A PORTA SOLSTICIAL DO VERÁN

Os solsticios son inicios de ciclos da natureza, do curso solar. A cultura grecolatina recurría a unha expresión de contido simbólico para subliñar esta circunstancia: “as portas solsticiais”,  a porta, umbral, pero tránsito, paso entre luz e tebras, vida e morte, ignorancia e sabiduría, culpa e salvación.

Se ben o solsticio de inverno dá paso ó ciclo luminoso, a do verán abre o período de escurecemento, do acortamento progresivo da luz do día; unha inversión dos valores atribuídos a cada estación, non hai nada unívoco no universo simbólico. Agora entenderemos por que o cristianismo  fai coincidir o nacemento de Cristo (“Eu son a porta”, di Xesús, Xn. 10, 9), o sol que ilumina a humanidade,  co solsticio de inverno, mentres que o solsticio de verán esta marcado pola festividade de San Xoán Bautista, que sustitúe as celebracións paganas, porque este era para o cristianos o precursor, o mensaxeiro da redención, da salvación inminente, da vida.

Nun libro de mitoloxía do século XIX, falando de fogueiras e lume sagrado, relaciónanse os rituais de San Xoán cos das festas de Pales:

Fotografía tirada de Google


“ Isto ( o lume) usábase moito na antiga Roma nas festividades de Pales, deusa dos pastores, que se celebraban o primeiro de maio e chamábanse Palilia. Nesta festividade os pastores facían fogueiras de palla ou de feno, e brincaban por enriba delas, e con esta cerimonia crían que quedaban limpos e absoltos de culpa, como o dixo Marco Varrón….”

“Pales dicebatur dea pastorum, cuius festa Palilia dicebantur; vel ut alii volunt, dicta Parilia quod pro partu pecoris eidem sacra fiebant”  P.F.  248, 17

[ a deusa dos pastores chamábase Pales, e as festas a ela dedicadas Palilia; ou como queren outros Parilia por ser un ritual sagrado na súa honra polo bo parto do gando]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Festa de Pales, ou o Verán. De Suvée Joseph Benoît (1743-1807) Crédito fotográfico: (C) RMN / Gérard Blot

Todo lo purga el fuego, y su viveza

al metal le acrisola su maleza.

Luego por las hogueras encendidas

de paja gritadora des el salto

con pie ligero, y piernas extendidas.

Ovidio ( Fastos, IV, 727 ss.) invoca á deusa Pales, para que o inspire na creación do poema, argumentando que vai cantar ritos pastorís nos que ten experiencia personal:

Alma Pales, faveas pastoria sacra canenti,
prosequor officio si tua festa meo.
certe ego de vitulo cinerem stipulasque fabales
saepe tuli plena, februa tosta, manu;
certe ego transilui positas ter in ordine flammas,
udaque roratas laurea misit aquas.

[Alma Pales, axuda a quen canta os rituais dos pastores,/ se describo a túa festa coa miña arte./ Certo, eu levei moitas veces nas palmas das mans a cinza do vitelo/ e os talos de fabas, restos aínda  quentes do sacrificio ./ Certo, eu brinquei tres veces sucesivamente as chamas que se apagaban ,/ e esparexín con loureiro mollado pingas de auga.]

Ovidio segue describindo con minuciosidade romana os distintos ritos da festa, pero esquece o fundamental, tentar explicar a orixe dos rituais; a deusa non se mostrou condescendente co poeta neste obxectivo.

Auga e herbas de san Xoán. Foto Google

De todos os xeitos a etnografía aportounos algúns datos interesantes : o fogo é un elemento purificador, polo que quen pase por riba del quedará purificado; outra, que os antigos xa que tiñan conciencia de que o lume e a auga, dous principios contrarios, eran imprescindibles para a vida, xuntaron os dous nun mesmo ritual preservativo para acadar maior eficacia, ou tamén porque a auga e o lume son causa de vida e morte para o home.

Se sistematizamos todo o que conta Ovidio poderemos dar cos paralelismos que ofrecen as Palilia e as festas de San Xoán:


Fogueiras de San Xoán na praia. Foto Google

1. FOGUEIRAS:

a. criase que se  pasaban por enriba delas os animais domesticos quedaban a salvo dos lobos.

b. o mesmo se o facían os homes.

c. para ser eficaz o rito había que repetilo tres veces

d. ao saltar había que facer a petición que máis lle convise a un.

e. queimábanse algunhas herbas

2. ENRAMADAS.

a. enramadas penduradas nas paredes .

b. grinaldas nas portas

3. HERBAS: o loureiro dos sacrifios.

Herbas de San Xoán

4. AUGAS:

a. en lustracións especiais e aspersións de altares

b. en lustracións de animais domésticos

5. ORACIÓNS: había que pronuncialas ao saltar sobre a fogueira, mirando ao oriente e metendo os dedos na auga pura.

A relación entre as dúas festas, Palilia e San Xoán, xa se estableceu no século XVI, pero tamén os investigadores modernos insisten nela. Só dan cun problema: o feito de que non coinciden nas datas dos meses, hai entre elas dous meses de diferencia, pero non parece un atranco insalvable, xa que ao longo da primavera detéctanse festas nas que se acenden fogueiras, pendúranse enramadas, como en Laza ou Oimbra por falar de espazos preto de nós. Serían pois rituais de estación que rematarían co solsticio.


Fachucos en Laza. Ourense

 

 

Anuncios