HUMOR NAS METAMORFOSIS DE OVIDIO

250 mitos e lendas en 11.991 versos;
175 cambios de forma,
54 en animais,
27 en pedras

“As Metamorfosis convértense en herdeiras, compendio e climax da producción literaria de Ovidio. Herdeiras porque moito do seu contido, mitos e lendas, xa se trataba en Amores, Ars Amandi e Heroidas; compendio porque funde o que lle suministra a tradición elexíaca, lírica, tráxica, epistolar, as “declamationes”, o pantomimo e especialmente o alexandrinismo; e climax porque pretende que sexa a súa obra máis perfecta”.

Rosa María Iglesias e María Consuelo ÁlvarezLas “Metamorfosis”,  en Historia de la Literatura Latina, de Carmen Codoñer (ed.)

As Metamorfosis son un catálogo universal das tradicións míticas  no  que se conxuga poesía e hitoriografía universal, pero non aleatorio, desordenado e caótico, senón articulado  de forma unitaria: a metamorfose final de cada episodio,  é o fío guía da unidade externa; a articulación xenealóxica e cronolóxica, o da unidade temática; a variedade dos versos hexamétricos perfectos e elevados, o que dá unidade poética.

Se ben as metamorfoses son un tema recorrente, tamén o son  o amor e a cólera divinos. O amor é tema dominante en toda obra ovidiana. O amor entre deuses e mortais (Apolo e Dafne) é o máis frecuente, pero tamén o amor entre deuses (Venus e Marte), e o amor entre mortais (Orfeo e Eurídice). A cólera dos deuses e os celos non poden quedar á marxe nun escenario tan pasional.

Xuntamente con estes temas aparece un autenticamente romano, a pietas,  fronte a impietas, a pietas cos deuses (Filemón e Baucis), a pietas de amor (Pïramo e Tisbe).   Esta pietas de amor, tratatada por Ovidio dun xeito totalmente orixinal, tanto que non ten nada que ver co tratamento que dela fixeran os que o precederon,  vai creando unha sensación de continuidade mesmo entre episodios que non teñen nada que ver entre eles.

 

Apolo e Dafne. Fot. RMN

 

Deslumbrado pola lectura dos primeiros versos, o lector espera un argumento serio e unha acción única, unha épica na que as accións teñan unhas cosencuencias, un poema moral, nunha palabra. Pero pronto se sente víctima dun engano, que non deixa de ser un artificio literario, porque a acción do poema non e única nin seria, senón un conxunto de historias ligadas con artificio e narradas subxectivamente, con enxeño, humor e sentido do grotesco, da burla.

As  accións non derivan en consecuencias, senón en fantásticas metamorfoses. Polo tanto o que teriamos entre mans sería unha colección de historias míticas inspirada en Calímaco, ¿unha colección de mitos gloriosamente amoral baixo a careta da épica? ¿Un insulto irreverente á épica tradicional de Virxilo e ó material que remodela Virxilio? ¿Un insulto a Eneida e ó que significa ideoloxicamente? ¿Unha irreverencia contra Augusto?

Piramo e Tisbe

Probablemente non, nin insulto a tradición nin irreverencia ó emperador; mirémolo desde outra perspectiva máis positiva: Ovidio é un poeta divertido, a súa amoralidade ou inmoralidade está ó servizo do humor, a parodia atrae a risa cara a propia parodia e non cara ó obxecto perodiado. Ovidio é o poeta que mellor representa a concepción da arte pola arte, venera a técnica por enriba doutros recursos. A amoralide, neste marco, resulta indispensable para unha creación artística autosuficiente.

É o poeta augústeo por excelencia, en canto que a lexislación de Augusto ía dirixida contra o espírito que Ovidio representaba e que era o espírito socialmente prevalente: amante  dos praceres, sofisticado, cínico. É quen mellor entende a sociedade na que está vivindo, pouco proclive xa ás vellas tradicións romanas, e ben sabe que lexislar en contra dos gustos e tendencias da maioría é labor perdido.

LECTURAS:

 

Orfeo e Eurídice. Fot. RMN

 

APOLO E DAFNE (pdf)

ORFEO E EURIDICE (pdf)

PIRAMO E TISBE. Texto (pdf)

Anuncios