O MITO E A MAXIA DOS INICIOS.

PARA ENTENDER

A ORIXE DAS COUSAS

E A MAXIA DOS INICIOS.

Dificilmente  se pode concibir un ser humano que non sinta a fascinación do “relato”, da narración de acontecementos significativos, do que lles pasou a homes provistos da “doble realidade” das personaxes literarias, que reflicten a realidade histórica e psicolóxica dos membros da sociedade moderna e dispoñen do poder máxico da creación literaria. (….) Mentres subsista o desexo de trascender o tempo propio e mergullarse nun tempo “extranxeiro”, extático ou imaxinario, pode dicirse que o home moderno conserva aínda certos residuos dun “comportamento mitolóxico”.

(MIRCEA ELIADE, Mito e Realidade)

“Se consideramos o mito no que ten de vivo, non se trata dunha explicación destinada a satisfacer unha curiosidade científica, senón un relato que fai revivir unha realidade orixinal e que responde a unha  moi fonda necesidade relixiosa, a aspiracións morais, a coaccións e imperativos de orde social, e mesmo a esixencias prácticas.

Nas civilizacións primitivas o mito desempeña unha función indispensable: expresa, realza e codifica crenzas; salvargarda e impón os principios morais; garante a eficacia das cerimonias rituais  e ofrece regras prácticas para o uso do home.

O mito é , entón, un elemento esencial da civilización humana; lonxe de ser unha fábula, é, polo contrario, unha realidade vivinte á que non é posible deixar de  recorrer, non é de ningún xeito unha teoría abstracta  ou un desfile de imaxes, senón unha verdadeira codificación da relixión primitiva e da sabiduría práctica. (….)

A castración de Urano por Saturno

Todos estes relatos son para os indíxenas a expresión dunha realidade orixinal, maior e moito máis chea de sentido que a actual, e que determina a vida inmediata, as actividades  e os destinos da humanidade. O coñecemento que o home ten desta realidade revélalle o sentido dos ritos e dos preceptos de orde moral, ó mesmo tempo que a maneira de cumprilos.”

(B. MALINOWSKI, Myth in Primitive Psycology (1926; reproducido no volume Magic, Science and Relixion, Nova Iorque, 1955, pp. 101-103)

“Nos primeiros tempos, os inmortais que habitan as mansións olímpicas, crearon unha dourada estirpe de homes mortais. Viviron aqueles na época en que Cronos reinaba no ceo. Vivían como deuses, co corazón libre de preocupacións, sin fatigas nin miserias; nunca lles chegaba a vellez desprezable, senón que, sempre con igual axilidade nas pernas e brazos, se recreaban con festas, alleos a calquera tipo de males. Morrían como mergullados nun sono; eran ricos en alegrías; o campo fértil producía espontaneamente fermosos e abundantes froitos. Eles, contentos e tranquilos, alternaban faenas e deleites. Eran ricos en rebaños e entrañables ós deuses benaventurados.”

HESIODO, Traballos e Días, vv. 109-126

Anuncios