o rito había que repetilo tres veces

d. ao saltar había que facer a petición que máis lle convise a un.

e. queimábanse algunhas herbas

2. ENRAMADAS.

a. enramadas penduradas nas paredes .

b. grinaldas nas portas

3. HERBAS: o loureiro dos sacrifios.

Herbas de San Xoán

4. AUGAS:

a. en lustracións especiais e aspersións de altares

b. en lustracións de animais domésticos

5. ORACIÓNS: había que pronuncialas ao saltar sobre a fogueira, mirando ao oriente e metendo os dedos na auga pura.

A relación entre as dúas festas, Palilia e San Xoán, xa se estableceu no século XVI, pero tamén os investigadores modernos insisten nela. Só dan cun problema: o feito de que non coinciden nas datas dos meses, hai entre elas dous meses de diferencia, pero non parece un atranco insalvable, xa que ao longo da primavera detéctanse festas nas que se acenden fogueiras, pendúranse enramadas, como en Laza ou Oimbra por falar de espazos preto de nós. Serían pois rituais de estación que rematarían co solsticio.

Fachucos en Laza. Ourense

Anuncios

ESTAMPAS MITOLÓXICAS PARA O MUNDO DE HOXE

“O ego humano pode sentirse arrebatado a experimentar atributos divinos, pero só a costa de pasarse e caer no desastre.”

J.L. Henderson.

La Chute d'Icare : Saraceni Carlo (1585-1620), Veneziano (dit). RMN

“Advírtote, Ícaro, de que debes voar seguindo un itinerario prudente, para evitar que as ondas fagan pesadas as plumas se vas demasiado baixo, e que o lume as faga arder, se demasiado alto: voa entre ambos extremos. Ven sempre detrás de min.”


OVIDIO, Metamorfosis, VIII, 183 ss.


Pero Ícaro, atraído pola paixón de dominar o ceo como un novo deus, ousou ver o mundo desde moito más arriba do que a un mortal lle estaba permitido. Ícaro desoe a experiencia, non entende de afectos nin a onde chega o amor de pai. A sensación do home que voa é o descubremento da liberdade polos camiños do ceo. Imposible renunciar a chegar máis alto, desafiando as leis da física. A veciñanza da fogueira do sol abranda a cera que armaba as plumas do enseño paterno. Ver os mortais desde o alto, como un soberano, era a culminación dun sentimento indescriptible de poder.

A cera derrétese: axita el o brazos espidos, e xa sen alas, bate en van no aire e vai caer no fondo do mar azul.

Paradigma da prevención grega contra os excesos, a desmesura, a hybris (ὕϐρις). A secuencia narrativa é breve, humilde, simple: a felicidade pracenteira de sentirse o dono do espazo dos deuses, verse o señor do vento, para rematar nun batecú mortal.

Mírade o mundo: miles de Ícaros rebolando polos ceos, descontrolados, como nunha película de terror, a piques de ser engulidos polo remuíño azul da economía global, víctimas dos seus propios excesos, gritando o nome de quen lle deu as alas para ser libres, non para alcanzar o sol.



ZODÍACO: A MITOLOXÍA NA ESFERA CELESTE

DE LOS DOCE SIGNOS DEL ZODÍACO

Zodíaco.Les Très Riches Heures du duc de Berry. Fot. RMN

Los doce signos por dó el sol camina

ofrecen una serie peregrina

de ficciones brillantes e ingeniosas,

que en astros transformaron varias cosas.

Es pues de tales signos el primero,

de Frixo y Hele el célebre carnero;

en el signo segundo, un toro hermoso

de Europa acuerda el robo escandaloso.

Cástor y Pólux forman el tercero,

luego siguen de Juno el cáncer fiero,

y el león espantoso de Nemea,

Calendario romano. Fot. RMN

y la que huyó del mundo triste Astrea (Virgo),

y de la justa diosa la balanza,

y el escorpión, que acuerda la venganza

de la casta Diana; y el cuitado

por la fatal saeta traspasado.(Sagitario)

Al cual sigue la cabra de Amaltea,

y el que es llevado al cielo porque sea

de Jove y de los dioses el copero; (Aquario)

y los dos peces, en lugar postrero,

en los que Venus con el hijo huía

cuando el fiero Tifón la perseguía.

Compendio de mitolojía ó Historia de los Dioses y Héroes Fabulosos. Barcelona 1928


Taurus. Fot. RMN


PARA MELLOR ENTENDER: POLO SENDEIRO DAS ESTRELAS

PICAR AQUÍPOLO SENDEIRO DAS ESTRELAS