AMOR CONTRARIADO

piramo y tisbe blog
tisbe-1

Píramo e Tisbe, moi bo mozo el, ela a rapaza máis fermosa de todas as de Oriente, vivían en casas veciñas onde contan que Semíramis cinguiu con muros de adobe a prominente cidade. A veciñanza fixo que se coñecesen e se achegasen entre eles, o amor creceu co tempo. A eles gustaríalles xuntarse por lei pero prohibíronllo os país; non puideron apagar o lume que ardía por igual nos dous corazóns cativos. Non teñen ningún confidente; falan por acenos e sinais, e canto máis se oculta máis arde o lume.

Había una fenda na parede medianeira das dúas casas, que era un defecto de construción; este defecto, pese ós moitos anos, pasara desapercibido a todos, (¡que non descubre o amor!): “vístela vós primeiro, amantes, e fixéstela camiño da vosa palabra e así, cada día, cruzaban seguros os vosos cariños nun tenue murmurio”. 

Moitas veces, cando, dunha e outra parte da parede, cada un deles percibira o alento dos seus labios, dicían: “Parede envexosa ¿por que te convertes nun obstáculo para os que aman? ¿Que che custaba permitirnos unir intimamente os nosos corpos, ou, se iso é moito, ofrecer una abertura para os nosos beixos? Pero non son ingrato, confeso que che debo que foses camiño das miñas palabras ata os oídos tan amados”. Seguir lendo

piramo y tisbe

Anuncios