O FORO, ESPAZO DE CIDADÁNS

EXERCER DE CIDADÁNELIXIR, LEXISLAR, XULGAR

“Na Roma republicana, o Foro non estaba destinado exclusivamente ás actividades oficiais era tamén un centro comercial bordeado polo norte e polo sur de tendas. As máis antigas eran as do sur (tabernae veteres) instaladas de tal xeito que podían evitar o sol do verán. Estas tendas eran  propiedade do Estado que as alugaba ós comerciantes,  especialmente carniceiros. Máis tarde foron cedidas ós cambistas que realizaban operacións de banca. Os antigos carniceiros ocuparon a banda norte do Foro (Tabernae Novae)….O Foro estaba cruzado pola Vía Sacra, que as procesións seguían para dirixirse do Coliseo ó Capitolio, e esta Vía Sacra primitiva penetraba na praza entre os dous templos mais venerables da cidade, o templo de Vesta e a Regia. Remataba no Clivus Capitolinus….. “

Pierre Grimal en La Civilización Romana.

O Foro Romano desde o Tabularium

A civilización romana, igual  que a grega, fundaméntase na sociedade urbana. Todo aquel romano que desempeñaba un papel importante na política ou na administración do estado residía en Roma. Os homes só se senten eles mesmos na cidade e non  só polas rúas atestadas de xente anónima senón polas comodidades materiais, baños públicos, polos edificios públicos que espertan a admiración de residentes e visitantes. Preguntábase Pausanias se se lle podía chamar cidade a un lugar que non ten edificios públicos, nin ximnasio, nin teatro, nin praza, nin traída de auga, nin casas dignas onde vivir. O romano só se sente de verdade na casa se está na cidade: na cidade atópase como nun  fogar colectivo.

Reconstrución do Foro Romano. Peter Connolly.

O romano libre é principalmente un cidadán. Segundo este ideal, a soberanía pertence ao conxunto de cidadáns (“cives”) que forman a “civitas”. A profesión de cidadán exércese: lexislando, elixindo e xulgando.  O Foro será o espazo da cidade concibido para dar resposta a natureza do poder político que emana deste ideal de soberanía.

En Atenas a ágora, o mercado, era o centro político e xudicial da cidade: edificios públicos e tribunais, tendas e postos de comerciantes, a fonte onde as mulleres acudían cada mañá a por auga, a facer a colada, a palicar. Nos soportais ou estoas, pechábanse os tratos, reuníanse os amigos e expoñían as súas ideas os filósofos.

A relixión da colectividade cívica celébrase nas prazas, diante dos templos, baixo a autoridade dos maxistrados e sacerdotes públicos. En Roma ningunha actividade estaba á marxe da relixión.

O foro romano, inspirado na ágora, era o centro de todas as actividades cívicas:

  • Política:

Curia (K): para reunión do Senado

Comitium: espazo entre a Curia e o arco de Septimio Severo onde tiñan lugar as reunións para a elección de maxistrados

Rostra(E): tribuna de oradores

Arcos triunfais:  Tito, Septimio Severo.

  • Xudicial:

Basílicas: Iulia (D), Emilia (J), Maxencio

  • Comercial:

Basílicas: Iulia, Emilia, Maxencio.

REGIA
  • Relixiosa:
Templos: Xúpiter Capitolino, Saturno, Concordia (B), Dióscuros (F), Antonino e Faustina, Divino Iulio (G), Vesta (H), Divino Rómulo,  Venus e Roma;  en Foros Imperiais: Venus, Marte Vingador.
  • Social:

Basílicas: reunións públicas: Iulia, Emilia, Maxencio

Panorámica do Foro Romano. Fot. Google

Para entender o sentido do FORO na visión do mundo dos romanos debes completar o CUESTIONARIO que ten como referencia o vídeo que explicamos na clase: ROMA: ESPAZOS URBANOS PARA A VIDA CÍVICA.

PICA AQUÍ E DARÁS CO DOCUMENTO EN pdf.

FORO DE TRAXANO

POST EN PDF PARA IMPRIMIR o foro ESPAZO DE CIDADÁNS 

Anuncios

A HORA DA LAMPREA CON NÉCORAS Ó ESTILO DE NASIDIENO


Na sátira II, 8, Fundanio, un poeta cómico, cóntalle  casualmente a Horacio os sucesos do convite que na compaña de Mecenas disfrutaran o día anterior na casa do novo rico, e tamén avaro  e cutre, Nasidieno:

– Preséntasenos unha lamprea servida nunha bandexa adornada de  nécoras flotantes nun mar de prebe. Neste momento o patrón explícanos:

“Esta lamprea pescouse antes de que desovase, xa que a carne sería peor se  se collese despois de ter desovado; a galdrumada mestura os seguintes ingredientes:  aceite da primeira colleita de Venafro,  garo de intestinos de xarda  en salmoira, con viño de cinco anos  do país mentres coce, (unha vez cocido deste xeito dálle o seu punto o viño de Quíos mellor que calquera outro), pementa  branca cun pouquiño de vinagre  da fermentación das uvas  de Metimno. Eu fun o primeiro  que ensinei a cocer eirugas verdes e ínulas amargas, e Curtilo os ourizos de mar sen pasalos por auga, porque é máis exquisita a salmoira natural do marisco que a preparada.”

LA TEMPORADA DE LA LAMPREA ARRANCA EN LOS RIOS ULLA Y MIÑO