OUTONO DE LUZ PENEIRADA

“Os antigos relacionan autumnus, con augere (acrecentar); así P.F. 21, 27: autumnum quidam dictum existimant quod tunc maxime augeantur hominum opes, coactis agrorum fructibus” [Hai quen pensa que o outono recibe ese nome porque, despois da colleita, os homes se enriquecen]

Esta é a folla

que na fronda da tristura mesta

en terra de Bea proclama en platanos da triste estrada,

en ouros opulentos dos bacelos,

en carballas cobrizas como arxila tremente

o outono, o outono despacioso como unha cobra

de luz  peneirada.

X.L.MÉNDEZ FERRÍN

O mito como explicación  dunha realidade natural constatable

http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oraptodeproserpinavid-110922103834-phpapp01&stripped_title=o-rapto-de-proserpinavid&userName=pazinho

View more webinars from I.E,.S,. San Tomé de Freixeiro

 

Cando Orión e Sirio  cheguen á mitade do ceo e a Aurora de rosados dedos poida  ver a  Arturo, entón, Perses, vendima e leva para casa todos os acios de uvas. Déixaos o sol dez día e dez noites e cinco á sombra. Ó sexto verque nas xarras o regalo do ledo Dioniso.

HESÍODO, Os Traballos e os Días

No outono, a seiva das árbores descende ás raíces, baixo terra, e permanece alí durante a metade do ano para ascender na primavera durante un segundo período de seis meses.

Para explicar este fenómeno constatable, os antigos gregos recurriron  a un mito segundo o cal unha rapaza, chamada Core, filla de Deméter, fora raptada por Hades, o deus da morte.

 

“Hai un lugar nun val sombrío, humedecido polas pingas da auga dunha alta fervenza, alí xuntáranse todas as cores  que regala a natureza e a terra resprandecía coas tonalidades de flores variadas.  Cando Proserpina descobre o lugar, di: Vide, compañeiras, vaiamos a encher o colo de flores e traérnolas.  Unha enche os canastros de bimbio, outra o regazo, outra os pregues amplos do mandil. Aquela repañaba caléndulas,  aqueloutra preocupábase das violetas, a de maís alá cortaba coa uña o talo das mapoulas. A estas retíñaas o xacinto;  a estoutras demorábaas o amaranto; unhas prefiren o tomiño, outras, o romeu, outras, o meliloto. Recolleron moitísimas rosas e flores sen nome; ela, pola súa parte, escolleu delicados azafráns e lirios brancos. Plutón viuna, e, nada máis vela, raptouna lixeiro, transportándoa ó seu reino, baixo as augas verdemariñas.”   (OVIDIO, Fastos, IV, 428 e ss.)

 

TESMOFORIAS

CUESTIONARIO OUTONO BAIXO AS SOMBRAS DE HADES

Anuncios

UNHA SOA NOITE, UNHA SOA VEZ

Horacio, Oda I, XXVIII: 

(Diálogo entre Arquitas de Tarento e un náufrago)

 PARA JOSÉ MANUEL POSE MESURA, AMIGO SEMPRE, AÍNDA NO CAMIÑO DA NOITE!

O espectro dun náufrago pide a un mariñeiro, que está de paso, unha sepultura simbólica. Desenvolve a idea de que todos, grandes e pequenos, sabios e filósofos, van morrer, a pesar das súas pretensións vas; por outra parte os vivos deben ós mortos unha testemuña relixiosa, un recordo melancólico. Horacio imaxina un náufrago que chega á costa e dá coa tumba do sabio de Tarento.

Le festin donné aux dieux par Tantale où Jupiter ressuscite Pélops et lui met une épaule d'ivoire en remplacement de celle mangée par Cérès Auteur : Taraval Hugues (1729-1785)RMN de Francia.


A ti, Arquitas(1), que mediches o mar e a terra e a area

incontable, cóbrete o agasallo último

dun pequeno túmulo de terra na ribeira

do Matino; de pouco che serve

ter investigado os espazos celestes e  chegar a explicar

o ceo esférico e insondable, se o destino é morrer.

Morreu o pai de Pélope (2), convidado dos deuses,

e Titón (3), arrebatado polos aires,

e Minos(4), cómplice dos segredos de Xúpiter, tamén 

o Tártaro acolle o fillo de Pantoo (5) que descendeu por segunda vez

ó Orco, aínda que,   testemuñando polo seu escudo pendurado

a caída de Troia, non concedera

á negra morte nada máis que os seus despoxos mortais ,

(6), autoridade honorable, ó teu xuízo, 

da verdade e da natureza; pero a todos nos espera una soa noite eterna 

e unha soa vez habemos pisar o sendeiro da morte.

As Furias

As Furias entregan a outros como espectáculo ó torvo Marte,

o mar é tumba avara de mariñeiros;

multiplícanse os funerais sin distinción de mozos e vellos,

ninguén foxe da cruel Proserpina (7).

A min tamén me sepultou o impetuoso Noto, (8) compañeiro de Orión (9)

que declina, no mar Ilírico.

Pero ti, mariñeiro, non aforres, como un avaro,  dar

un gran de area fuxidía ós restos 

do meu cadáver insepulto: así, as ameazas do Euro(10)

ás augas  hespéricas, súfranas

os bosques venusios (11), quedando ti a salvo, e incontables riquezas,

de onde queira que sexa, veñan parar a ti das mans 

do xusto Xúpiter e de Neptuno, patrón da sagrada Tarento (12).

¿Vas querer cometer un delito que poida danar

máis tarde ós teus fillos inocentes? Quizais tamén

te  esperan a ti mesmo dereitos impagados

e infortunios sen piedade: non me abandonarei a súplicas impunes

e ningunha expiación te absolverá.

 Aínda que vas con presa, non é longa a espera; estarache permitido

partir despois de botar sobre a miña tumba tres puñados de terra.

Para ler as notas picar aquí

 

[Te maris et terrae numeroque carentis harenae
mensorem cohibent, Archyta,
pulueris exigui prope latum parua Matinum
munera nec quicquam tibi prodest
aerias temptasse domos animoque rotundum 5
percurrisse polum morituro.
Occidit et Pelopis genitor, conuiua deorum,
Tithonusque remotus in auras
et Iouis arcanis Minos admissus habentque
Tartara Panthoiden iterum Orco 10
demissum, quamuis clipeo Troiana refixo
tempora testatus nihil ultra
neruos atque cutem morti concesserat atrae,
iudice te non sordidus auctor
naturae uerique. Sed omnis una manet nox 15
et calcanda semel uia leti.
Dant alios Furiae toruo spectacula Marti,
exitio est auidum mare nautis;
mixta senum ac iuuenum densentur funera, nullum
saeua caput Proserpina fugit. 20
Me quoque deuexi rapidus comes Orionis
Illyricis Notus obruit undis.
At tu, nauta, uagae ne parce malignus harenae
ossibus et capiti inhumato
particulam dare: sic, quodcumque minabitur Eurus 25
fluctibus Hesperiis, Venusinae
plectantur siluae te sospite multaque merces,
unde potest, tibi defluat aequo
ab Ioue Neptunoque sacri custode Tarenti.
Neglegis inmeritis nocituram
postmodo te natis fraudem committere? Fors et 30
debita iura uicesque superbae
te maneant ipsum: precibus non linquar inultis
teque piacula nulla resoluent.
Quamquam festinas, non est mora longa; licebit 35
iniecto ter puluere curras.]

Notas


INSPIRACIÓN E HUMOR NO MUNDO TRANSFORMADO DE OVIDIO

250 mitos e lendas en 11.991 versos; 175 cambios de forma, 54 en animais, 27 en pedras

“As Metamorfosis convértense en herdeiras, compendio e climax da producción literaria de Ovidio. Herdeiras porque moito do seu contido, mitos e lendas, xa se trataba en Amores, Ars Amandi e Heroidas; compendio porque funde o que lle suministra a tradición elexíaca, lírica, tráxica, epistolar, as “declamationes”, o pantomimo e especialmente o alexandrinismo; e climax porque pretende que sexa a súa obra máis perfecta”.

Rosa María Iglesias e María Consuelo ÁlvarezLas “Metamorfosis”,  en Historia de la Literatura Latina, de Carmen Codoñer (ed.)

As Metamorfosis son un catálogo universal das tradicións míticas  no  que se conxuga poesía e hitoriografía universal, pero non aleatorio, desordenado e caótico, senón articulado  de forma unitaria: a metamorfose final de cada episodio,  é o fío guía da unidade externa; a articulación xenealóxica e cronolóxica, o da unidade temática; a variedade dos versos hexamétricos perfectos e elevados, o que dá unidade poética.

Se ben as metamorfoses son un tema recorrente, tamén o son  o amor e a cólera divinos. O amor é tema dominante en toda obra ovidiana. O amor entre deuses e mortais (Apolo e Dafne) é o máis frecuente, pero tamén o amor entre deuses (Venus e Marte), e o amor entre mortais (Orfeo e Eurídice). A cólera dos deuses e os celos non poden quedar á marxe nun escenario tan pasional.

Xuntamente con estes temas aparece un autenticamente romano, a pietas,  fronte a impietas, a pietas cos deuses (Filemón e Baucis), a pietas de amor (Pïramo e Tisbe).   Esta pietas de amortratatada por Ovidio dun xeito totalmente orixinal, tanto que non ten nada que ver co tratamento que dela fixeran os que o precederon,  vai creando unha sensación de continuidade mesmo entre episodios que non teñen nada que ver entre eles.

 

Apolo e Dafne. Fot. RMN

 

Deslumbrado pola lectura dos primeiros versos, o lector espera un argumento serio e unha acción única, unha épica na que as accións teñan unhas cosencuencias, un poema moral, nunha palabra. Pero pronto se sente víctima dun engano, que non deixa de ser un artificio literario, porque a acción do poema non e única nin seria, senón un conxunto de historias ligadas con artificio e narradas subxectivamente, con enxeño, humor e sentido do grotesco, da burla.

As  accións non derivan en consecuencias, senón en fantásticas metamorfoses. Polo tanto o que teriamos entre mans sería unha colección de historias míticas inspirada en Calímaco, ¿unha colección de mitos gloriosamente amoral baixo a careta da épica? ¿Un insulto irreverente á épica tradicional de Virxilo e ó material que remodela Virxilio? ¿Un insulto a Eneida e ó que significa ideoloxicamente? ¿Unha irreverencia contra Augusto?

Piramo e Tisbe

Probablemente non, nin insulto a tradición nin irreverencia ó emperador; mirémolo desde outra perspectiva máis positiva: Ovidio é un poeta divertido, a súa amoralidade ou inmoralidade está ó servizo do humor, a parodia atrae a risa cara a propia parodia e non cara ó obxecto perodiado. Ovidio é o poeta que mellor representa a concepción da arte pola arte, venera a técnica por enriba doutros recursos. A amoralide, neste marco, resulta indispensable para unha creación artística autosuficiente.

É o poeta augústeo por excelencia, en canto que a lexislación de Augusto ía dirixida contra o espírito que Ovidio representaba e que era o espírito socialmente prevalente: amante  dos praceres, sofisticado, cínico. É quen mellor entende a sociedade na que está vivindo, pouco proclive xa ás vellas tradicións romanas, e ben sabe que lexislar en contra dos gustos e tendencias da maioría é labor perdido.

LECTURAS:

 

Orfeo e Eurídice. Fot. RMN

 

APOLO E DAFNE (pdf)

ORFEO E EURIDICE (pdf)

PIRAMO E TISBE. Texto (pdf)