A MEMORIA DOS MORTOS NA ANTIGA ROMA: PARENTALIA E FERALIA

PARENTALIA E FERALIA: A MEMORIA DOS MORTOS NA ANTIGA ROMA


Tumba familiar romana. Nas aforas de Roma

En Roma a festividade  na que se celebraba a memoria dos antepasados mortos, Parentalia, comezaba nos idus de febreiro (13) e culminaba coas Feralia o día 23. Ovidio describe polo miúdo en Fastos, 2, 533-540 o ritual funerario: nas tumbas despois de colocar coroas ofrecían pan, viño e un chisco de sal.

Est honor et tumulis, animas placare paternas,

parvaque in exstructas munera ferre pyras.

parva petunt manes: pietas pro divite grata est

munere; non avidos Styx habet ima deos.

tegula porrectis satis est velata coronis

et sparsae fruges parcaque mica salis,

inque mero mollita Ceres violaeque solutae:

haec habeat media testa relicta via.

[É sinal de respecto aplacar as almas dos nosos pais e levar/ pequenas ofrendas ás tumbas e tamén ás piras que se lles erixen/ Os manes piden pouco. É agradecida a piedade en vez dunha abundante/ ofrenda. A  Estixia sin fondo non ten deuses avaros./ É de abondo unha tella cuberta cunha ofrenda de flores,/ e froitos espallados e un chisco de sal, pan abrandado en viño e pétalos de violeta:/ que os garde unha vasilla de barro deixada no medio do camiño]

O día 22 de febreiro  poñíaselles fin ás festas Parentalia celebrando a Caristia ou Caram Cognitionem, que eran un solemne banquete de toda familia en honor dos mortos.

Os Cristianos ó principio  aceptaron as festas en honor dos mortos, respetando estas mesmas datas, pero o proceso de cristianización do mundo celta, obrigou, por sentido práctico e a eficacia da mensaxe doctrinal, a trasladar esta celebración ós primeiros días de novembro.

Imaxe Google

Os druidas, sacerdotes celtas, crían en efecto que esa noite Saman, o señor da morte, provocaba o exército dos espíritos malignos. Os druidas prendían entón grandes fogueiras, co obxecto de afastar as incomodas Sombras.

Entre os antigos celtas, Halloween era a última noite do año, noite máxica de pantasmas e bruxas pero tamén  de presaxios na que os espíritos da morte visitaban as  moradas dos vivos.

A conquista romana da gran Gran Bretaña, favoreceu que Halloween se enriquecese con elementos da festa da colleita, POMONALIA, celebrada o 1 de novembro en honor de Pomona, deusa dos froitos e das árbores.

Pomona, deusa dos froitos. Fot. RMN

Sobreviven vestixios da festa romana da colleita no costume, habitual nos Estados Unidos e Gran Bretaña, de facer xogos utilizando froita, ou mesmo en Galicia na festa do Magosto.

Os romanos elaboran crenzas particulares arredor dos mortos e da morte, pero non se lles pasaba pola cabeza que os mortos acudisen a ver e cheirar o perfume das flores que deixaban nas súas tumbas.

A cuestión do máis alá, da inmortalidade, era unha preocupación allea, como para o home de hoxe: os epicúreos non crían nela, os estoicos, non demasiado, e a relixión oficial pecaba dun ríxido formalismo como para dar resposta a preguntas esenciais. Para o común da xente a morte era o mesmo que a nada, un soño eterno; o que relataba o imaxinario colectivo sobre a supervivencia das Sombras non máis que un conto de medo.

Decoración do interior dunha tumba

É distinto o sentimento que lles produce a morte, o medo dos moribundos non tanto ós castigos mitolóxicos como ó castigo dos deuses xustos, providentes e vingadores. Así cabe deducir deste texto de Valerio Máximo:

Este malvado morreu pensando nas súas perfidias e na súa ingratitude; a súa alma atópase como despelexada por un verdugo, porque sabía que os deuses do ceo ós que odiaba o ían entregar ós deuses subterráneos que o execrarían.”

Por iso os epitafios, os ritos e a arte funeraria se encargan de espallar ideas consoladoras que calmen a axitación e a angustia da hora da morte, insistindo nas súas representacións da vida como viaxe, a morte como descanso despois dunha longa viaxe, a vida como a carreira de carros no circo, a permanencia no espazo indeciso dos lindeiros entre a vida e o soño. A tumba é a morada eterna na que todo se prolonga despois de que todo remata.

VIDEO

O MÁIS ALÁ NA ENEIDA

Eneas polos silenciosos palacios de Dite

Anuncios

Amin Maalouf: pensamentos para o novo milenio

A MISIÓN DA CULTURA É FORMULAR PREGUNTAS ESENCIAIS

A intervención de Amin Maalouf na cerimonia de entrega dos Premios Principe de Asturias 2010 merece pola súa clarividencia e profundidade un post e un agradecemento infinito.

Lede aquí a parte do discurso onde o pensamento de Amin Maalouf acada o seu cenit. O discurso enteiro pode lerse en EL PAÍS.

“La cultura no es un lujo que podamos permitirnos sólo en las épocas faustas. Su misión es formular las preguntas esenciales. ¿Quiénes somos? ¿Dónde vamos? ¿Qué pretendemos construir? ¿Qué sociedad? ¿Qué civilización? ¿Y basadas en qué valores?¿Cómo usar los recursos gigantescos que nos brinda la ciencia? ¿Cómo convertirlos en herramientas de libertad y no de servidumbre?

Este papel de la cultura es aún más crucial en épocas descarriadas. Y la nuestra es una época descarriada. Si nos descuidamos, este siglo recién empezado será un siglo de retroceso ético; lo digo con pena, pero no lo digo a la ligera. Será un siglo de progresos científicos y tecnológicos, no cabe duda. Pero será también un siglo de retroceso ético. Se recrudecen las afirmaciones identitarias, violentas en muchísimas ocasiones y, en muchísimas ocasiones, retrógradas; se debilita la solidaridad entre naciones y dentro de las naciones; pierde fuelle el sueño europeo; se erosionan los valores democráticos; se recurre con excesiva frecuencia a las operaciones militares y a los estados de excepción… Abundan los síntomas”.

¡Como vivían os romanos ricos!

AQUIS ORIGINIS: UNHA MANSIÓN NA GALLAECIA PARA VIVIR AO ESTILO DOS ROMANOS

A natureza do mundo mediterráneo antigo condiciona a natureza da arquitectura propia das elites. Existía desde moi antigo unha comunidade cultural, baseada nunha intensa circulación de homes, ideas e mercancías, constituída na súa esencia polo mundo grego e reforzada na súa cohesión polo helenismo.

Esa unidade fundamental, pese aos conflitos, maniféstase especialmente nas elites sociais  integradas nunha cultura que fai referencia a unha civilización común con selo inconfundible de Grecia.

A arquitectura domestica da época romana reflicte esa realidade. As clases dirixentes adoptan por todas partes un marco que lles permite vivir á romana, como medio para reafirmar o seu prestixio e de subliñar a súa participación na xestión do Imperio.

Plano da villa de Baños do río Caldo. Lobios. Ourense. Debuxo de José M. Otero

Calquera burgués do Imperio está convencido de que ten dereito a presumir dunha casa que sexa mostra brillante da súa categoría social e que lle permita cumprir os seus compromisos sociais e mercantís.

A  homoxeneidade social e  a complicidade política das elites dá  á arquitectura doméstica romana  unha  notable unidade o que significa  que a teoría precede á realización. Quen tenta construír unha vivenda parte duns sólidos puntos de referencia para organizar e orientar a construción, para a tipoloxía das distintas salas, para as proporcións desexables e mesmo para principios estéticos.

Vista xeral da villa romana de Baños do río Caldo. Fot. Javier Rodríguez

A villa romana de Baños do río Caldo é probablemente a residencia dun rico e influinte home de negocios desde a que interviría na intensa actividade comercial que ao longo so século II d. C.percorría a Vía XVIII, como consecuencia do auxe do comercio de ouro propiciado pola minas das Médulas.


A música deste video pertence a MILLADOIRO: Gallaecia fulget

Se che interesa e queres saber máis sobre a arquitectura doméstica na Gallaecia podes seguir lendo: PICA AQUÍ: AQUIS ORIGINIS