DOCES AGOIROS

DSC_0227

– E digo eu, por que che ofrezo primeiro a tiXano, incenso e viño cando estou a acalmar as almas dos nosos mortos? 

-Para que poidas,  grazas a  min, que gardo as entradas, ter acceso a todos os deuses que queiras. -Responde-.

-E por que se fan cumpridos nas túas kalendas e expresamos e escoitamos bos desexos?

Entón o deus, apoiado no caxato, que levaba na dereita, dime:

-Os bos agoiros agóchanse nos inicios. Con oídos agoirentos escoitades a primeira palabra e interpreta favorable o augur o vo da primeira ave que ve. O ceo e os deuses escoitan propicios. Ninguén expresa desexos vans, e o dito dito queda.

Apenas rematara a charla Xano, eu non pasei moito tempo calado; pisei coas miñas palabras as últimas súas, e pregunteille:

-Que significa o dátil e o figo paso, e o mel brillante que flúe no branco panal?

 -Sonche cousas dos agoiros: que o sabor doce acompañe a nosa labor e  o ano tempere o camiño comezado. –Dime el-

-Entendo por que se ofrecen doces, pero explícame  o sentido do aguinaldo para que nada se me perda da túa festa.

Riu e dixo:

-Canto te engana o teu tempo a ti que pensas que o mel é máis doce que o aguinaldo recibido! Eu non coñecín a ninguén nos tempos de Saturno que non pensase que as riquezas non fosen doces.

                                                                            OVIDIO, Fastos, I, 170 ss.

(Tradución de José M. Otero)

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s