NON DEIXES DE GOZAR CADA DÍA

Non houbo poeta que mellor coñecese o prezo da felicidade que Horacio, e ben sabía el  que non está na man de calquera conseguila, porque só é accesible a unha minoría. A vida louca da urbe só lle produce desprezo a quen busca nunha pequena casa de campo da Sabina a tranquila felicidade e a resposta irrenunciable á necesidade de gozar cada día que pasa como se fose o último. Unha fórmula que non sempre foi ben comprendida; houbo quen chegou a pensar que o obxectivo vital do poeta eran os praceres vulgares da existencia. Pero esta determinación nace como resultado dunha fonda reflexión moral sobre unha sociedade que vive en constante axitación desde que el era neno: fronte ós incentivos da ambición e o heroísmo prefire  a paz e a liberdade de espírito e de corazón as cales, aliadas coa amizade, resultan indispensables para o pracer, que Horacio descobre  na creación poética. 

“O ánimo  orientado ó presente evite a inquedanza polo futuro e atempere os pesares con sorrisos.”

Ves como loce branco o Soracte con neve

na cima e como os frondosos xardíns     

perden a exuberancia e os ríos    

cristalizan xeados.

Espanta o frío botando  leña  no lume     

dabondo e  saca,  Taliarco,

amablemente  da cántara sabina     

o viño de catro anos.

Deixa o resto nas mans dos deuses, que a  un tempo

acalmaron os ventos embravecidos no mar 

tormentoso, e xa non bambean  

os cipreses nin  os vellos ulmeiros

Deixa de preguntar que vai pasar mañá, 

e calquera día que a fortuna che regale cóntao

 como ganancia; non despreces, 

 rapaz, os doces amores nin o baile     

mentres  as morosas canas  quedan lonxe

do ardor xuvenil. Agora procura o ximnasio, 

as prazas e os suaves suspiros 

da noite na hora convida, 

agora   tamén   as agradables risiñas  

delatoras  da moza que se agacha no íntimo recanto

e  a prenda de amor arrebatada dos seus brazos

 ou do dedo maliciosamente picarón.

HORACIO, Odas, I, 9

                                                                                                                Trad. José M. Otero

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s