AMOR EN LIBERDADE.

 

“Nunha sociedade onde os amores libres adquirían cada vez maior relevancia, e na cal a “cortesana” tendía a consolidar o seu reinado, as mulleres “honorables” non podían deixar de vingarse de algún modo.

 Sen dúbida, moitas delas continuaron practicando as virtudes ancestrais…. Pero algunhas preferiron conquistar a liberdade, e, xa que ás cortesanas se lles daba tanto aprecio, decidiron comportarse como elas. Naturalmente, moitas pasáronse da raia….

 A correspondencia de Cicerón abonda en perfis de mulleres desenfreadas e violentas que tenden a darnos a impresión dunha sociedade na que os antigos valores morais ían caendo en descrédito…

 A muller que amaba [Catulo] era o símbolo de toda unha xeneración de amantes atrapadas entre dous mundos. El deulle o nome de Lesbia (por Safo) pero chamábase Clodia, da antiga familia dos Claudii, chea de prexuízos aristocráticos e célebre polo orgullo e impetuosidade dos seus homes e mulleres.

 Catulo contaba vinte anos, ela trinta. “

PIERRE GRIMAL. El AMOR en la ROMA ANTIGUA. Páx 176-19

No cambio de actitude cara ós poetas e a poesía, é crucial o movemento neotérico da República tardía; polo menos, estes vangardistas pensan que lle senta ben a un romano da clase alta ser simplemente poeta.

Neotéricos (“modernos”, “epígonos”, “novísimos”) é o término que designa o que se coñece da nova poesía latina a partir de Catulo (84-54 a. C.?) e o grupo de poetas cos que se asocia, fortemente influidos polo grego Calímaco (300-240 a. C.).

Segundo sexa o momento, tómanse en consideración e procésanse aspectos diferentes da obra do lírico grego: nuns casos, o feito de cultivar xéneros diferentes, noutros, a preferencia por formas menores (poema breve e refinado) e o desprezo dos grandes xéneros e temas (épica, traxedia), a ruptura do automatismo  da identificación do metro cun tema concreto, trazo distintivo dos poetas gregos.

Catulo é o gran descubridor do individuo e os seus valores, o cal supón tamén, desde o punto de vista metaliterario da individualidade do poeta, o paso do poeta artesán, imitador, ó poeta artista co seu selo persoal.

Catulo amósanos como os neotéricos levan a cabo a fusión entre as dúas poesías gregas: imita a lírica de Safo, Anacreonte e, ó mesmo tempo, a dos alexandrinos Calímaco e Filodemo.

Os neotéricos son poetas de condición social elevada que non necesitan da literatura para subsistir, que se moven na esfera do otium e da literatura como divertimento. Non deixa de resultar paradóxico que o oficio de poeta snob e frívolo sexa máis considerado que nunca na Roma deste momento.

As condicións políticas e ideolóxicas de finais da República romana, cambiantes e contradictorias, reflíctense no individualismo e na poesía catuliana. O desprezo da épica supón o desprezo dos valores proclamados pola política do momento que se atopaban expresados na literatura oficial tradicional: o vir gravis (home de peso, con autoridade) da tradición vai dar paso ó vir lepidus (vividor, gracioso, agudo). A urbanitas (a elegancia, a finura, a gracia) e a amicitia (relacións sociais en liberdade) son os novos valores.

51: PAIXÓN ENFERMIZA

O afortunado que sentando diante túa

te mira e te escoita rir docemente

paréceme un deus,

se os deuses mo permiten, avantáxaos;

iso a min, coitado, prívame

dos sentidos; pois foi verte,

Lesbia, e quedarme

mudo,

a lingua paralízase, unha chama tenue

avivece polo meu corpo, cun chío agudo

tintinan os oídos, unha dobre noite

anubra os meus ollos.

O ocio, Catulo, non che senta,

co ocio excítaste e desacougas;

o ocio botou a perder antes reis e

cidades ricas.

5: VIVIR O AMOR SEN ATRANCOS

Gozemos, miña Lesbia, fagamos o amor,

as lerias dos vellos severos

que nos importen todas un can.

O sol de cada día pode morrer e renacer,

Pero nós teremos que durmir una noite perpetua

así que a breve luz se apague.

Dáme mil beixos, despois cen,

outros mil despois, de segundas cen,

despois outros mil máis, para rematar, cen.

Por fin, cando sumemos moitos miles,

enguedellarémolos para non saber,

ou para que ningún malvado poida envexarnos

se sabe que houbo tantos beixos.

70: PALABRAS NO VENTO

Con ninguén di a miña amada que querería casar

máis que comigo, aínda que o mesmo Xúpiter llo pida.

Iso di; pero o que unha muller di a un amante namorado

no vento e na auga rápida convén escribilo.

85: MARTIRIO

Odio e amo. Como o consigo, seguro que preguntas,

non o sei, pero sinto que é así e martirízame.

8: TODO ACABA: NON PERSIGAS O QUE FOXE

Pobre Catulo, déixate de parvadas,

e o que ves que se perdeu dáo por perdido.

Brillaron para ti unha vez días serenos,

cando pisabas por onde a túa moza te guiaba,

a quen amei como ningunha será amada,

había alí entón moito gozo

que ti desexabas e ela máis aínda.

Brillaron para ti días espléndidos.

Agora ela xa non te busca; ti, calamidade, tampouco.

Deixa de perseguir o que foxe, non vivas agoniado,

sufre obstinado, aguanta.

!Adeus, amiguiña! Catulo aguanta,

nin te buscará, nin namorará a quen non quere,

xa o sentirás cando non teñas quen te namore.

¡Perfida miserable! ¡Que vida te espera!

¿Quen che fara as beiras? ¿A quen lle parecerás bonita?

¿A quen lle farás o amor agora? ¿De quen se dirá que es?

¿A quen bicarás? ¿ A quen lle comerás a boca?

Pero ti, Catulo, aguanta decidido.

11: RUPTURA FINAL: DESPREZO TOTAL

Furio e Aurelio, compañeiros de Catulo,

xa chegue ata afastada India, onde a costa

é batida polo mar oriental,

que resoa ó lonxe,

ou ata os Hircanos ou os moles árabes

xa ata Sagas ou os saeteiros partos

xa ata as chairas que tingue o Nilo

de sete bocas,

xa cruce os altos Alpes

visitando os triunfos do gran César,

o Rin gálico, os horribles e

afastados britanos,

dispostos a intentar todo isto,

e calquera outra cousa que ofreza a vontade dos deuses,

contádelle á miña amiga

os meus poucos e nada bos desexos:

que viva e lle vaia ben cos seus clientes,

os que domina abrazando a trescentos á vez,

sen amar a ningún de verdade, destripándoos

a todos eles a un tempo,

que non procure como antes o meu amor

que morreu por culpa dela como a flor

do lindeiro dun prado despois de ferida

polo arado que o suca.

UN EXERCICIO DE LÉXICO: COMO AMAR. LEXICO AMARE -AMOR pdf

LECTURAS: CATULO: AMORES QUE MATAN pdf

LER TAMÉN: TRES POEMAS PARA ENTENDER A CATULO pdf

Anuncios

MAIO E O XARDÍN DE EROS

MAIO NO XARDÍN

 

DES-MAIO EFÍMERO

EN VERSOS

“Baño, viño e Venus desgastan o corpo, pero son a verdadeira vida”. Proverbio latino

rosal1

Tu ne quaesieris (scire nefas) quem mihi, quem tibi
finem di dederint, Leuconoe, nec Babylonios
temptaris numeros. Vt melius quicquid erit pati!
Seu pluris hiemes seu tribuit Iuppiter ultimam,
quae nunc oppositis debilitat pumicibus mare               5
Tyrrhenum, sapias, uina liques et spatio breui
spem longam reseces. Dum loquimur, fugerit inuida
aetas: carpe diem, quam minimum credula postero.

Horacio, Odas, I, 16

[Que non se che ocurra averiguar, sabelo é ilícito, que final/a ti, Leucónoe, e a min os deuses nos teñen reservado, nin  ouses/consultar os adiviños babilonios. ¡Mellor será facer fronte ó que veña!/Xa nos regale Xúpiter moitos invernos, xa sexa este o último/que o mar Tirreno agora creba contra as rochas nas que  bate,/ ten xuízo, filtra o viño e  axusta a un tempo corto/ unha longa esperanza. Mentres falamos, o tempo cruel/voa: machúcate de gusto, non esperes a mañá.]

stibadia1


Festo quid potius die
Neptuni faciam? Prome reconditum,
Lyde, strenua Caecubum
munitaeque adhibe uim sapientiae.
Inclinare meridiem               5
sentis ac, ueluti stet uolucris dies,
parcis deripere horreo
cessantem Bibuli consulis amphoram?
Nos cantabimus inuicem
Neptunum et uiridis Nereidum comas,               10
tu curua recines lyra
Latonam et celeris spicula Cynthiae;
summo carmine, quae Cnidon
fulgentisque tenet Cycladas et Paphum
iunctis uisit oloribus,
dicetur; merita Nox quoque nenia.

HoracioOdas, III, 28

[¿Que cousa mellor podo facer no día/ da festa de Neptuno? Saca dilixente/ o Cécubo  de reserva, Lide,/ e ataca a fortaleza da túa cordura./ ¿Ves que o sol de mediodía declina e, como se o tempo que voa se detivese,/ti dubidas se traer da bodega/ a ánfora da colleita do ano do cónsul Bíbulo?/ Eu cantarei primeiro/ a Neptuno e os verdes cabelos das Nereidas,/ti, despois, seguirás coa curvada lira o canto/ a Latona e as frechas veloces de Cintia;/cunha última canción será honrada/ a que protexe as luminosas Cícladas e visita/ Pafos sobre os seus axugados cisnes;/a Noite seráo tamén  cunha merecida serenata]

Collige, virgo, rosas dum flos novus et nova pubes et memor esto aevum sic properare tuum.

Decimus Magnus AusoniusEpigrammata: «Rosae» 2, 49

[Apaña, nena, as rosas mentres a flor está fresca e ti chea de vida, e lembra que así se esfuma o teu tempo]


¡Que se nos va la Pascua, mozas,
que se nos va la Pascua!

Mozuelas las de mi barrio,
loquillas y confiadas,
mirad no os engañe el tiempo,
la edad y la confianza.
No os dejéis lisonjear
de la juventud lozana,
porque de caducas flores
teje el tiempo sus guirnaldas.
¡Que se nos va la Pascua, mozas,
que se nos va la Pascua!

……….

Luis de Góngora

FUGIT-TEMPUS2


Niña, arranca las rosas, no esperes a mañana.

Córtalas a destajo, desaforadamente,
sin pararte a pensar si son malas o buenas.
Que no quede ni una. Púlele los rosales
que encuentres a tu paso y deja las espinas
para tus compañeras de colegio. Disfruta
de la luz y del oro mientras puedas y rinde
tu belleza a ese dios rechoncho y melancólico
que va por los jardines instilando veneno.
Goza labios y lengua, machácate de gusto
con quien se deje y no permitas que el otoño
te pille con la piel reseca y sin un hombre
(por lo menos) comiéndote las hechuras del alma.
Y que la negra muerte te quite lo bailado.

Luis Alberto de Cuenca


rosal2

Collige, virgo, rosas

Estás ya con quien quieres. Ríete y goza. Ama.
Y enciéndete en la noche que ahora empieza,
y entre tantos amigos (y conmigo)
abre los grandes ojos a la vida
con la avidez preciosa de tus años.
La noche, larga, ha de acabar al alba,
y vendrán escuadrones de espías con la luz,
se borrarán los astros, y también el recuerdo,
y la alegría acabará en su nada.

Más, aunque así suceda, enciéndete en la noche,
pues detrás del olvido puede que ella renazca,
y la recobres pura, y aumentada en belleza,
si en ella, por azar, que ya será elección,
sellas la vida en lo mejor que tuvo,
cuando la noche humana se acabe ya del todo,
y venga esa otra luz, rencorosa y extraña,
que antes que tú conozcas, yo ya habré conocido.

Francisco BrinesEl otoño de las rosas. “Por fuertes y fronteras”  1996

ÁRBORE DE MAIO, ÁRBORE DA VIDA

arboredemaio


“Vexetación, amor e festas, os tres elementos únense e confúndense, os tres compleméntanse, e os vexetais pasan a ser símbolos amorosos e os amores pasan a ser símbolos do esplendor vexetal.”

Julio Caro Baroja

 

Maio en Laza (Ourense). Fot. José M. Otero

É costume o último día de abril ou o primeiro de maio en moitos lugares de España e tamén en gran parte de Europa erguer na praza da vila unha árbore, ben adornada,  chamada maio.

A crenza da influencia dunha determinada árbore, do espírito arbóreo, sobre o home ou os animais domésticos, as colleitas, a vida cotiá é común a toda Europa, pero esta influencia atribúeselle especialmente á árbore de maio, e as figuracións que teñen que ver con el, aínda que non en todas partes se celebren o primeiro de maio senón ao longo de toda a primavera. Esta similitude fainos pensar que algunhas festas que os antigos gregos e romanos celebraban durante a primavera son en moitos aspectos as mesmas que aínda hoxe seguen tendo vitalidade, desfiguradas por un proceso claro de cristianización.

Exemplos estudados por Mannhardt e Frazer, permiten pensar que un espírito, da vexetación  ou propio da primavera, se  concibe baixo tres formas:

1. Forma humana: rapaza, rapaz, moneco.

2. Formal vexetal : árbore, ramallo, flor

3. Forma humana combinada con vexetal: árbore, ramallo, flor + moneco ou persoa

Árbore de maio na praza do Concello de Laza. Fot. José M. Otero

Parece evidente que as festas de Attis, tal como se celebraban no imperio romano, tiñan semellanza coas que se celebran o primeiro de maio. A procesión coa árbore adornada de fitas de cores ten que ver coa procesión dos adoradores frixios, aínda que esta se celebrase no equinocio da primavera, data que coincide coa a que certos grupos cristiás pensaban que morrera Cristo e na que os devotos de Attis afirmaban que este morría e resucitaba. O mesmo día do equinocio tallábase un piñeiro que se conducía ao templo de Cíbel; era o rito do “arbor intrat”.  Un rito semellante pódese apreciar na procesión do Eirésionè, aínda que esta era un ritual da colleita.

Algún estudioso, como Leopold von Schroeder, pensa que a condución e colocación da árbore de maio, ao que se considera fertilizante, é no vello ritual indoeuropeo, entre as festas da vida, nas que se honraba o sol e a auga, un dos rituais máis típicos. Do mesmo xeito que as bodas de maios e maias corresponderían a este vello ritual das festas da vida renacida.

Eva e Adán en Laza. Maia moza, Adán vello, antítese vital. Fot. José M. Otero

Sería unha tentación ligar os matrimonios dos maios co matrimonio da raíña de Atenas con Dionisos, pero estas representacións abundan ao longo de Europa e tamén noutros continentes. É probable que os rituais antigos de matrimonio e todos os de carácter folklórico se deriven dun culto primitivo que consistía na representación do matrimonio das divindades ou númemes da vexetación.

POEMA LXIII de CATULO

PARA SABER MÁIS: PICAR EN CADA UN DOS ARTÍCULOS QUE SEGUEN:

1. As festas de Attis e Cibele en Roma

2. MAIO en LAZA

3.TRAZOS DE TEATRALIDADE NA FESTA DA SANTA CRUZ EN LAZA

4. UNHA LECTURA SIMBÓLICA