O EXÉRCITO ROMANO, A FORZA DA UNIÓN


Roma foi a cidade máis importante do universo, capaz de construír un ámbito cultural en torno ó Mediterráneo de tal solidez que aínda hoxe sobrevive.

¿En que se sustentaba este poder? ¿Como está condicionado pola loita do pobo romano pola supervivencia?

Os romanos estaban convencidos de que os seus devanceiros estiveran dotados de extraordinarias calidades de tenacidade, de paciencia, de frugalidade, de capacidade para o traballo duro e dunha capacidade natural para non admitir xamais a derrota. Ningún romano en ningunha circunstancia se daría por vencido, segundo nos ilustra  o historiador Polibio.

Fonte Google

Cicerón consideraba que non era posible dar en ningunha parte cun pobo que posuíse en tan alto grao estas calidades, nas que Roma asenta a súa supremacía: unha verdadeira grandeza de alma, un carácter serio, calmo, estable, leal e digno de confianza,  baseado na fides.

Debuxamos un cadro onde  a grandes trazos se configura un pobo con gran capacidade se sufrimento, práctico e puritano, fondamente leal á familia, ó Estado e ós seus deuses (pietas). Este abano de valores  constitúe  a verdadeira forza da República, do que derivan outros valores ben estimados polos romanos: a virtus, bravura e coraxe no combate,  a gravitas, conciencia das súas responsabilidades e disciplina nas emocións, simplicitas, disposición para  prestar singular atención ás necesidades do momento.

Na súa estrutura primitiva o exército reflicte a organización do Estado romano. Cada soldado contribuía con armas e equipamento propio, polo que tiña que dispoñer de facenda para costealas. O pobre polo tanto non podía combater.

( Continúa lendo O EXERCITO ROMANO 2 pdf..)


CAMPAMENTOS ROMANOS

Documento: Campamento romano (pdf)


Hai unha característica que define á lexión romana: a obsesión pola seguridade nos seus desprazamentos cando tiña que facer noite ou pasar un inverno. Esta precaución significaba un gran esforzo diario por parte dos homes encargados da fortificación  e,  ó mesmo tempo, unha inxección de auto estima porque esta teima lles facía sentirse superiores ós bárbaros.

Despois da reforma de Mario, a lexión romana seguía carecendo de bases permanentes, era un exército en mobilidade constante. Cando remataba unha sesión de operacións retirábanse ós cuarteis de inverno (hiberna).

Foi con Augusto cando o exército tomou un carácter permanente. As tropas empezaron a pasar períodos moi longos  nas provincias, obrigadas pola intensa expansión territorial. Os antigos  cuarteis de inverno convertéronse en bases estables, versións melloradas dos antigos campamentos en marcha. (Continúa….Campamento romano.)

APRENDER E XOGAR


La legión romana. Documentales de la 2

PRIMAVERA: A SOBERANÍA DA VIDA

É a hora de coroar a cabeza de mirto e flores. A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos. A teima da vida breve néganos toda esperanza.

( Horacio, Odas, 1, 4)

Toudouze Edouard (1848-1907) Crédit photographique : (C) MBA, Rennes, Dist. RMN / Adélaïde Beaudoin Période : IIIe République (1870-1940) (période) Date : 1872

Aeneadum genetrix, hominum divomque voluptas,
alma Venus, caeli subter labentia signa
quae mare navigerum, quae terras frugiferentis
concelebras, per te quoniam genus omne animantum
concipitur visitque exortum lumina solis:
te, dea, te fugiunt venti, te nubila caeli
adventumque tuum, tibi suavis daedala tellus
summittit flores, tibi rident aequora ponti
placatumque nitet diffuso lumine caelum.
nam simul ac species patefactast verna diei
et reserata viget genitabilis aura favoni,
aeriae primum volucris te, diva, tuumque
significant initum perculsae corda tua vi.
inde ferae pecudes persultant pabula laeta
et rapidos tranant amnis: ita capta lepore
te sequitur cupide quo quamque inducere pergis.
denique per maria ac montis fluviosque rapacis
frondiferasque domos avium camposque virentis
omnibus incutiens blandum per pectora amorem
efficis ut cupide generatim saecla propagent.
quae quoniam rerum naturam sola gubernas
nec sine te quicquam dias in luminis oras

[Nai dos descendentes de Eneas, pracer de homes e deuses, vivificadora Venus: debaixo da bóveda do ceo multiplicas os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti todo animal é concibido. Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche suaves flores a terra, as chairas do mar contigo rin, e brilla con luz intensa o claro ceo. Na hora que a galana primavera descobre a súa presencia e o Favonio desatado robustece o seu fecundo alento, as lixeiras aves cantan a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches os seus peitos: polos alegres prados gozan os gandos acesos, prendidos do feitizo das túas grazas morren todos os seres por seguirte a onde queres conducilos, deusa. Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves, no medio dos ríos desbordados e dos campos que verdecen, enchendo os seus peitos de brando amor, fas que as especies se propaguen. Soberana da natureza, non hai sen ti disfrute da beleza.]

LUCRECIODa natureza das cousas. 1, 1 e ss.

Aleksandr Glazunov: The Spring, Op.34 Part 1


ATENAS EN LLAMAS

UN CONCERTO DE AUTE

Unha metáfora da decadencia da cultura europea

Unha clase de Cultura Clásica para os que teñen fe, con reparos


Sábado de marzo, noite, tres horas, nocturnas horas, compartimos un concerto de Aute, e non á INTEMPERIE, non estaba nin a noite  nin o espírito para máis aventuras que a calma da sala de butacas. Quen me lea pensará con acerto que xa hai que ter anos para sentarse a escoitar a Aute,  e que cos anos xa non hai lugar para a rebeldía libertaria, nin idealismos, nin tenrura, nin fe en nada nin en ninguén, malos tempos para a lírica e para os humanistas ilusos que no noso universo de perdas  só nos queda perder a fe na palabra, e niso andamos, pero non pasarán.

Pero alí estiven, estivemos. Xente moza, e xente que non o era tanto, moitos  sesentaeoititas reconvertidos, dúas xeneracións polo menos de soñadores ou ilusos, os  que fumos devotos de Aute en algún momento das nosas vidas, pero tamén quen de neno escoitou na casa os primeiros vinilos de Ariola, onde música e letra creaban un novo gusto nunha sociedade a disgusto e sen onda, quen nacera con boa fortuna no mundo novo do 79 para ser inconformista e libre, e quen,  por primeira vez, descubriu a Aute, hoxe, unha noite de marzo, e se sorprendeu, porque as novas músicas non lle deixaran espazo nin tempo para descubrir a música con compromiso, pero que si entendeu o mundo poético de Aute porque un día leu con intención e bo sentido que Ulises se descubrira  a si mesmo grazas a Circe e Calipso, e tal vez Nausicaa.

Curioso, estamos a piques de dar de cara co día dos idus de marzo, que non atinen os agoreiros de maldades , de apocalipsis, de caos, de infelicidade eterna.

A Juan Vicente Piqueras y Cárola

“A veces siento algo de nostalgia por aquellos ideales libertarios y
cosmopolitas, semiborrados ya en el mármol funerario de la historia.”

– Fernando Savater –

Caía una noche de Mayo
sobre el Lykavittos,
cenábamos en tu terraza
con todos los Mitos…

Y arriba, la voz de Vasilis
desde la azotea,
hablaba, tras largos ronquidos,
con Zeus y Atenea.

Y abajo, saciando con ouzo
la sed de Dionisos,
llorábamos por las elipsis
de la Historia en los frisos

con lágrimas de ira callada
frente a la impostura
de quienes hicieron del robo
su genio y figura…

Y Atenas en llamas, y Atenas en llamas…
contra un Occidente narciso e insolente,
rompiéndose a trizas…
Atenas ardiente
a veces sueña que va a renacer
de sus cenizas.

Y, hablando, nos dio como un rapto
por la antigua Europa
que ya no va a lomos del Toro
sino de la tropa

que marcha pisando las ruinas
de la inteligencia
del mármol que está a la intemperie
de la decadencia.

Y en sueños, al cielo nos fuimos
como Prometeo
en busca del Fuego Sagrado
del Caos y el cabreo…

Y así, una Pequeña Columna
de locos y artistas
se alzaron con fuego en tu Barrio
de los Anarquistas.

Y Atenas en llamas, y Atenas en llamas…

A FAMA, O MONSTRO VELOZ


Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage

Ovidio é moi dado a elevar a categoría literaria moitos episodios da súa vida cotiá e da vida dos romanos na época de Augusto. É ben coñecido que el nunca viu con bos ollos a política de Augusto, cego este para entender o movemento social de modernización que anegaba á sociedade romana do momento. Un mundo galante, urbano e cosmopolita, aberto a mil modas no que as mulleres liberadas animaban a xogos amorosos, o escenario idóneo sobre o que nace a Ars Amatoria.  Ben é sabido tamén que Ovidio, magister amoris, debeu ser víctima de rumores e da mala sona que enfadaron a Augusto por lle afectar á imaxe aloucada e pouco edificante da súa filla Xulia. A situación fóiselle das mans ó poeta de tal xeito que deu cos seus ósos nun desterro pouco digno.

Inspírase Ovidio para a elaboración minuciosa e barroca da imaxe da Fama en Virxilio, Eneida IV, 174 e ss.:

Fama, malum qua non aliud velocius ullum; /…../Monstrum horrendum, ingens, cui quot sunt corpore plumae/Tot vigiles oculi subter, mirabile dictu,/ Tot linguae, totidem ora sonant, tot subrigit aures./Nocte volat caeli medio terraeque…..;

[a Fama, mal veloz como ningún,…… Monstro horrible, xigante, que ten tantas plumas no seu corpo, como ollos vixiantes baixo cada unha, maravilloso de contar, tantas linguas parlantes, outras tantas bocas que non paran de falar, outros tantos oídos que atenden. De noite voa por medio do ceo e da terra… ]

Esta descripción virxiliana ten evidentes débedas coa que Homero fai de Eris, a divindade da Discordia, en Il. IV, 440 cuxo trazo esencial recolle Calímaco para aplicar a Deméter no seu Himno a Deméter.

A Fama é personificada baixo o nome de ‘´Οσσα (a Voz) en Homero,  Od. XXIV, 413 e de  Φήμη (Rumor público, reputación) en Hesíodo.

A fama é o que se di ou o que se fala ( for, fa-tus, falar) de alguén, a boa ou mala reputación; en plural, “rumores que corren”. O sentido inicialmente indiferente de fama tende hacia un valor laudativo, algo así como estima, o que ven a explicar o doble sentido de famosus, “o que que dá que falar”, empregado desde un principio co valor de “o que ten mala sona” “infame”, e o que na época imperial toma o sentido laudativo   “célebre”, “famoso”

Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage

Orbe locus medio est inter terrasque fretumque

caelestesque plagas, triplicis confinia mundi;

unde quod est usquam, quamvis regionibus absit,

inspicitur, penetratque cavas vox omnis ad aures:

Fama tenet summaque domum sibi legit in arce,

innumerosque aditus ac mille foramina tectis

addidit et nullis inclusit limina portis; ….

Continúa lendo o texto latino … OVIDIOFAMA

Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage

[Hai no medio do universo un espazo  entre a terra e o mar/e os ceos,  lindeiro deste triple mundo,/desde onde se descubre calquera cousa, aínda sen estar presente,/e calquera conto chega ós atentos oídos./

Ocúpao a Fama e elixe como palacio a parte máis elevada,/engade incontables corredores e mil ventás nas súas paredes,/non hai ningunha entrada  con portas pechadas;/aberta noite e día, toda ela de bronce sonoro,/toda ela retumba, ela refire contos e repite o que oe;/nin descanso nin silencio por ningunha parte;/nin un gran rebumbio, senón murmuracións,/como os das ondas do mar cando se escoitan de lonxe/ou como o son que devolve o último trono/cando Xúpiter fai bater as nubes negras./

Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage

O balbordo enche os atrios, multitude lixeira, veñen e van;/contos mesturados con verdades difúndense por todas partes;/corren miles de dixomedíxomes e palabras confusas./De entre estas unhas enchen de rumores os oídos ociosos,/outras refiren o que lles contaron, e vai crecendo o tamaño/da falsedade, e cada novo narrador engade algo ó que escoitou./

Alí está a Credulidade, alí o temerario Error,/a vana Ledicia e os espantados Temores/e a Sedición de última hora e o Susurro de autor descoñecido./Ela mesma ve e investiga polo mundo enteiro/que pasa no ceo e no mar e na terra.]

Ovidio, Metamorfosis, XII, 39, ss.

Guerra Giovanni (1544-1618) Crédit photographique : (C) RMN / Thierry Le Mage