HORACIO, CARUS AMICIS, A POESÍA NO MARCO DA AMIZADE

 

HORACIO EN TRES ODAS


A poesía latina que expresa os sentimentos subxectivos non aparece en poemas exclusivamente líricos ata mediados o século I a. C.  cos coñecidos como neotéricos de Catulo e o seu círculo.

Roma agora mírase no espello de Grecia do século IV a.C. cando o coñecido como período clásico dá paso ó helenístico, o que no ámbito político ten como resultado a aparición dos monarcas.

Os cidadáns, que empezaron a sentir escaso compromiso co Estado, centran todas as súas forzas na súa vida privada. Este é o xermolo da poesía alexandrina: renuncia a  todo que sexa grandeza e predilección polas pequeñas cousas; en vez dos solemnes e longos poemas épicos, composicións breves e delicadas. 

O panorama previo á chegada de Augusto ó poder era no ámbito da política complexo e ademais especialmente sanguento: guerras civís, revoltas, inseguridade, inestibilade social, crise de institucións tradicionais, ata chegar a unha paz imposta: un momento historicamente delicado no que o sistema republicano dá paso ó Imperio. A  literatura acada a súa época dourada e os poetas teñen claro que o seu papel é conseguir a inmortalidade.

Neste período augústeo asistimos ó cambio final de actitude cara á poesía e ós poetas. Ahora a poesía non é só unha preocupación digna e única para os cidadáns romanos de clase respetable; os poetas renuncian ó esteticismo e comprométesen coa sociedade ou vense na obriga de defender a  súa falta de compromiso. Volve estar en xogo a visión grega clásica da poesía:  traballo de xente con talento, que serve ós cidadáns como educación moral.

Nos primeiros libros de Odas (I, II, III) Horacio desempeña o papel dun Alceo, cidadán fondamente comprometido, que escribía patrioticamente sobre temas candentes do momento, pero que non deixaba de pensar  que na marxe desa obriga había un espazo para o ocio, o amor e o viño. A mesma fusión das dúas poesías gregas que se dera cos neotéricos advírtese en Horacio, de feito, o poeta de Venusa non só leva adiante  o programa dos poetas do círculo de Catulo senón que os supera.

Tomando as Odas en conxunto, a variedade e complexidade temática e a riqueza métrica son os aspectos máis significativos, aínda que moitos dos temas son reelaboración de temas xa tratados en EpodosHoracio quere que os seus temas preferidos poidan expresarse en diferentes formas estróficas e que nunca unha forma escravice a un tema ou o seu tratamento.

Nas Odas o pensamento de Horacio, a súa melancolía, o seu sentido epicúreo da vida, a súa incredulidade e desconfianza, a renuncia ás grandes ambicións son obxecto da súa contemplación artística; os principios da aurea mediocritas, de se contentar con pouco, de reter o momento que foxe, de esperar sempre a morte transfórmanse en efusións dunha experiencia interior.

Os grandes temas da lírica horaciana son o amor, a amizade, os himnos, os banquetes, a natureza, as reflexións filosóficas (o tempo, a morte, o destino do home e a súa posición no mundo, a sabiduría) e vitais e políticas.

Unha cuarta parte das Odas pode considerarse poesía amorosa, pero desde a distancia, desde a crítica, desde o cinismo. Non fala das súas paixóns nin das súas emocións,  descríbeas como se non fosen con el. É neste punto onde se afasta de Catulo. Esta actitude non debe de sorprendernos vindo como ven dun epicúreo que considera o amor como un conxunto de penas e preocupacións que a el non lle afectan nin o inmutan.

O templo de Marte Vengador. Foro de Augusto.

A singularidade deste grupo de poemas, desde a perspectiva dos xéneros literarios, radica en que ese mundo está contido dentro dos padróns da poesía lírica, que aparece así, gracias  a versatilidade métrica e rítmica, como o xénero non caracterizado, o que quere dicir que serve para todo, fronte a disciplina estricta do resto dos xéneros.

En Odashai poesía subxectiva e obxectiva sen que sexa fácil marcar un lindeiro, poesía de tono elevado, pero tamén de tipo epigramático, poesía de contido mitolóxico, pero tamén das cousas cotiás: esta actitude integradora é a manifestación da supremacía da aurea mediocritas.

Pese á complexidade temática das Odas, a unidade, que se acada gracias a súa estructura, foi reclamada por varios autores:

  • Composición lineal: odas cun número indeterminado de estrofas que desenvolven un tema ou acontecemento progresivamente cunha gradatio ascendente ou descendente. (Oda, I, 5)
  • Composición en anel:  odas que comenzan e rematan cun mesmo tema. (Oda II, 3)
  • Composición bimembre: odas con dúas partes de extensión similar, antitéticas ou paralelas, con dous temas diferentes ou un tratamento diferente do mesmo tema. (Oda III, 28)

É admirable que consiga sintetizar el só a Alceo, Safo, a Alcmán e Teognis, Tirteo e Calino, Anacreonte e Píndaro, sin esquecer o gran Calímaco, toda a lírica grega en padrón latino. É nos líricos gregos onde a súa poesía atopa asento rítmico.

Vexámolo con tres exemplos:

Oda III, 28

 


Horacio preséntase como o poeta do viño e o amor e contén outra mensaxe moi horaciana: é día de festa,  e polo tanto tempo de ocio: hai que beber viño, tocar música e facer o amor. Estructura bimembre.

¿Que cousa mellor podo facer

no día da festa de Neptuno? ¡Saca, Lidia,

con presteza, o  reserva de Cécubo

e quebra o teu bo sentido!

Ves que ven a tarde

e ti, como se o día fugaz se parase ,

receas traer da bodega

a ánfora na que repousa o viño de longa garda.

Unhas veces eu cantarei

a Neptuno e ás  verdes melenas das Nereidas;

en resposta, ti ensalzarás  coa corva lira

a Latona e os veloces dardos de Diana.

Cun último canto honraremos

a Venus de  Cnido,  que visita as Cícladas luminosas

nun carro tirado por cisnes;

a Noite merecerá unha sentida canción de despedida.

 

Oda I, 5

 


Mensaxe típica horaciana: o amor, a ocupación do ocio, é unha ocupación efímera, que se esvae como o fume, indigna de confianza, aínda que por iso mesmo pode ser dolorosa. Estructura lineal

¿Que delicado efebo  perfumado con auga

de Colonia te abraza,  Pirra, entre pétalos de rosa

no recanto íntimo do xardín?

¿Para quen soltas natural e coqueta

a túa rubia melena? ¡Cantas veces chorará

a túa perfidia e a súa mala fortuna

e contemplará con asombro por primeira vez

o mar encrespado polos negros ventos

o que agora confiado goza da túa rubia beleza,

o que sempre te espera atenta, sempre cariñosa,

e non  sabe da veleidade do vento!

¡Pobres aqueles ós que cega o teu encanto,

e non intimaron contigo! Polo que me toca,

as miñas ofrendas de agradecemento dan fe

de que eu xa dediquei a miña roupa de naufrago

ó poderoso deus do mar.

 

Oda II, 3

 


O destino inexorable do home atemperase cos placeres efímeros. Un xogo entre o desánimo e a afirmación. “Aurea mediocritas”, o punto medio entre o éxito e a miseria, o temor e a insolencia. Estructura en anel

Lémbrate de manter o ánimo sereo

no infortunio, na felicidade,

controlar a insolente ledicia, 

Delio, pois vas  morrer,

 xa vivas agoniado cada momento da túa vida ,

xa, deitado nun prado retirado  nos días

 felices, te comprazas saboreando

o máis delicado viño de Falerno.

¿Por que o alto pino e o chopo prateado gustan

trenzar sombra acolledora

coa súa ramaxe? ¿Por que  no río

sinuoso a auga fugaz  flúe rápida?

Ordena servir  viño e ungüentos

e deliciosas rosas de efímera frescura

mentres  o permitan os teus negocios, a túa idade

e os negros fíos  do Destino.

Deixarás os soutos que compraches e a casa

e a túa granxa,  que  rega o rubio Tiber;

deixaralos, e un herdeiro farase dono

das riquezas que ti acumulaches.

Xa foses fillo do mítico Inaco,

xa, coitado de familia pobre,

vivises ó sereo, nada importa,

nada, vítima do inmisericorde do Demo da Morte.

Todos acabamos no mesmo lugar, o gobelete

remove os dados,  máis tarde ou máis cedo

vai caer a sorte de todos

e só queda embarcar cara ó exilio eterno.

Anuncios