A MORADA DAS NINFAS

bañosbandeninfas12

A xeografía da Gallaecia romana aparece salpicada  por un considerable número de instalacións balnearias en lugares coa denominación toponímica Aquae (Baños ou Caldas), o que significa que se quere poñer en valor o carácter termal destas áreas: Aquae Celenae (Caldas de Reis), Aquae Quintiae (Baños  de Guntín), Aquae Flaviae (Chaves), Aquae Oreginis (Baños do Río Caldo-Lobios), Aquae Querquennae (Baños de Bande), Aquis Salientibus (Baños de Molgas)….

Na época prerromana serían lugares de culto a divindades da auga e consecuentemente espazos máxicos de protección divina propicios, por iso mesmo, para ser usados como baños terapéuticos….

Aquae Querquennae é un dos balnearios da Hispania romana que polas súas peculiaridades ten unha importacia arqueolóxica decisiva: é unha mansio na Via XVIII, entre Bracara e Astúrica e, ó propio tempo, un asentamento militar da Cohors I Gallica equitata civium romanorum.

O seu topónimo lígaa con outros de orixe termal, “cidades de auga” na terminoloxía arqueolóxica, aínda que sen a mesma importancia, como agrupamento urbano, que Chaves ou Ourense.

Probablemente o continxente militar se establecese aquí atraído polas avantaxes estratéxicas do enclave, adornadas coa posibilidade de converter o complexo termal nun balineum de tipo xeral, unha vez adaptado arquitectonicamente polos enxeñeiros militares romanos. As actividades militares estarían relacionadas coa hixiene persoal, os exercicios físicos e, sen dúbida, o uso terapéutico.

Para ler o post completo pica en calquera das ligazóns que seguen:

O PRACER DUN BAÑO QUENTE

Anuncios