OUTONO, COBRA DE LUZ PENEIRADA

OUTONO, COBRA DE LUZ PENEIRADA

Esta é a folla

que na fronda da tristura mesta

en terra de Bea proclama en platanos da triste estrada,

en ouros opulentos dos bacelos,

en carballas cobrizas como arxila tremente

o outono, o outono despacioso como unha cobra

de luz  peneirada.

X.L.MÉNDEZ FERRÍN

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oraptodeproserpinavid-110922103834-phpapp01&stripped_title=o-rapto-de-proserpinavid&userName=pazinho

View more webinars from I.E,.S,. San Tomé de Freixeiro

O mito como explicación  dunha realidade natural constatable

Cando Orión e Sirio  cheguen á mitade do ceo e a Aurora de rosados dedos poida  ver a  Arturo, entón, Perses, vendima e leva para casa todos os acios de uvas. Déixaos o sol dez día e dez noites e cinco á sombra. Ó sexto verque nas xarras o regalo do ledo Dioniso.

HESÍODO, Os Traballos e os Días

No outono, a seiva das árbores descende ás raíces, baixo terra, e permanece alí durante a metade do ano para ascender na primavera durante un segundo período de seis meses.

Para explicar este fenómeno constatable, os antigos gregos recurriron  a un mito segundo o cal unha rapaza, chamada Core, filla de Deméter, fora raptada por Hades, o deus da morte.


TESMOFORIAS

CUESTIONARIO OUTONO BAIXO AS SOMBRAS DE HADES

Anuncios

NECESSE EST FATIGARE DEOS

NECESSE EST FATIGARE DEOS

(ÓS DEUSES HAI QUE LLES DAR A A LATA)

Visita : Dos númina ós deuses



A conduta dos  deuses resulta as veces decepcionante e critícaselles como se critica ó goberno: “Xúpiter, ten piedade desta rapaza doente; se a deixas morrer, criticarancho”.

Cando foi da morte de Xermánico, a multitude romana apedrou os templos, como se se tratase duns manifestantes  que guindan  lastras contra unha embaixada estranxeira.

Podíase romper cos deuses: “Xa que os deuses non me perdoaron, eu tampouco lles perdoarei.”

Philippe Ariés e Georges Duby, Historia de la vida privada.

O pobo romano primitivo era unha comunidade agrícola de familias unidas.  As comunidades agrícolas viven unha relixión animista, o que quere dicir que  recoñecen espíritos, potencias divinas, presenzas (numina), mentres os deuses antropomórficos lles resultan inimaxinables pola súa maneira de entender o mundo.  O numen tiña o seu escenario propio onde manifestar o poder: un bosque, o paso dun monte, unha fonte: Silvano, Portumno, Neptuno. Os numina son espíritos que interveñen na actividade comunal, que teñen o poder de compracer cando son requiridos ritualmente. Espertan  certo sentimento de pavor ou escrúpulos (religio), pero a súa relación cos homes é bondadosa. (Ler máis)


COLECCIÓN DE TEXTOS PARA ENTENDER O SENTIDO DA RELIXIÓN DOS ANTIGOS ROMANOS

Dioses olímpicos textos

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=diosesolmpicostextos-110201160420-phpapp01&stripped_title=dioses-olmpicos-textos-6780178&userName=pazinho

SIMBOLOXÍA DOS ATRIBUTOS DOS DEUSES

CUESTIONARIO


http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=diosesolmpicos3mododecompatibilidad-090609153749-phpapp02&stripped_title=dioses-olmpicos3-modo-de-compatibilidad