Roma foi a cidade máis importante do universo, capaz de construír un ámbito cultural en torno ó Mediterráneo de tal solidez que aínda hoxe sobrevive.
¿En que se sustentaba este poder? ¿Como está condicionado pola loita do pobo romano pola supervivencia?
Os romanos estaban convencidos de que os seus devanceiros estiveran dotados de extraordinarias calidades de tenacidade, de paciencia, de frugalidade, de capacidade para o traballo duro e dunha capacidade natural para non admitir xamais a derrota. Ningún romano en ningunha circunstancia se daría por vencido, segundo nos ilustra o historiador Polibio.
Cicerón consideraba que non era posible dar en ningunha parte cun pobo que posuíse en tan alto grao estas calidades, nas que Roma asenta a súa supremacía: unha verdadeira grandeza de alma, un carácter serio, calmo, estable, leal e digno de confianza, baseado na fides.
Debuxamos un cadro onde a grandes trazos se configura un pobo con gran capacidade se sufrimento, práctico e puritano, fondamente leal á familia, ó Estado e ós seus deuses (pietas). Este abano de valores constitúe a verdadeira forza da República, do que derivan outros valores ben estimados polos romanos: a virtus, bravura e coraxe no combate, a gravitas, conciencia das súas responsabilidades e disciplina nas emocións, simplicitas, disposición para prestar singular atención ás necesidades do momento.
Na súa estrutura primitiva o exército reflicte a organización do Estado romano. Cada soldado contribuía con armas e equipamento propio, polo que tiña que dispoñer de facenda para costealas. O pobre polo tanto non podía combater.
( Continúa lendo O EXERCITO ROMANO 2 pdf..)
Open publication – Free publishing – More culture
CAMPAMENTOS ROMANOS
Documento: Campamento romano (pdf)
Hai unha característica que define á lexión romana: a obsesión pola seguridade nos seus desprazamentos cando tiña que facer noite ou pasar un inverno. Esta precaución significaba un gran esforzo diario por parte dos homes encargados da fortificación e, ó mesmo tempo, unha inxección de auto estima porque esta teima lles facía sentirse superiores ós bárbaros.
Despois da reforma de Mario, a lexión romana seguía carecendo de bases permanentes, era un exército en mobilidade constante. Cando remataba unha sesión de operacións retirábanse ós cuarteis de inverno (hiberna).
Foi con Augusto cando o exército tomou un carácter permanente. As tropas empezaron a pasar períodos moi longos nas provincias, obrigadas pola intensa expansión territorial. Os antigos cuarteis de inverno convertéronse en bases estables, versións melloradas dos antigos campamentos en marcha. (Continúa….Campamento romano.)
Open publication – Free publishing – More culture
OUTROS MATERIAIS E RECURSOS
La legión romana. Documentales de la 2