DE MORTOS DISCONFORMES E VIVOS TEMEROSOS

PARENTALIA E FERALIA: A MEMORIA DOS MORTOS NA ANTIGA ROMA


Tumba familiar romana. Nas aforas de Roma

En Roma a festividade  na que se celebraba a memoria dos antepasados mortos, Parentalia, comezaba nos idus de febreiro (13) e culminaba coas Feralia o día 23. Ovidio describe polo miúdo en Fastos, 2, 533-540 o ritual funerario: nas tumbas despois de colocar coroas ofrecían pan, viño e un chisco de sal.

Est honor et tumulis, animas placare paternas,

parvaque in exstructas munera ferre pyras.

parva petunt manes: pietas pro divite grata est

munere; non avidos Styx habet ima deos.

tegula porrectis satis est velata coronis

et sparsae fruges parcaque mica salis,

inque mero mollita Ceres violaeque solutae:

haec habeat media testa relicta via.

[É sinal de respecto aplacar as almas dos nosos pais e levar/ pequenas ofrendas ás tumbas e tamén ás piras que se lles erixen/ Os manes piden pouco. É agradecida a piedade en vez dunha abundante/ ofrenda. A  Estixia sin fondo non ten deuses avaros./ É de abondo unha tella cuberta cunha ofrenda de flores,/ e froitos espallados e un chisco de sal, pan abrandado en viño e pétalos de violeta:/ que os garde unha vasilla de barro deixada no medio do camiño]

O día 22 de febreiro  poñíaselles fin ás festas Parentalia celebrando a Caristia ou Caram Cognitionem, que eran un solemne banquete de toda familia en honor dos mortos.

Os Cristianos ó principio  aceptaron as festas en honor dos mortos, respetando estas mesmas datas, pero o proceso de cristianización do mundo celta, obrigou, por sentido práctico e a eficacia da mensaxe doctrinal, a trasladar esta celebración ós primeiros días de novembro.

O triunfo da morte.(1562). Brueghel O Vello

Os druidas, sacerdotes celtas, crían en efecto que esa noite Saman, o señor da morte, provocaba o exército dos espíritos malignos. Os druidas prendían entón grandes fogueiras, co obxecto de afastar as incomodas Sombras.

Entre os antigos celtas, Halloween era a última noite do año, noite máxica de pantasmas e bruxas pero tamén  de presaxios na que os espíritos da morte visitaban as  moradas dos vivos.

A conquista romana da gran Gran Bretaña, favoreceu que Halloween se enriquecese con elementos da festa da colleita, POMONALIA, celebrada o 1 de novembro en honor de Pomona, deusa dos froitos e das árbores.

vertumno e Pomona. Fot. RMN

Sobreviven vestixios da festa romana da colleita no costume, habitual nos Estados Unidos e Gran Bretaña, de facer xogos utilizando froita, ou mesmo en Galicia na festa do Magosto.

Os romanos elaboran crenzas particulares arredor dos mortos e da morte, pero non se lles pasaba pola cabeza que os mortos acudisen a ver e cheirar o perfume das flores que deixaban nas súas tumbas.

A cuestión do máis alá, da inmortalidade, era unha preocupación allea, como para o home de hoxe: os epicúreos non crían nela, os estoicos, non demasiado, e a relixión oficial pecaba dun ríxido formalismo como para dar resposta a preguntas esenciais. Para o común da xente a morte era o mesmo que a nada, un soño eterno; o que relataba o imaxinario colectivo sobre a supervivencia das Sombras non máis que un conto de medo.

Decoración do interior dunha tumba

É distinto o sentimento que lles produce a morte, o medo dos moribundos non tanto ós castigos mitolóxicos como ó castigo dos deuses xustos, providentes e vingadores. Así cabe deducir deste texto de Valerio Máximo:

Este malvado morreu pensando nas súas perfidias e na súa ingratitude; a súa alma atópase como despelexada por un verdugo, porque sabía que os deuses do ceo ós que odiaba o ían entregar ós deuses subterráneos que o execrarían.”

Por iso os epitafios, os ritos e a arte funeraria se encargan de espallar ideas consoladoras que calmen a axitación e a angustia da hora da morte, insistindo nas súas representacións da vida como viaxe, a morte como descanso despois dunha longa viaxe, a vida como a carreira de carros no circo, a permanencia no espazo indeciso dos lindeiros entre a vida e o soño. A tumba é a morada eterna na que todo se prolonga despois de que todo remata.


ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA: PARA A VIDA EN FAMILIA, A VIDA SOCIAL E OS DEUSES DA CASA

A DOMUS OU A IMPORTACIÓN DAS TENDENCIAS DA ARQUITECTURA DOMÉSTICA GREGA

O proceso de helenización dos costumes e da cultura romana apareceu ben consolidado e definido no século II a.C. Desde sempre o romano sentiu un atractivo polo grego, aínda que non na medida en que sucedeu a mediados do século III a.C.: os deuses romanos identificáranse cos gregos, algún que outro romano chegou a falar grego, a arte romana comezou a facerse grande á sombra da grega.

Mérida, domus do Mitreo. Fot. José M.Otero

O empurrón definitivo xa se dera no século III a C. cando aparecen as primeiras obras de literatura en latín baixo o modelo grego e a escolarización  se dá en ambas linguas. O saqueo de Siracusa (212 a.C.), segundo Polibio, é o feito que marca o gusto pola arte grega: moitas obras chegaron a Roma. As formas de vida das clases altas entréganse sen rubor á batuta do gusto grego, e a arquitectura doméstica non vai ser menos, a moda grega marca tendencia.

domus que tomaremos de referencia ou casa pompeiana deixanos ver na súa organización arquitectónica dúas partes claramente definidas,  a área social (no espazo preto do peristilo) e a área privada (cubicula, culina, a redor do atrium) fiel retrato da división cultural e mental que supuxo para Italia descubrir no seu propio espazo a beleza e bo gusto do grego.

A mentalidade práctica do home romano xiraba ata agora a redor do que se entendía como NEGOTIUM (atrium/tablinum), nos gregos veñen de descubrir os valores do OTIUM (peristilo).

Esta bipartición arquitectónica responde á necesidade de xuntar no espazo da vida privada unha nova entidade cultural, enriquecedora a todas luces, que do ámbito da vida privada ía a pasar á vida cívica a non tardar.

A parte anterior da domus que permite o acceso directamente desde a rúa a quen visite ó pater familias mantén a estructura da casa etrusca, con dous centros de intereses moi definidos o atrium e o tablinum: é o ámbito do negotium, onde o pater familias celebra os cultos do fogar diante do larario coas imagines maiorum (figuras que representaban os devanceiros da familia), onde os tesouros domésticos,  preto do impluvium (pilón no que se recollía a auga da chuvia), esperan a admiración do hospede que ha de resolver co dominus problemas da vida cotiá na urbe.

A parte interior está articulada polo peristilum, de gusto grego, enriquecida cun xardín no patio. É o lugar do otium, ideal para o repouso, rodeado polos triclinios, salas de estar ou de xuntanza. É o espazo doméstico que acolle as esculturas e os libros e dá paz e tranquilidade a toda a familia.

Pero esta forma arquitectónica non vai ser permanente. Os cambios de mentalidade traen con eles cambios na concepción dos espazos vitais. O descubremento do peristilo como foco de luz dá pé para que o tablinum (o despacho oficial do dominus) se abra para  con maior claridade responder ás novas ideas de comodidade; coa construcción dos acueductos perde sentido o impluvium,  a relixiosidade familiar entra en crise cos novos tempos e a apertura  ás novas culturas polo que o atrium deixa de ser o centro da vida familiar perdendo por tanto a súa razón de ser.

ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA

ESPACIOS PARA LA VIDA  PRIVADA Y LAS RELACIONES SOCIALES

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=domusvillaeetinsulae-111022060852-phpapp01&stripped_title=arquitectura-domstica-romana-espacios-para-la-vida-privada-y-las-relaciones-sociales&userName=pazinho

VILLAE ROMANAS NA GALLAECIA:

AQUIS ORIGINIS (PDF):

AQUIS ORIGINIS, LOBIOS (OURENSE) (vídeo)

TORALLA ( VIGO) (vídeo)

ESPAZOS PARA A VIDA PRIVADA: MAT. COMPLEMENTARIO (PDF)



O OUTRO MUNDO: A MIRADA VIRXILIANA

A VISIÓN VIRXILIANA DO OUTRO MUNDO


Acompañado da Sibila de Cumas, a quen viña de consultar por recomendación do espírito do seu pai, Eneas entra por unha cova, despois de cruzar a soidade vacía do imperio de Plutón. O heroe camiñaba non sen certo receo, aínda que tiña a seguridade de que o seu retorno ó mundo dos vivos estaba garantido de non perder o salvoconducto da rama dourada. Non ten dúbidas, busca respostas de futuro nos seus antepasados; de non facer a viaxe, no habería esperanza para a súa xente, que atravesara os perigos do mar, cos ollos postos nun asentamento digno.

De aquí parte o camiño que conduce á corrente do infernal Aqueronte, río profundo de augas lamacentas que xiran en axitado remuíño e vomitan repugnante lodo no Cocito. Garda deste río e destas augas é un horrible barqueiro, o espantoso e pestilente Caronte.

A lagoa Estixia abraza esta rexión con nove repregues. O xuíz Minos, remove a furna  que decide a sorte de que entra neste territorio. A Sibila faille coñecer o Campo dos Prantos onde se atopaban aqueles que consumiu o amor e os Últimos Campos onde moraban a almas dos que se fixeron famosos na guerra. O lugar de tormento para os malvados está ó pé dun outeiro, castelo enorme, pechado por un triple muro. Un rápido río de torrentes de lume: é o infernal Flexetón, que arrastra rochas con estrondo. Aquí están con xesto impenetrable Tisifón, flaxelando ós culpables e Radamante que amosa o seu increible poder castigando ós perversos e obrigándoos a confesar os crimes.

Eneas sobreponse a momentos de debilidade e por fin chega a onde moran os benaventurados, un ceo transparente baña os prados de luz de púrpura, aquí as sombras teñen sol e estrelas: este é o lugar destinado ós que recibiron feridas defendendo a patria.

Discorre tamén por este espazos oscuros o río Leteo, no que beben o esquecemento as almas que van retornar ó mundo dos vivos. Tras este viaxe  polos camiños oscuros e silenciosos do inferno, e tras coñecer o pasado do seu pobo e o futuro esperanzador, aínda que cheo de sangue, Eneas das con dúas portas, una de corno que dá paso fácil os soños verdadeiros, e outra de marfil pola que os manes envían á terra os soños falsos.

O mundo do Máis Alá na Eneida

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=omundodomisalnaeneida-111014130155-phpapp02&stripped_title=o-mundo-do-mis-al-na-eneida&userName=pazinho

View more webinars from I.E.S. San Tomé de Freixeiro

A VISIÓN HOMERICA DO HADES

Ulises no mundo dos mortos

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=ulisesnohades-111020131428-phpapp01&stripped_title=ulises-no-hades-2&userName=pazinho

View more webinars from I.E.S. San Tomé de Freixeiro

Un texto para que o poidan traducir os de 2º de bach.

CONSERVADORES E PROGRESISTAS NA ROMA DE AUGUSTO

CONSERVADORES E PROGRESISTAS NA ROMA DE AUGUSTO

Templo de Marte Vengador no Foro de Augusto. Reconstrución
  • A visión dun poeta cortesano: HORACIO: Engrandecemento do nome latino

“O teu reinado, César, trouxo ós campos fértiles colleitas e restituíu os estandartes arrincados ás portas dos partos.

El pechou o  ocioso templo de Xano, el puxo freo á licenza que rompía a orde lexítima, afastou as culpas e anovou as antigas artes que engrandeceron o nome  latino”

Odas IV, 15

  • A visión do político: C. OCTAVIO AUGUSTO: Retorno ós costumes dos antepasados.

“Coas novas leis introducidas pola miña iniciativa volvín ós costumes dos meus antepasados que o noso tempo xa tiña esquecidos”.

Res Gestae, 5, 8

Templo de Marte Vengador no Foro de Augusto. Fot. José M.Otero
  • A visión do poeta rebelde e antiagústeo: OVIDIO: Todo cambia, nada permanece.

“…. no mundo non hai nada que subsista. Todo flúe e cada un dos contornos recibe unha configuración efémera; o tempo mesmo pasa tamén en perpetuo movemento, non doutro modo que un río; pois nin un río pode deterse, nin unha hora fugaz tampouco; como unha onda é empurrada pola que ven detrás, e esta mesma que está sendo impulsada no seu movemento preme tamén á que lle precede, así foxe o tempo que non se detén e se anova sen cesar, pois o que antes era, queda abandonado e convértese no que non era, e todos os impulsos son substituídos por outros novos.”

Metamorfosis, XV, 177 ss.

CANDO O AMOR É CEGO OU AS ILUSIÓNS VANS

CANDO O AMOR É CEGO, OU AS AS ILUSIÓNS VANS

«Lucrecio, dice Mr. Martha, nos presenta las miserias y vergüenzas del amor en corto número de versos que condensan cuanto sobre este asunto han podido decir, como tristemente cierto, los moralistas antiguos y modernos. Me atrevo a asegurar que en ninguna literatura se encontrará un cuadro que en su breve y enérgica sencillez sea más perfecto, de un sentimiento más intenso y de frases más profundas y trascendentales. Para comprenderlo bien es preciso figurarse cuáles eran los sentimientos antiguos y romanos; el desdén a la mujer, el desprecio a cuanto llamamos galantería, la indignación cívica contra el lujo y las modas extranjeras griegas u orientales, el respeto a la fortuna paterna, que no se debía malgastar en locuras, y a la dignidad del ciudadano, quien debía dedicarse a viriles ocupaciones; todos estos sentimientos los expresan en rápidas y enérgicas frases los siguientes versos»:

Lucrecio defende no libro IV de De Rerum Natura a teoría epicúrea da percepción, segundo a cal os obxectos despiden unha película fina  de átomos, como o calor do sol ou o cheiro a mar. Describe as distorsións da percepción, a impresión de movemento cando se navega en barco, a refracción dos remos debaixo da auga. A pesar destes casos Lucrecio insiste en que o coñecemento depende dos sentidos, que son irrefutables.

Na última parte do libro IV explica a mecánica do sexo. De aquí pásase a un relato satírico das caricias eufemísticas dos amantes, que podemos ler nos versos de máis abaixo. O poeta acepta que unha muller non moi favorecida pola natureza poida convencer a calquera de que se vaia a vivir con ela gracias ás súas boas maneiras e modais condescendentes, mesmo pode conseguir que alguén a ame por costume  sen que os deuses a axuden, ” como a auga que resbala por unha pedra.”

[nam faciunt homines plerumque cupidine caeci/et tribuunt ea quae non sunt his commoda vere./multimodis igitur pravas turpisque videmus/esse in deliciis summoque in honore vigere./atque alios alii inrident Veneremque suadent/ut placent, quoniam foedo adflictentur amore,/nec sua respiciunt miseri mala maxima saepe./nigra melichrus est, inmunda et fetida acosmos,/caesia Palladium, nervosa et lignea dorcas,/parvula, pumilio, chariton mia, tota merum sal,/magna atque inmanis cataplexis plenaque honoris./balba loqui non quit, traulizi, muta pudens est;/at flagrans, odiosa, loquacula Lampadium fit./ischnon eromenion tum fit, cum vivere non quit/prae macie; rhadine verost iam mortua tussi./at nimia et mammosa Ceres est ipsa ab Iaccho,/simula Silena ac Saturast, labeosa philema./cetera de genere hoc longum est si dicere coner./]

Ciega por lo común a los amantes/la pasión, y les muestra perfecciones/aéreas; porque vemos que las feas/  aprisionan los hombres de mil modos, /y hacen obsequio grande a las viciosas: /y unos de otros se burlan y aconsejan/     el aplacar a Venus mutuamente/que los aflige con amor infame:/ si es negra su querida, para ellos/es una morenita muy graciosa;/si sucia y asquerosa, es descuidada;/si es de ojos pardos, se asemeja a Palas; /si seca y descarnada, es una corza/del Ménalo; si enana y pequeñita,/es una de las gracias, muy salada; /si alta y agigantada, es majestuosa,/  llena de dignidad; tartamudea y no pronuncia bien, es un tropiezo/ gracioso; taciturna, es vergonzosa; /colérica, envidiosa, bachillera,/es un fuego vivaz que no reposa; / cuando de puro tísica se muere,/es de un temperamento delicado; /si con la tos se ahoga y desfallece, /entonces es beldad descaecida; /y si gorda y tetuda, es una Ceres,/la querida de Baco: si chatilla,/es silla de placer; ¡nadie podría / enumerar tan ciegas ilusiones!.

Lucrecio. De la Naturaleza del Universo. IV, 1142-1169. Traducción de José María Marchena. Madrid, 1918


ENXEÑERÍA ROMANA CONSTRUÍR PARA A ETERNIDADE

VÍAS E PONTES DE LATINIDADE, REDE DE PODER

A vía que conduce de Roma a Capua é tan ancha que permite o paso de dous carros… É unha maravilla, é toda dunha pedra que Apio fixo cortar.

(Procopio)


Via Nova ou XVIII polo val do río Caldo. Serra do Xurés


Do xermolo, que madura nas  brétemas lendarias de Eneas, nace unha das máis amplas e coherentes construcións políticas e militares de todos os tempos.

Ó principio foi unha conquista teimuda, unha agresión sistemática. Pero co tempo foise caendo na conta de que isto non era suficiente se non se armaba un sistema de apoio, toda unha rede –campamentos fixos, albergues nos camiños, depósitos, conexións- que viña a dar á cidade e que foi cargándose de poder co paso do tempo. Esta rede tiña que ser sólida se se quería garantir o éxito das campañas militares, a súa coordinación e a súa continuidade. Así detrás dos exploradores do terreo organizados viñeron os construtores. Eles fixeron muros, pontes, estradas que facilitaron o paso das lexións.

Arco central da ponte sobre o río Bibei, que daba paso á Vía Nova polas montañas de Trives

Comezan a aparecer por todas partes réplicas de Roma como selo da dominación. A cidade significaba lei , pois os xuristas acompañaran no avance ós soldados, enxeñeiros e agrónomos. En calquera punto do territorio sometido podíanse ler epigrafiadas sobre bloques de mármore palabras como libertas, potestas, auctoritas, imperium, Res Publica.

Pero a unidade entre todas estas colonias foi resultado de moitas forzas:  o dereito e a rede de estradas que conducía ó centro só foron un instrumento máis que garantiu esa unidade, a verdadeira forza unificadora xerouse a partir da lingua na que se escribían as ordes militares, os decretos da xustiza, a liturxia do poder.

Mapa das vías de Hispania. Itinerario de Antonino

A latinidade nos seus comezos é como unha rede que se bota ó mar desde o Lacio e entre as mallas vai quedando atrapado todo un amplo territorio que se ordena arredor dun mar interior. O historiador grego Dionisio de Halicarnaso (60 a C.) , escribiu que a grandeza de Roma no é cousa só da boa fortuna, senón o resultado dun esforzo meritorio ó que non era allea a influencia grega. Un esforzo e ademais un sentido práctico do que dan fe o que para el son as tres principais achegas de Roma: as vías, os acuedutos e as cloacas.

Non deixedes de visitar esta páxina: http://www.cacabelos.org/viasaugustas/vias_cd.swf

VISITADE ESTA PÁXINA SE QUEREDES SABER MÁIS