PERFIDIA

Nas Odas o pensamento de Horacio, a súa melancolía, o seu sentido epicúreo da vida, a súa incredulidade e desconfianza, a renuncia ás grandes ambicións son obxecto da súa contemplación artística; os principios da aurea mediocritas, de se contentar con pouco, de reter o momento que foxe, de esperar sempre a morte transfórmanse en efusións dunha experiencia interior.

Igual que o amor, a amizade, os himnos, os banquetes, a natureza, tamén as reflexións filosóficas (o tempo, a morte, o destino do home e a súa posición no mundo, a sabiduría)  vitais e políticas forman parte dos temas la lírica horaciana.

HORACIO, Odas, I, 5

Mensaxe típica horaciana:

o amor é unha ocupación efémera, que se esvae como o fume, na que debemos estar sempre en garda e desconfiados, posto que pode resultar dolorosa.

Que delicado efebo  perfumado con esencia

de pétalos de rosa te abraza,  Pirra,

no recanto íntimo do xardín?

Para quen avías natural e coqueta

a túa rubia melena?  Cantas veces chorará

a túa perfidia e a súa mala fortuna,

e contemplará con asombro por primeira vez

o mar encrespado polos negros ventos

o que agora confiado goza da túa dourada beleza,

o que sempre te espera atenta, sempre tenra

e non  sabe da veleidade do vento!

Pobres aqueles ós que cega o teu encanto,

e non intimaron contigo! Eu ben o sei,

as miñas ofrendas de agradecemento dan fe

de que xa dediquei a miña roupa de náufrago

ó poderoso deus do mar.

Trad. José M. Otero

Anuncios