OUTONO, COBRA DE LUZ PENEIRADA

OUTONO, COBRA DE LUZ PENEIRADA

Esta é a folla

que na fronda da tristura mesta

en terra de Bea proclama en platanos da triste estrada,

en ouros opulentos dos bacelos,

en carballas cobrizas como arxila tremente

o outono, o outono despacioso como unha cobra

de luz  peneirada.

X.L.MÉNDEZ FERRÍN

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oraptodeproserpinavid-110922103834-phpapp01&stripped_title=o-rapto-de-proserpinavid&userName=pazinho

View more webinars from I.E,.S,. San Tomé de Freixeiro

O mito como explicación  dunha realidade natural constatable

Cando Orión e Sirio  cheguen á mitade do ceo e a Aurora de rosados dedos poida  ver a  Arturo, entón, Perses, vendima e leva para casa todos os acios de uvas. Déixaos o sol dez día e dez noites e cinco á sombra. Ó sexto verque nas xarras o regalo do ledo Dioniso.

HESÍODO, Os Traballos e os Días

No outono, a seiva das árbores descende ás raíces, baixo terra, e permanece alí durante a metade do ano para ascender na primavera durante un segundo período de seis meses.

Para explicar este fenómeno constatable, os antigos gregos recurriron  a un mito segundo o cal unha rapaza, chamada Core, filla de Deméter, fora raptada por Hades, o deus da morte.


TESMOFORIAS

CUESTIONARIO OUTONO BAIXO AS SOMBRAS DE HADES

Anuncios

Un comentario sobre “OUTONO, COBRA DE LUZ PENEIRADA

  1. Nesta páxina na qu estou a anotar a reposta hai uns cadros en branco que supoño son dos textos sobre o que elaboraches o cuestionario. Pero eu non son capaz de velos. Parécem interesante e moi completo-. Só lle atopo unha pega.: non sei os teus , pero os meus alumnos están tan afastados do mundo da vendima como do da mitoloxía.

    Me gusta

Los comentarios están cerrados.