O EXÉRCITO ROMANO, A FORZA DA UNIÓN


Roma foi a cidade máis importante do universo, capaz de construír un ámbito cultural en torno ó Mediterráneo de tal solidez que aínda hoxe sobrevive.

¿En que se sustentaba este poder? ¿Como está condicionado pola loita do pobo romano pola supervivencia?

Os romanos estaban convencidos de que os seus devanceiros estiveran dotados de extraordinarias calidades de tenacidade, de paciencia, de frugalidade, de capacidade para o traballo duro e dunha capacidade natural para non admitir xamais a derrota. Ningún romano en ningunha circunstancia se daría por vencido, segundo nos ilustra  o historiador Polibio.

Fonte Google

Cicerón consideraba que non era posible dar en ningunha parte cun pobo que posuíse en tan alto grao estas calidades, nas que Roma asenta a súa supremacía: unha verdadeira grandeza de alma, un carácter serio, calmo, estable, leal e digno de confianza,  baseado na fides.

Debuxamos un cadro onde  a grandes trazos se configura un pobo con gran capacidade se sufrimento, práctico e puritano, fondamente leal á familia, ó Estado e ós seus deuses (pietas). Este abano de valores  constitúe  a verdadeira forza da República, do que derivan outros valores ben estimados polos romanos: a virtus, bravura e coraxe no combate,  a gravitas, conciencia das súas responsabilidades e disciplina nas emocións, simplicitas, disposición para  prestar singular atención ás necesidades do momento.

Na súa estrutura primitiva o exército reflicte a organización do Estado romano. Cada soldado contribuía con armas e equipamento propio, polo que tiña que dispoñer de facenda para costealas. O pobre polo tanto non podía combater.

( Continúa lendo O EXERCITO ROMANO 2 pdf..)


CAMPAMENTOS ROMANOS

Documento: Campamento romano (pdf)


Hai unha característica que define á lexión romana: a obsesión pola seguridade nos seus desprazamentos cando tiña que facer noite ou pasar un inverno. Esta precaución significaba un gran esforzo diario por parte dos homes encargados da fortificación  e,  ó mesmo tempo, unha inxección de auto estima porque esta teima lles facía sentirse superiores ós bárbaros.

Despois da reforma de Mario, a lexión romana seguía carecendo de bases permanentes, era un exército en mobilidade constante. Cando remataba unha sesión de operacións retirábanse ós cuarteis de inverno (hiberna).

Foi con Augusto cando o exército tomou un carácter permanente. As tropas empezaron a pasar períodos moi longos  nas provincias, obrigadas pola intensa expansión territorial. Os antigos  cuarteis de inverno convertéronse en bases estables, versións melloradas dos antigos campamentos en marcha. (Continúa….Campamento romano.)

APRENDER E XOGAR


La legión romana. Documentales de la 2

Si aestate vis pacem …. viaxa

POLA GALLAECIA ROMANA: o campamento romano de Aquae Querquennae

Porto Quintela (Bande)

O campamento militar de Aquae Querquennae controlaba o río Limia e os seus arredores, e velaba pola seguridade da vía XVIII do Itinerario de Antonino (Vía Nova).

Os inxeñeiros militares romanos elixían un lugar elevado con boas vistas para evitar sorpresas. Preto dun río , neste caso o Limia, e tamén dunha fonte, e mellor que mellor se había augas termais. O acceso debía ser seguro e fácil e non podían faltar prados para os cabalos. Cubertas estas condicións , o xeneral fixaba o lugar do pretorio, desde o que debía ter unha visión e control completos de todo o establecemento.

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=5784315&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1

CAMPAMENTO ROMANO DE AQUAE QUERQUENNAE from otero on Vimeo.

VIAXE VIRTUAL POR UN CAMPAMENTO ROMANO

(If the virtual tour doesn’t play, you may need to download a free VRML plug-in (eg Cortona). BBC WebWise has a step-by-step guide to help you.)


Si aestate vis pacem…viaxa. O campamento romano de Aquae  Querquennis por José M. Otero está baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España License

Creative Commons License


Visualizar o mapa ampliado

Visións do castro de Baroña


http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=5678391&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1

VISIÓNS DE BAROÑA from otero on Vimeo.

Á medida que baixamos polo camiño de acceso e nos achegamos ó asentamento temos xa a oportunidade de ter unha visión panorámica do castro. Xa no ó istmo sorpréndenos un foxo escavado na rocha, seguido dunha primeira muralla, o que orixinariamente podería chamarse antecastro. Por medio dun curto tramo de escadas  acadamos unha primeira plataforma con vivendas, desde a que, grazas a escaleira máis monumental de toda a Cultura Castrexa, acadamos a segunda plataforma igualmente repleta de vivendas.  Se bordeamos os cantís a pé por un estreito carreiro entraremos na terceiraplataforma, máis elevada das zonas do castro, cunha altura que chega ós 25 m. de caída libre sobre o mar.

Aínda que o Padre Sarmiento nos deixa unha primeira referencia literaria, Sebastián González García Paz, José María Luengo Martínez e Francisco Calo Lourido teñen o mérito dunhas excavacións cuidadosamente feitas. Se ben non é posible deducir con certeza unha ocupación habitacional en torno ós século IV e III a. C. sabemos seguro  que houbo actividade durante o s. I a. C. e que a súa vida rematou polas fins do s. I d. C.

Habitaron este espazo costeiro os praestamarci, espallados por todo o Barbanza, vivirían da pesca, como indican os cuncheiros, e tamén da gandería, máis que dos traballos agrícolas, e posiblemente do comercio, a xulgar pola gran cantidade de fragmentos de ánforas romanas vinarias. Nunha das últimas campañas, foi atopada unha arracada de ouro, a primeira que apareceu en proceso de escavación en toda a Cultura Castrexa, estando perfectamente datada no cambio de Era.

(Notas tomadas da Guía de castros de Galicia. Ed. Xunta de Galicia.)


Creative Commons License

Visións de Baroña de José M. Otero está baixo a licenza de Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0

GUÍA DE CASTROS DE GALICIA:

Visualizar o mapa ampliado

O campamento romano de Aquae Querquennae. Seguridade para a Via Nova

(Advertencia: A ventá do video tarda 30” en abrir)

PARA VER EN PANTALLA DE FORMATO MAIOR PICA AQUÍ

 

Ver mapa más grande

Creative Commons License
O Campamento romano de Aquae Querquennae. Seguridade para a Via Nova by José M. Otero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at www.edu.xunta.es.