POLA PONTE BIBEI CAMIÑO DO OURO DAS MÉDULAS

PONTES ROMANAS NA GALLAECIA: A VÍA XVIII POLOS MONTES DE TRIVES

A PONTE SOBRE O RÍO BIBEI

A ponte sobre o río Bibei é unha das mellor conservadas de entre as contruídas na Hispania polo enxeño romano. Sorprende que aínda hoxe se manteña íntegra. O secreto dunha lonxevidade tan saudable quizais resida no feito de que nunca deixase de ser obra útil. Soporta na actualidade o tráfico que vai por Trives, Larouco e Rúa en dirección a Ponferrada.

Construíuse no ano 80 d.C.  (hai quen a data na época de Traxano (114-119 d. C.) para dar paso a Via XVIII sobre o río Bibei e facilitar un vizoso comercio xenerado pola cunca aurífera das Médulas, explotada polos romanos e probablemente xestionada desde Bracara Augusta.

A Vía XVIII coñecida tamén como Vía Nova é un percorrido de 215 millas (318 km.) que une  económica, social e culturalmente os núcleos urbanos con máis peso na Gallaecia, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). É por iso un importantísimo nudo de comunicación ao facilitar o contacto a astures, galegos e lusos.

Pavimento da Via XVIII polo Xurés

A ponte Bibei é a referencia ideal á que acollerse para ben recoñecer polas súas características calquera ponte de contrución romana: érguese nun lugar idóneo para o emprazamento dunha ponte, pois aí aflora a rocha sobre a que acomodar a cimentación, ao mesmo tempo, ao se ubicar neste lugar evita o cruce dos río Xares e San Lázaro.

Estructuralmente presenta tres arcos de medio punto, dos que o central ten 18,60 m. de luz, o espesor das roscas (despece ou faixas de material) dos arcos pequenos é de 80 cm. e a do arco central de 90. O seu ancho é de 6,30 m.

VISTA XERAL DA PONTE ROMANA SOBRE O RÍ BIBEI

A fábrica é de granito pardo montado en fileiras de perpiaños armados a soga (perpiaño pola cara longa) e tizón (perpiaño polo cara curta), realizados de xeito almofadado, ata o arranque dos arcos. Nos arcos os perpiaños son máis pequenos. Nas paredes sobre as que se erguen os arcos chaman a atención uns buratos horizontais, equidistantes entre eles, nos que se ensartarían os traveseiros para armar a estrutura guía de madeira. Na parte superior dos perpiaños vense uns ocos de palanca que facilitarían o asentamento dos mesmos.

Os dous piares son de planta rectangular cun espesor de 4,15 e 4,12 respectivamente, cada piar presenta augas arriba tallamares de planta rectangular aos que se engadirán modernamente sombreretes piramidais.

O conxunto complétase cuns encauzamentos de cantaría de granito recta e a escadra (opus cuadratum) augas arriba.

PONTE ROMANA SOBRE O RÍO BIBEI

PARA SABER MÁIS SOBRE AS PONTES ROMANAS DA GALLAECIA pica AQUI


Outras pontes romanas na Gallaecia en Chaves (Portugal) na Vía XVII

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=6200229&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1

Anuncios

TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A ROMA

VÍAS E PONTES DE LATINIDADE

A vía que conduce de Roma a Capua é tan ancha que permite o paso de dous carros… É unha maravilla, é toda dunha pedra que Apio fixo cortar.

(Procopio)


Via Nova ou XVIII polo val do río Caldo. Serra do Xurés


Do xermolo, que madura nas  brétemas lendarias de Eneas, nace unha das máis amplas e coherentes construcións políticas e militares de todos os tempos. Ó principio foi unha conquista teimuda, unha agresión sistemática. Pero co tempo foise caendo na conta de que isto non era suficiente se non se armaba un sistema de apoio, toda unha rede –campamentos fixos, albergues nos camiños, depósitos, conexións- que viña a dar á cidade e que foi cargándose de poder co paso do tempo. Esta rede tiña que ser sólida se se quería garantir o éxito das campañas militares, a súa coordinación e a súa continuidade. Así detrás dos exploradores do terreo organizados viñeron os construtores. Eles fixeron muros, pontes, estradas que facilitaron o paso das lexións.

Arco central da ponte sobre o río Bibei, que daba paso á Vía Nova polas montañas de Trives

Comezan a aparecer por todas partes réplicas de Roma como selo da dominación. A cidade significaba lei , pois os xuristas acompañaran no avance ós soldados, enxeñeiros e agrónomos. En calquera punto do territorio sometido podíanse ler epigrafiadas sobre bloques de mármore palabras como libertas, potestas, auctoritas, imperium, Res Publica.

Pero a unidade entre todas estas colonias foi resultado de moitas forzas:  o dereito e a rede de estradas que conducía ó centro só foron un instrumento máis que garantiu esa unidade, a verdadeira forza unificadora xerouse a partir da lingua na que se escribían as ordes militares, os decretos da xustiza, a liturxia do poder.

Mapa das vías de Hispania. Itinerario de Antonino

A latinidade nos seus comezos é como unha rede que se bota ó mar desde o Lacio e entre as mallas vai quedando atrapado todo un amplo territorio que se ordena arredor dun mar interior. O historiador grego Dionisio de Halicarnaso (60 a C.) , escribiu que a grandeza de Roma no é cousa só da boa fortuna, senón o resultado dun esforzo meritorio ó que non era allea a influencia grega. Un esforzo e ademais un sentido práctico do que dan fe o que para el son as tres principais achegas de Roma: as vías, os acuedutos e as cloacas.

Non deixedes de visitar esta páxina: http://www.cacabelos.org/viasaugustas/vias_cd.swf

VISITADE ESTA PÁXINA SE QUEREDES SABER MÁIS

OUTONO DE LUZ BREVE: AS SOMBRAS DE HADES

O mito como explicación dunha realidade natural constatable


Vertumne et Pomone. Francken Frans II, le Jeune (1581-1642)C) RMN / Hervé Lewandowski
No outono, a savia das árbores descende ás raíces, baixo terra, e permanece alí durante a metade do ano para ascender na primavera durante un segundo período de seis meses. Esta é a realidade que periodicamente  conmociona a natureza e desasosegaba ós primeiros homes cando aínda non dispoñían do instrumento da ciencia para entender   o mundo.

Para explicar este fenómeno constatable, os antigos gregos recurriron a un mito segundo o cal unha mociña, chamada Core, filla de Deméter, fora raptada por Hades, o deus da morte.

Os deuses infernais ao habitar baixo terra aseguran aos habitantes do país que os honra unha dobre avantaxe: bendicen os cultivos dos campos e fan crecer as colleitas dos vivos; acollen nas súas profundas moradas as almas dos mortos. (E. Rhode, Psiche, páx. 168).

VERTUMNO: deus etrusco da vexetación, represéntase como un mozo vigoroso, portador das enerxías da natureza, multiforme como a mesma natureza. Despois de romanizado segue encarnando valores primaverais e vexetais.
POMONA: deusa romana dos xardíns e dos froitos, casada con Vertumno, tiña a facultade da perpetua xuventude, símbolo dos ciclos da vexetación. Represéntase cunha cesta chea de froitas suculentas.
HADES: (Plutón = o que enriquece) reina sobre os mortos de forma despótica, é un amo despiado que non lle permite aos seus súbditos retornar ao mudo dos vivos.
PERSÉFONE: reina como consorte de Hades, despois do rapto, e compórtase como mesmo despotismo que o seu esposo.

O mundo do máis alá na Eneida

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=omundodomisalnaeneida-111014130155-phpapp02&stripped_title=o-mundo-do-mis-al-na-eneida&userName=pazinho

View more webinars from I.E.S. San Tomé de Freixeiro


Cuestionario:CUESTIONARIO: OUTONO BAIXO AS SOMBRAS DE HADES SOLUCION2010

BOS AGOIROS PARA UN CURSO NOVO

“Só unha educación de calidade xera cidadáns dignos de tal nome.”

AMÍN MALOUF. Orígenes

BACHARELATO DE HUMANIDADES: UN ESTALO DE BOS AGOIROS

33 alumnos comezan a estudar Latín e Grego no primeiro curso de Humanidades

I.E.S SAN TOME DE FREIXEIRO. Vigo

No Instituto de Ensino Secundario San Tomé de Freixeiro estamos collendo folgos  para non defraudar a 33 alumnos  e alumnas que contra vento e mar brava decidiron que desde as Linguas Clásicas poden dar novas respotas aos novos retos que diante dos seus ollos lles van poñer a aventura primeiro do Bacharelato e a non moito tardar a Universidade. E nós como Ulises de retorno a Ítaca confesándolle a Penélope de que os nosos traballos aínda non  remataron, debemos de partir de novo, para mostrarlle a quen estea disposto a oirnós qué é o mar.

Aquí abrimos de novo nun setembro que anuncia xa a veciñanza do outono de luz breve as ventanas do balcón do OLMO DOS FALSOS SOÑOS. Estamos enormemente emocionados, case incrédulos, entregados, xa desde agora mesmo con paixón, a guiar, abrir camiños, construir pontes, desbrozar vales para quen queira participar e colaborar na aventura que aquí xa hai tres anos iniciamos. A ventana está permanentemente aberta para disfrutar paisaxes luminosos, variados e ricos en suxerencias, pero tamén para acoller con entusiasmo calquera pomba mensaxeira que nos queira  traer aire fresco, optimismo e emocións excitantes.

I.E.S. San Tomé. Fachada de aulas da Gran Vía

Seremos todo oídos, teremos os ollos moi abertos, se algo se nos escapa, collelo vós e se vos parece que somos  a canle idónea para  espallalo, confiárnolo. Estade seguros que seredes recompensados con creces. Confiándonos ideas que atopedes por aí ou da vosa propia creatividade, coñeceremos máis e ensinaremos mellor.


PARA ESCOITAR

Horacios e Curiacios

Correo del Oyente: 16/07/10


http://www.rtve.es/swf/v2/RTVEPlayer.swf?assetID=831029_es_audios&location=embed

Xuramento dos Horacios

Combate entre Horacios y Curiacios

Sobre Horacios y Curiacios de Bertolt Brecht