ESPAZOS URBANOS PARA EXERCER DE CIDADÁN: OS FOROS ARQUITECTURA DO PODER


EXERCER DE CIDADÁNELIXIR, LEXISLAR, XULGAR

O Foro Romano desde o Tabularium

A civilización romana, igual  que a grega, fundaméntase na sociedade urbana. Todo aquel romano que desempeñaba un papel importante na política ou na administración do estado residía en Roma. Os homes só se senten eles mesmos na cidade e non  só polas rúas atestadas de xente anónima senón polas comodidades materiais, baños públicos, polos edificios públicos que espertan a admiración de residentes e visitantes. Preguntábase Pausanias se se lle podía chamar cidade a un lugar que non ten edificios públicos, nin ximnasio, nin teatro, nin praza, nin traída de auga, nin casas dignas onde vivir. O romano só se sente de verdade na casa se está na cidade: na cidade atópase como nun  fogar colectivo.

Reconstrución do Foro Romano. Peter Connolly.

O romano libre é principalmente un cidadán. Segundo este ideal, a soberanía pertence ao conxunto de cidadáns (“cives”) que forman a “civitas”. A profesión de cidadán exércese: lexislando, elixindo e xulgando  O Foro será o espazo da cidade concibido para dar resposta a natureza do poder político que emana deste ideal de soberanía.

En Atenas a ágora, o mercado, era o centro político e xudicial da cidade: edificios públicos e tribunais, tendas e postos de comerciantes, a fonte onde as mulleres acudían cada mañá a por auga, a facer a colada, a palicar. Nos soportais ou estoas, pechábanse os tratos, reuníanse os amigos e expoñían as súas ideas os filósofos.

A relixión da colectividade cívica celébrase nas prazas, diante dos templos, baixo a autoridade dos maxistrados e sacerdotes públicos. En Roma ningunha actividade estaba á marxe da relixión.

O foro romano, inspirado na ágora, era o centro de todas as actividades cívicas:

  • Política:

Curia (K): para reunión do Senado

Comitium: espazo entre a Curia e o arco de Septimio Severo onde tiñan lugar as reunións para a elección de maxistrados

Rostra(E): tribuna de oradores

Arcos triunfais:  Tito, Septimio Severo.

  • Xudicial:

Basílicas: Iulia (D), Emilia (J), Maxencio

  • Comercial:

Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio

  • Relixiosa:

Templos: Xúpiter Capitolino, Saturno, Concordia (B), Dióscuros (F), Antonino e Faustina, Divino Iulio (G), Vesta (H), Divino Rómulo,  Venus e Roma;  en Foros Imperiais: Venus, Marte Vingador

  • Social:

Basílicas: reunións públicas: Iulia, Emilia, Maxencio

Panorámica do Foro Romano. Fot. Google

Para entender o sentido do FORO na visión do mundo dos romanos debes completar o CUESTIONARIO que ten como referencia o vídeo que explicamos na clase: ROMA: ESPAZOS URBANOS PARA A VIDA CÍVICA.

PICA AQUÍ E DARÁS CO DOCUMENTO EN pdf.

FORO DE TRAXANO

Anuncios