VENUS, PRACER DE HOMES E DEUSES

pracerdehomesedeuses

citerea 

O crudo inverno esmorece coa agradable chegada da primavera e a brisa do oeste.

Xa a Venus de Cerigo rexe o concerto de danzas á luz da lúa e as Gracias coas Ninfas

bailan cadenciosas. É a hora de  coroar a cabeza de mirto e flores.

A pálida morte pisa co mesmo pé as chozas dos pobres e os palacios dos ricos.

A cisma da vida breve néganos toda esperanza.

(Adaptación de Horacio, Odas, 1,4 )

Pracer de homes e deuses, propicia Venus: debaixo da bóveda do ceo

multiplicas os peixes do mar e fecundas as terras frutíferas; grazas a ti

todo animal é concibido.  Cando ti chegas, foxen os nubrados, dáche

suaves flores a terra, as chairas do mar contigo rin, e brilla con luz

intensa o claro ceo.

Na hora que a galante primavera descobre o seu rostro e o Favonio

desatado robustece o seu fecundo alento, as lixeiras aves cantan

a túa benvida, deusa, porque co amor traspasaches os seus peitos:

polos alegres prados retozan os gandos ardentes, prendidos do feitizo

das túas grazas morren todos os seres por seguirte

 a onde queres guialos, deusa.

Nos mares e nas serras, nos bosques frondosos das aves,

no medio dos ríos desbordados e dos campos que verdecen,

enchendo os seus peitos de brando amor,

fas que as especies se propaguen.  Soberana da natureza,

non hai sen ti contento nin beleza.

LUCRECIO, Da natureza das cousas. 1, 1 e ss.

DOCUMENTO EN PDF

LECTURAS PARA DÍAS MORNOS

Anuncios