SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

O lume devastador purifícao todo e, ó quentalos, quítalles a ferruxe ós metais, por iso purifica o caporal e as ovellas. ¿Ou é porque a auga e o lume, dous deuses discordantes, sendo a orixe contradictoria de todas as cousas, os nosos pais xuntaron eses elementos e consideraron apropiado someter o corpo ó lume e salpicarse con auga? ¿Ou é porque neles está a orixe da vida? Outros supoñen que simboliza a Faetón e o diluvio universal de Deucalión. Outros lembran que, cando os pastores chascaban unha pedra con outra, saltou unha chispa, a primeira perdeuse, pero a segunda prendeu nunhas pallas. ¿Ou é máis verdadeiro o feito de que, cando a fundación de Roma, recibiron orde de trasladar os Lares ás novas casas, e, ó mudar de fogar, prendéron lume ás chozas que abandonaban, e que eles, colonos e gando, saltaron entre as lapas. Que é o que se fai ainda, Roma, no día da túa fundación.

Ovidio, Fastos, IV, 785-807

Os solsticios son inicios de ciclos da natureza, un punto crítico na carreira da luminaria principal da bóveda celeste. A cultura grecolatina recurría a unha expresión de contido simbólico para subliñar esta circunstancia: “as portas solsticiais”, a porta, umbral, pero tránsito, paso entre luz e tebras, vida e morte, ignorancia e sabiduría, culpa e salvación. Momento de ansiedade para os homes dos primeiros tempos, cando non eran conscientes da súa impotencia ante os cambios dos ciclos naturais e consideraban que podían axudar ó sol, como se fose unha fogueira xa en brasas, cando daba síntomas de desfalecer.

Se ben o solsticio de inverno dá paso ó ciclo luminoso, o de verán abre o período de escurecemento, do acortamento progresivo da luz do día; unha inversión dos valores atribuídos a cada estación, non hai nada unívoco no universo simbólico. Agora entenderemos por que o cristianismo fai coincidir o nacemento de Cristo (“Eu son a porta”, di Xesús, Xn. 10, 9), o sol que ilumina a humanidade, co solsticio de inverno, mentres que o solsticio de verán esta marcado pola festividade de San Xoán Bautista, que sustitúe as celebracións paganas, porque este era para os cristianos o precursor, o mensaxeiro da redención, da salvación inminente, da vida.

Hogueras22

Nun libro de mitoloxía do século XIX, falando de fogueiras e lume sagrado, relaciónanse os rituais de San Xoán cos das festas de Pales:

“ Isto (o lume) usábase moito na antiga Roma nas festividades de Pales, deusa dos pastores, que se celebraban o primeiro de maio e chamábanse Palilia. Nesta festividade os pastores facían fogueiras de palla ou de feno, e brincaban por enriba delas, e con esta cerimonia crían que quedaban limpos e absoltos de culpa, como o dixo Marco Varrón….”

Pales dicebatur dea pastorum, cuius festa Palilia dicebantur; vel ut alii volunt, dicta Parilia quod pro partu pecoris eidem sacra fiebant” P.F. 248, 17

[ a deusa dos pastores chamábase Pales, e as festas a ela dedicadas Palilia; ou como queren outros Parilia por ser un ritual sagrado na súa honra polo bo parto do gando]

Todo lo purga el fuego, y su viveza /al metal le acrisola su maleza./ Luego por las hogueras encendidas/de paja gritadora des el salto/ con pie ligero, y piernas extendidas.

Ovidio (Fastos, IV, 727 ss.) invoca á deusa Pales, para que o inspire na creación do poema, argumentando que vai cantar ritos pastorís nos que ten experiencia persoal:

Alma Pales, faveas pastoria sacra canenti,/ prosequor officio si tua festa meo./certe ego de vitulo cinerem/ stipulasque fabales/ saepe tuli plena, februa tosta, manu; /certe ego transilui positas ter in ordine flammas, /udaque roratas laurea misit aquas.

[Alma Pales, axuda a quen canta os rituais dos pastores,/ se describo a túa festa coa miña arte./ Certo, eu levei moitas veces nas palmas das mans a cinza do vitelo/ e os talos de fabas, restos aínda quentes do sacrificio ./ Certo, eu brinquei tres veces sucesivamente as chamas que se apagaban ,/ e esparexín con loureiro mollado pingas de auga.]

Ovidio segue describindo con minuciosidade romana os distintos ritos da festa, pero esquece o fundamental, tentar explicar a orixe dos rituais; a deusa non se mostrou condescendente co poeta neste obxectivo.

J. G. Frazer válese dun escritor medieval para dar a coñecer os trazos máis chamativos da festa: as fogueiras, as procesións con fachos e o costume de botar a rebolos unha roda de lume. Contase tamén que os rapaces queimaban ósos e lixo fedorento e que o fume espantaba certos dragóns maléficos que por estas noites do ano, excitados polo calor do verán, copulaban no aire e envelenaban os pozos e os ríos ó caer neles o seme.

Auga e herbas de san Xoán.

De todos os xeitos a etnografía aportounos algúns datos interesantes : o lume é un elemento purificador, polo que quen pase por enriba del quedará limpo e renovado; outra, que os antigos xa que tiñan conciencia de que o lume e a auga, dous principios contrarios, eran imprescindibles para a vida, xuntaron os dous nun mesmo ritual preservativo para acadar maior eficacia, ou tamén porque a auga e o lume son causa de vida e morte para o home.

Tamén no século XVI   damos con pegadas da relación entre as festas romanas na honra de Pales (Palilia) e a cristiana de San Xoán, e os investigadores modernos seguen a insistir nela como se os séculos fosen unha garantía de certeza. Só dan cun problema: o feito de que non coinciden nas datas dos meses; hai entre elas dous meses de diferencia, pero non parece un atranco insalvable, xa que ao longo da primavera detéctanse festas nas que se acenden fogueiras, pendúranse enramadas, como en Laza ou Oimbra por falar de espazos preto de nós. Serían pois rituais de estación que rematarían co solsticio.

Fachucos en Laza. Ourense

J. G. Frazer no seu libro The Golden Bough (A Rama Dourada) chama a atención sobre as coincidencias que gardan as festas paganas e as cristiás e afirma que son moitas como para consideralas accidentais. Desde o seu punto de vista esta coincidencia só mostra o pacto ó que se veu obrigada a Igrexa, na hora do seu triunfo, coas relixións rivais vencidas, pero potencialmente perigosas aínda para unha consolidación definitiva do cristianismo.

O intransixente espírito inicial flexibilizouse cando percibiron con claridade que para que o cristianismo conquistase o mundo era preciso atenuar a rixidez das regras fundacionais facendo máis ancha a porta que conduce á salvación. Para que o credo fose admitido de maneira universal era preciso que fose antes modificado de acordo, ata onde fose posible,  cos prexuizos, as paixóns e supersticións do vulgo, xusto os principios que inicialmente pretendían suprimir: unha decadencia espiritual inevitable; o mundo no pode vivir no nivel dos grandes homes; os valores esenciais de pobreza e celibato non resultan facilmente soportables, non só para a sociedade civil, tampouco para a existencia humana.

TRES PUÑADOS DE TERRA, MARIÑEIRO

trespuñados

Horacio, Oda I, XXVIII: 

(Diálogo entre Arquitas de Tarento e un náufrago)

O espectro dun náufrago pide a un mariñeiro, que está de paso, unha sepultura simbólica. Desenvolve a idea de que todos, grandes e pequenos, sabios e filósofos, van morrer, a pesar das súas pretensións vas; por outra parte os vivos deben ós mortos unha testemuña relixiosa, un recordo melancólico. Horacio imaxina un náufrago que chega á costa e dá coa tumba do sabio de Tarento.

MELIDE1

A ti, Arquitas(1), que soubeches medir  o mar e a terra e a area

incontable, cóbrete agora o agasallo último

dun pequeno túmulo de terra na ribeira

de Matino (2); de pouco che valeu

ter investigado os espazos celestes e  chegar a explicar

o ceo esférico e insondable, se o destino é morrer.

Morreu o pai de Pélope (3), convidado dos deuses,

e Titón (4), arrebatado polos aires,

e Minos (5), cómplice dos segredos de Xúpiter, tamén 

o Tártaro acolle o fillo de Pantoo (6) que descendeu por segunda vez

ó mundo das sombras, e aínda que o seu escudo no altar de Hera

dá fé da caída de Troia, non concedera

á negra morte máis que os seus despoxos mortais,

(7) autoridade honorable, ó teu xuízo, 

da verdade e da natureza;  a todos nos espera una soa noite eterna 

e unha soa vez habemos pisar o sendeiro da morte.

As Furias

As Furias entregan a outros como espectáculo ó torvo Marte,

o mar é tumba avara de mariñeiros;

multiplícanse os funerais sin distinción de mozos e vellos,

ninguén foxe da cruel Proserpina (8).

A min tamén me sepultou no mar Ilírico,

o impetuoso Noto, (9) compañeiro do minguante Orión (10) .

Pero ti, mariñeiro, xa a salvo, non aforres, como un avaro,  

en esparexer un gran de leve area

sobre os restos do meu cadáver insepulto

así que os bosques venusios (11) nos poñan

 ó abeiro do Euro (12) que ameaza ás augas  hespéricas, 

 mentres incontables riquezas, de onde queira que sexa,

 veñan parar a ti das mans do xusto Xúpiter

 e de Neptuno, patrón da sagrada Tarento (13).

¿Ou vas cometer unha falta que poida danar

máis tarde ós teus fillos inocentes? Quizais tamén

te  esperan a ti mesmo dereitos impagados

e infortunios sen piedade: non me abandonarei

a súplicas impunes e ningunha expiación te absolverá.

 Sei que que vas con presa, non é moito esperar; serache lícito

partir despois de botar sobre a miña tumba tres puñados de terra.

Notas.

(1) Arquitas (460-365 a.C.): contemporáneo de Platón, xeneral, home de estado, filósofo, matemático. (2) Matino, localidade do sur de Italia, non lonxe de Tarento. (3) Tántalo rouba os manxares dos deuses e sérvelles a carne do seu propio fillo, co que tenta poñer á proba a onmniscencia divina. Os deuses castígano a sufrir fame e sede  desesperadamente eternas (4) Fillo de Laomedón e irmán de Príamo. Arrebatado polos aires da man da Aurora, que quixo facelo o seu esposo. (5) Minos: a quen o mesmo Xúpiter lle dicta as leis para Creta. (6) O fillo de Pantoo, Euforbio, de quen Pitágoras se consideraba reencarnación, pelexara na guerra de Troia, onde morre a mans de Menelao e Aiax, despois de dar el mesmo morte a Patroclo. Por iso cando Pitagoras morre se considera que descende ó mundo dos mortos por segunda vez, posto que descendera unha primeira co nome de Euforbio. Pitágoras, como proba de que el fora Eufrobio, recoñece como seu o escudo de Euforbio no templo de Hera en Argos.Este escudo ainda se atopába neste  templo na época de Pausania, máis de mil anos depois da Guerra de Troia e seiscentos anos depois da época de Pitágoras  (7) Arquías era pitagórico, polo que que se entende que a auoridade é Pitagoras/Euforbio. (8)Deusa do mundo das sombras, deusa da morte, esposa de Hades. (9) Vento do sul. (10) Cando declinaba Orión, na primeira metade de novembro, o Noto facía despertar o mar treboento. (11) Vento do sudeste, amo do Adriático. (12) Nas terras de Horacio. (13) Taras , o fundador de Tarento, era fillo de Neptuno.

MORRER PARA VER

A MEMORIA DOS MORTOS

NA ANTIGA ROMA

José M. Otero

É sinal de respecto aplacar as almas dos nosos pais e levar/ pequenas ofrendas ás tumbas e tamén ás piras que se lles erixen/ Os manes piden pouco. É agradecida a piedade en vez dunha abundante/ ofrenda. A  Estixia sin fondo non ten deuses avaros./ É de abondo unha tella cuberta cunha ofrenda de flores,/ e froitos espallados e un chisco de sal, pan abrandado en viño e pétalos de violeta:/ que os garde unha vasilla de barro deixada no medio do camiño. 

OvidioFastos, 2, 533-540

Columbarios de Vigna Condini. Roma

A antiga Roma reservaba para a memoria dos seus mortos os idus do mes de febreiro (13), o mes no que, para eles, esmorecía o ano antes da chegada da renacente natureza. As Parentalia, iniciaban un ciclo ritual que culminaba coas Feralia o día 23: nas tumbas, despois de colocar coroas, ofrecían pan, viño e un chisco de sal. Un solemne banquete de toda a familia, Caram Cognitionem, era o último acto de homenaxe ós mortos de cada familia do ritual funeraio das Parentalia.

Os Cristianos ó principio  aceptaron as festas en honor dos mortos, respetando estas mesmas datas, pero o proceso de cristianización do mundo celta, obrigou, por sentido práctico e a eficacia da mensaxe doctrinal, a trasladar esta celebración ós primeiros días de novembro.

O triunfo da morte.(1562). Brueghel O Vello

Os druidas, sacerdotes celtas, crían en efecto que esa noite, Saman, o señor da morte, provocaba o exército dos espíritos malignos. Os druidas prendían entón grandes fogueiras, co obxecto de afastar as incomodas Sombras. Entre os antigos celtas, Halloween era a última noite do seu año, noite máxica de pantasmas e bruxas pero tamén de presaxios na que os espíritos da morte visitaban as  moradas dos vivos.

A conquista romana da gran Gran Bretaña, favoreceu que Halloween se enriquecese con elementos da festa da colleita, POMONALIA, celebrada o 1 de novembro en honor de Pomona, deusa dos froitos e das árbores.

Vertumno e Pomona. Fot. RMN

Sobreviven vestixios da festa romana da colleita no costume, habitual nos Estados Unidos e Gran Bretaña, de facer xogos utilizando froita, ou mesmo en Galicia na festa dos Magostos.

Os romanos elaboran crenzas particulares arredor dos mortos e da morte, pero non se lles pasaba pola cabeza que os mortos acudisen a ver e cheirar o perfume das flores que deixaban nas súas tumbas.

A cuestión do máis alá, da inmortalidade, era unha preocupación allea, como para o home de hoxe: os epicúreos non crían nela, os estoicos, non demasiado, e a relixión oficial pecaba dun ríxido formalismo como para dar resposta a preguntas esenciais. Para o común da xente a morte era o mesmo que a nada, un soño eterno; o que relataba o imaxinario colectivo sobre a supervivencia das Sombras non máis que un conto de medo.

É distinto o sentimento que lles produce a morte, o medo dos moribundos non tanto ós castigos mitolóxicos como ó castigo dos deuses xustos, providentes e vingadores. Así cabe deducir deste texto de Valerio Máximo:

Este malvado morreu pensando nas súas perfidias e na súa ingratitude; a súa alma atópase como despelexada por un verdugo, porque sabía que os deuses do ceo ós que odiaba o ían entregar ós deuses subterráneos que o execrarían.”

Por iso os epitafios, os ritos e a arte funeraria se encargan de espallar ideas consoladoras que calmen a axitación e a angustia da hora da morte, insistindo nas súas representacións da vida como viaxe, a morte como descanso despois dunha longa viaxe, a vida como a carreira de carros no circo, a permanencia no espazo indeciso dos lindeiros entre a vida e o soño. A tumba é a morada eterna na que todo se prolonga despois de que todo remata.

AVIVANDO O LUME DO SOLSTICIO

O lume devastador purifícao todo e, ó quentalos, quítalles a ferruxe ós metais, por iso purifica o caporal e as ovellas. ¿Ou é porque a auga e o lume, dous deuses discordantes, sendo a orixe contradictoria de todas as cousas, os nosos pais xuntaron eses elementos e consideraron apropiado someter o corpo ó lume e sapilcarse con auga? ¿Ou é porque neles está a orixe da vida? Outros supoñen que simboliza a Faetón e o diluvio universal de Deucalión. Outros lembran que, cando os pastores chascaban unha pedra con outra, saltou unha chispa, a primeira perdeuse, pero a segunda prendeu nunhas pallas. ¿Ou é máis verdadeiro o feito de que, cando a fundación de Roma, recibiron orde de trasladar os Lares ás novas casas, é, o mudar de fogar, prendéronlles lume ás chozas que abandonaban, e que eles, colonos e gando, saltaron entre as lapas. Que é o que se fai ainda, Roma, no día da túa fundación.

Ovidio, Fastos, IV, 785-807

Os solsticios son inicios de ciclos da natureza, un punto crítico na carreira da luminaria principal  da bóveda celeste. A cultura grecolatina recurría a unha expresión de contido simbólico para subliñar esta circunstancia: “as portas solsticiais”, a porta, umbral, pero tránsito, paso entre luz e tebras, vida e morte, ignorancia e sabiduría, culpa e salvación. Momento de ansiedade para os homes dos primeiros tempos, cando non eran conscientes da súa impotencia ante os cambios dos ciclos naturais e consideraban que podían axudar ó sol, como se fose unha fogueira xa en brasas, cando daba síntomas de desfalecer.

Se ben o solsticio de inverno dá paso ó ciclo luminoso, o de verán abre o período de escurecemento, do acortamento progresivo da luz do día; unha inversión dos valores atribuídos a cada estación, non hai nada unívoco no universo simbólico. Agora entenderemos por que o cristianismo fai coincidir o nacemento de Cristo (“Eu son a porta”, di Xesús, Xn. 10, 9), o sol que ilumina a humanidade, co solsticio de inverno, mentres que o solsticio de verán esta marcado pola festividade de San Xoán Bautista, que sustitúe as celebracións paganas, porque este era para os cristianos o precursor, o mensaxeiro da redención, da salvación inminente, da vida.

Nun libro de mitoloxía do século XIX, falando de fogueiras e lume sagrado, relaciónanse os rituais de San Xoán cos das festas de Pales:

“ Isto ( o lume) usábase moito na antiga Roma nas festividades de Pales, deusa dos pastores, que se celebraban o primeiro de maio e chamábanse Palilia. Nesta festividade os pastores facían fogueiras de palla ou de feno, e brincaban por enriba delas, e con esta cerimonia crían que quedaban limpos e absoltos de culpa, como o dixo Marco Varrón….”

“Pales dicebatur dea pastorum, cuius festa Palilia dicebantur; vel ut alii volunt, dicta Parilia quod pro partu pecoris eidem sacra fiebant” P.F. 248, 17

[ a deusa dos pastores chamábase Pales, e as festas a ela dedicadas Palilia; ou como queren outros Parilia por ser un ritual sagrado na súa honra polo bo parto do gando]

Todo lo purga el fuego, y su viveza /al metal le acrisola su maleza./ Luego por las hogueras encendidas/de paja gritadora des el salto/ con pie ligero, y piernas extendidas.

Ovidio ( Fastos, IV, 727 ss.) invoca á deusa Pales, para que o inspire na creación do poema, argumentando que vai cantar ritos pastorís nos que ten experiencia personal:

Alma Pales, faveas pastoria sacra canenti,/ prosequor officio si tua festa meo./certe ego de vitulo cinerem/ stipulasque fabales/ saepe tuli plena, februa tosta, manu; /certe ego transilui positas ter in ordine flammas, /udaque roratas laurea misit aquas.

[Alma Pales, axuda a quen canta os rituais dos pastores,/ se describo a túa festa coa miña arte./ Certo, eu levei moitas veces nas palmas das mans a cinza do vitelo/ e os talos de fabas, restos aínda quentes do sacrificio ./ Certo, eu brinquei tres veces sucesivamente as chamas que se apagaban ,/ e esparexín con loureiro mollado pingas de auga.]

Ovidio segue describindo con minuciosidade romana os distintos ritos da festa, pero esquece o fundamental, tentar explicar a orixe dos rituais; a deusa non se mostrou condescendente co poeta neste obxectivo.

J. G. Frazer válese dun escritor medieval para dar a coñecer os trazos máis chamativos da festa: as fogueiras, as procesións con fachos e o costume de botar a rebolos unha roda de lume. Contase tamén que os rapaces queimaban ósos e lixo fedorento e que o fume espantaba certos dragóns maléficos que por estas noites do ano, excitados polo calor do verán, copulaban no aire e envelenaban os pozos e os ríos ó caer neles o seme.

Auga e herbas de san Xoán.

De todos os xeitos a etnografía aportounos algúns datos interesantes : o lume é un elemento purificador, polo que quen pase por riba del quedará purificado; outra, que os antigos xa que tiñan conciencia de que o lume e a auga, dous principios contrarios, eran imprescindibles para a vida, xuntaron os dous nun mesmo ritual preservativo para acadar maior eficacia, ou tamén porque a auga e o lume son causa de vida e morte para o home.

Se sistematizamos todo o que conta Ovidio poderemos dar cos paralelismos que ofrecen as Palilia e as festas de San Xoán:

1. FOGUEIRAS:

a. Era crenza que se pasaban por enriba delas os animais domésticos quedaban a salvo dos lobos.

b. O mesmo se o facían os homes.

c. Para ser eficaz o rito había que repetilo tres veces

d. Ó saltar había que facer a petición que máis lle convise a un.

e. Queimábanse algunhas herbas

2. ENRAMADAS.

a. Enramadas penduradas nas paredes .

b. Grinaldas nas portas

3. HERBAS: o loureiro dos sacrificios.

4. AUGAS:

a. En lustracións especiais e aspersións de altares

b. En lustracións de animais domésticos

5. ORACIÓNS: había que pronuncialas ao saltar sobre a fogueira, mirando ao oriente e metendo os dedos na auga pura.

A relación entre as dúas festas, Palilia e San Xoán, xa se estableceu no século XVI, pero tamén os investigadores modernos insisten nela. Só dan cun problema: o feito de que non coinciden nas datas dos meses, hai entre elas dous meses de diferencia, pero non parece un atranco insalvable, xa que ao longo da primavera detéctanse festas nas que se acenden fogueiras, pendúranse enramadas, como en Laza ou Oimbra por falar de espazos preto de nós. Serían pois rituais de estación que rematarían co solsticio.

Fachucos en Laza. Ourense

J. G. Frazer no seu libro The Golden Bough (A Rama Dourada) chama a atención sobre as coincidencias que gardan as festas paganas e as cristiás e afirma que son moitas como para consideralas accidentais. Desde o seu punto de vista esta coincidencia só mostra o pacto ó que se veu obrigada a Igrexa na hora do seu triunfo coas súas rivais vencidas, pero aínda perigosas. O intransixente espírito inicial flexibilizouse cando percibiron con claridade que para que o cristianismo conquistase o mundo era preciso atenuar a rixidez das regras fundacionais facendo máis ancha a porta que conduce á salvación. Para que o credo fose admitido de maneira universal era preciso que fose antes modificado de acordo, ata onde fose posible,  cos prexuizos, as paixóns e supersticións do vulgo, xusto os principios que inicialmente pretendían suprimir: unha decadencia espiritual inevitable; o mundo no pode vivir no nivel dos grandes homes; os valores esenciais de pobreza e celibato non resultan facilmente soportables, non só para a sociedade civil, tampouco para a existencia humana.

PRELUDIO MÁXICO Á AURORA DO SOLSTICIO

“A estrela vixiante da mañá chega desde as augas orientais. Ide, boas nais, e ofrecede as tortas de dourado cereal á deusa Ino de Tebas. Pegada ás pontes, e  preto do Circo Máximo hai unha chaira, que chaman foro Boario. Contan que alí o día once de xuño o rei Servio inaugurou un templo dedicdo á Mater Matuta. ¿Por que aparta as escravas do limiar do seu templo e recrama pasteis cocidos?”

Ovidio, Fastos, 6, 474

“[As mulleres] fan que unha escrava entre no recinto sagrado, baten nela con vergallos e despois bótana fóra; ademais levan nos brazos e tratan con especial agarimo , mentres dura a cerimonía, os fillos das súas irmás, como se fosen seus”

Plutarco, Vida de Camilo, 5,2

A Noite e a Aurora, mudando  completamente a cor, dan de mamar ambas as dúas, a un único recén. Entre o ceo e a terra el brilla ó lonxe  como unha xoiiña de ouro.

Himno a Agni ,1, 96

Once de xuño,  desde o espertar as damas romanas de primeiro matrimonio celebran  as Matralia para honrar a Mater Matuta, a Aurora vixiante que inaugura as horas da mañá para deixar o día madurado en mans de Fortuna. O solsticio de verán está a  chegar. Desde os días do solsticio de inverno a Aurora espertaba  cada vez máis cedo e non deixaba de roubar horas as tebras da Noite.

Que cos primeiros calores de xuño  a Aurora comezase a lacazanear e a amosarse conformista enchía de desasosego e sementaba temores e desconcerto entre as mulleres romanas. Para elas a escuridade da noite  era como un cova confusa e envurullada  chea de demos e monstros enloquecidos, que traman inmisericordes e teimudos  milleiros de perigos para a familia e a Res Publica. Momento crítico no ciclo solar, desacougo e impotencia a un tempo, pero sempre queda o soño de poder botarlle unha man á natureza para que a Aurora esperte e non esmoreza, que tome nova forza a chama moribunda e reviva.  Confían  cegamente nos rituais máxicos  que protexesen dos sinais de abatemento que ameazaban a vida e os éxitos de Roma e os romanos, era preciso dobregar a boa vontade de Mater Matuta cos ritos que a ela  máis lle compracen.

Dies festus, pola mañá cedo un remoiño de mulleres, entre un frufrú de stolae e pallae, baixara polo Velabrum cara  ó templo de Mater Matuta, preto da porta Carmental na ribeira esquerda do Tíber. Escoitábase polo aire un caudal desbordado de voces femininas mesturadas cun rebulicio de meniños. Unha brisa matutina acalmaba as mulleres reunidas  diante do templo, faise primeiro un silencio sobrecolledor, un silencio sagrado, un silencio que conmove a homes e deuses. Homes e deuses espectantes.

As festas nunca o son por casualidade, nunca están nas mans do azar. Non é casualidade que a festa da Aurora se celebre seis meses despois, con precisión matemática, da festa consagrada ó Sol, no solsticio de decembro. Nunca os romanos celebraron nada sen que desa celebración se derivase algún interese: influir sobre a marcha de calquera acontecemento desexado ou temido, xa dependan da disposición da divindade ou de acenos ou palabras manifestados por una divindade ou calquera devanceiro en tempos pasados.

O silencio sagrado incial vaise quebrando como vidro fino nos arredores do templo de Mater Matuta. Óense primeiro timidamente voces de criaturas apagadas polas das súas nais, pero de seguido son as bonae matres as que, despois de ofrecer tortas redondas e amarelo ceral á deusa, expulsan do  recinto sagrado  a unha escrava a vergallazos  e empurróns,  e desafogan a angustia contida dos últimos días. Gritan as irmás dispostas a entregarlles os seus fillos que as celebrantes toman nos seus brazos con agarimo de nais para llos encomendar á deusa.

Nos arredores do templo de Fortuna, co que o de Mater Matuta compartía espazo físico e mitolóxico, contadores de historias e poetas  cantaban o misterio que  envolvía a celebración de aquel día e os seus escuros ritos. Os contadores de historias relataban   a fortuna de Furio Camilo, cinco veces dictador,  que vence ós de Veies,  ós latinos e ós volscos,  ós celtas, e a Breno; batallas que se inician sempre coa Aurora e que  coa axuda  da Aurora se vencen desde as primeiras escaramuzas: “O romper a Aurora, Camilo estaba alí, diante del”. Outros contan a historia do rei Servio Tulio a quen se lle debe a fundación do templo de Mater Matuta no foro Boario.

Os poetas empeñábanse en explicar en versos hexámetros que se gardaba naqueles ritos escuros, cargados de símbolos, que so eran ecos case que apagados de mitos moi antigos, xa perdidos baixo o peso da influencia grega: o que viña de acontecer no templo reproducía dramáticamente o que a deusa Aurora fai no ceo, un acto negativo expulsando a escuridade inevitable, que como un enemigo desasosega, e  un  acto acto positivo, acoller e amosar o novo sol que asoma tras o horizonte. As celebrantes son moitas porque representan as numerosas auroras particulares que inauguran todos os días do ano indefinidamente. Se no segundo acto as mulleres que participan no ritual non encomendan á deusa os seus propios fillos senón os das súas irmás é para significar que ó dispoñer dun tempo moi escaso, case efémero, elas por si mesmas non poden xestar o sol, polo que so lles queda acoller os soles que as  súas irmás criaron.

A Aurora, a filla do ceo, a deusa irmá,  coa nai do sol, a Noite ou quen sexa, inteveñen en harmonía cósmica. Aínda que unha se impón, non rifan  entre elas, non se enfrontan nin deteñen o seu camiñar, seguen sen parar a unha á outra, compartindo un pensamento único. Cada unha coa súa forma, sombría a Noite, brillante a Aurora.

OS VAMPIROS QUE COMÍAN OS NENOS CRUS

Hai uns paxaros moi voraces que non son as Harpías que emporcallaban a comida do cego Fineo, aínda que se sabe que descenden delas. Teñen cabeza grande, uns ollos que te cravan, peteiros apropiados para a rapina, plumas brancas e uñas como anzoles. Voan de noite e atacan ós nenos, mentres a ama de cría anda noutras labores, maltratando os seus corpos que esgazan no mesmo berce. Din que trituran a peteirazos as vísceras dos que aínda maman, e que teñen a gorxa chea do sangue que beben.
Chámanse vampiros, a razón deste nome é polo costume de grallar de noite dun xeito que dá arrepío. Sexa como sexa, tanto se estes paxaros nacen, como se son froito dun encantamento, e son vellas meigas que un maléfico feiticeiro marso transforma en paxaros, metéronse no aposento de Procas, o rei de Alba. Era este, que nacera naquel cuarto, con cinco días de vida un botín fresco para as súas voraces linguas; o infeliz bebé choraba como quen pide axuda desesperadamente. Alarmada polos choros do seu pupilo acudíu correndo a aia e viu as meixelas rabuñadas por uñas ben afiadas.
¿Que podía facer ela? A cor de cara da criatura era como a das follas tardías que murcha o inverno cando acaba de chegar. Sen tardanza vai á procura da vidente Carmenta, a ninfa de Xano, para contarlle o que estaba a pasar. Carmenta, que podía ler o futuro, respondeulle: “Non chores máis, o teu pupilo vaise salvar”. Achegouse ó berce, o pai e a nai choraban. Ela díxolles palabras cheas alento: “Deixade de chorar, eu vouno curar”.
Sen máis bateu tres veces nas xambas da porta con follas de albedro; tres veces con follas de albedro sinalou o limiar. Salpicou con auga a entrada (a auga era tamén medicinal) mentres sostiña as entrañas crúas dun leitón femia de dous meses. E pronunciou estas palabras: “Paxaros nocturnos, respetade o corpo do neno; por un neno pequeno sacrificamos unha víctima pequena. Aceptade, por favor, corazón por corazón e entrañas por entrañas. Entregámosvos esta vida por outra mellor”.
Rematado o sacrificio, dispuxo ó aire libre as entrañas partidas e prohibiu ós presentes na ceremonia volver a vista atrás. Depositou  por último unha vara de espiño branco nunha xanela que deixaba pasar a luz ó aposento.
Cóntase que despois de aquel ritual máxico os paxaros non atacaron nunca máis o berce e o neno recobrou a cor que antes tiña.

(Adaptado de Ovidio, Fastos, VI, 131 e ss. José M. Otero)

DE RITOS DE LUPERCALIA E XOGOS DE ENTROIDOS

OS LUPERCOS NUS E AS CERIMONIAS

DE FAUNO-PAN

Desde os lupercos ós peliqueiros, cigarróns, felos, borralleiros, troteiros e outros Entroidos

As manifestacións do Entroido que ata hoxe coñecemos manteñen rituais e celebracións que nos remiten a formas e moldes moi antigos. Uns xiran arredor de preocupacións sociais (Saturnais: liberdade de escravos, regalos, banquetes),  e outros arredor do que sería a base da economía pastoril:purificación e fecundidade, tanto de mulleres como do gando, e consecuentemente de preservación do gando dos animais silvestres hostís (Lupercalia).

Na terceira aurora que seguía ós idus (13) de febreiro (tendo en conta a contabilidade inclusiva, o 15 de febreiro) na cova Lupercal, no outeiro do Palatino, comezaba a festa co sacrificio dun cabrón e un can , ofrecíanse tamén tortas de fariña feitas polas Vestais con trigo da última colleita.

Seguía a esta cerimonia un ritual que relata Plutarco: “ Dous mozos patricios son conducidos ó lugar do sacrificio. Uns mánchanlle a fronte de sangue co  coitelo do sacrificio, mentres outos llo limpan con la mollada en leite, inmediatamente os mozos rompen a rir. Cumprida esta cerimonia, despois de facer tiras coa pel do cabrón sagrado, os lupercos corren espidos, cubrindo minimamente a cintura e azoutando a todo aquel que atopan no seu paso. As mozas non deben escapar ós seus azoutes xa que era crenza que son eles os que propiciarán a concepción e axudarán na hora do parto. PARA SEGUIR LENDO: LUPERCALIA

Peliqueiros en Laza (Ourense) Fot. Ana Mª Martínez

LECTURA COMPLEMENTARIA: NORBERT ROULAND. Laureles de ceniza. Ed. Edhasa 1990. Páx: 41-43.

PARA LER PICA AQUÍ Laureles de ceniza

TEATRALIDADE MÁXICA NO RITUAL DUNHA GRAN CEA

 Para os antigos romanos a comida era unha gran festa na que se mesturaban en doses semellantes o sagrado e o profano. Os deuses estaban presentes e protexían a casa, o fogar, desde o centro da mesa. Así as cousas a mesa era un lugar sagrado, o fogar simbólico, a redor da cal se xuntaba toda a familia. A súa función era soster os alimentos, por iso para os antigos a mesa era o símbolo da terra fecunda, da terra que alimenta.  O comedor, deste xeito, adquiría un valor cósmico, a mesa ocupaba o centro do comedor, da mesma maneira que a terra, para eles, ocupaba o centro do universo. O comedor, presidido polos deuses lares, espazo pechado, é, como tal, un lugar sagrado, un círculo máxico  purificador  que aílla do resto do mundo.

A comida era un rito e polo tanto o convidado víase na obriga de respectar as regras do ritual: entrar no comedor co pé dereito (o esquerdo sería sinistro) e cunha roupa adecuada, unha túnica frouxa sen cinto, que viña a ser como o vestido de festa. A ausencia de cinto ou cíngulo era fundamental; o convidado non podía levar sobre el nada que atase, xa que o nó evocaba o círculo pechado, de presenza nefasta, nada debe interromper a corrente máxica  que flúe polo universo do banquete no que se participa.  O comensal debía tamén deixar os seus zapatos na porta porque tiñan lazos e nós e  igualmente desfacerse dos aneis; o círculo pechado igual que os nós impedían a comunicación máxica dos espíritos.

O obxectivo último do convite era reconciliarse cos deuses. As flores e perfumes protexían  contra os sortilexios e as forzas malignas. Exparexíase o chan especialmente con verbena, porque a verbena ten a propiedade de facer que as comidas sexan máis alegres, pero especialmente polo seu valor purificador. Tamén se recorría con frecuencia á flor do azafrán, xa para facer coroas, xa para mesturar no viño. O cheiro do azafrán era un bo antidoto contra a borracheira e procuraba un doce sono a quen desmedidamente sucumbise á tentación de beber.

Todo ten unha función máxica  e unha razón de ser relixiosa. Era importante o número de convidados, tres como mínimo, para igualar o número das Grazas, e nove, como máximo, para non superar o das Musas, Era obrigado evitar o número par, era un mal presaxio. Quen rematase de comer o último non casaría e quen se erguese primeiro corría o risco de morrer durante o ano. 

Toda a comida xiraba a redor da cifra simbólica tres: compoñíase de tres partes, entremeses, platos fortes (tres) e sobremesa. Cando chegaba o momento da diversión había que beber tres ou nove copas.

A estas supersticións engandíanselle outros tabús: evitar derramar o saleiro, presaxio de morte, ou pinchar a carne coa punta do coitelo, porque pensaban  que deste xeito se fería ós mismísimos mortos. Estaba prohibido falar de temas tristes, pero tamén permanecer calados (nin o un nin o outro). Se alguén falaba dun incendio había que espallar auga por debaixo da mesa inmediatamente para apagar o lume simbolicamente e afastar o mal presaxio. Se se servía ovos pasados ou caracois, era preciso machicar as cascas para que ningún malfadado as empregase  en maleficios contra os comensais. Estas supersticións sobreviviron á civilización romana e moitas delas a nós sonnos familares

Como un conto de Nadal e Aninovo en FASTOS, I, 170 e ss.

Annum novum faustum felicem vobis!

E digo eu ¿por que, Xano, aínda que calme os manes dos outros,

che ofrezo primeiro a ti  incenso e viño?

“Para que poidas,  grazas a  min, que gardo as entradas,

ter acceso a todos os deuses que queiras”, responde.

“E ¿por que se fan cumpridos nas túas kalendas

e expresamos e escoitamos bos desexos?”

Entón o deus, apoiado no caxato, que levaba na dereita,

dime: “Os bos agoiros agóchanse nos inicios.

Con oídos agoirentos escoitades a primeira palabra

e interpreta favorable o augur a primeira ave que ve.

O ceo e os deuses escoitan propicios.

Ninguén expresa desexos vans, e o dito vale”.

Desaparecera Xano e non pasei moito tempo calado;

pisei coas miñas palabras as últimas súas,

e pregunteille: “¿que significa o dátil e o figo paso,

e o mel brillante que flúe no branco panal?”.

Dime: “é polo agoiro: que aquel sabor acompañe

a nosa labor e  o ano adoce o camiño comezado”.

Vexo por que se ofrecen doces: explícame  o sentido

do aguinaldo para que nada se me perda da túa festa”.

Riu e dixo: ” ¡canto te engana o teu tempo a ti

que pensas que o mel é máis doce que o aguinaldo recibido!

Eu non coñecín a ninguén nos tempos de Saturno

que para el as súas riquezas non fosen doces.

(Traducción de José M. Otero)

Notas:

1. Strenae (1); 2. Strenae(2); 3. SATURNALIA (1); 4. JANUS; 5. STIPS ; 6. FASTI

A FUNCION MÁXICA DAS FLORES E AS FRAGRANCIAS NOS BANQUETES DA ROMA ANTIGA

A mesa e o comedor para os romanos eran un espazo sagrado e, en consecuencia, a comida un acto relixioso, cos seus rituais pautados ata no seu mínimo detalle, unha festa coa presenza continuada dos deuses, na que, dun xeito curioso, se mesturaban o relixioso e o profano.

Para os antigos romanos a mesa simbolizaba a terra portadora de alimentos polo que o comedor resultaba ser a representación do cosmos, onde a mesa, como a terra, ocupa o centro do universo. Nerón, cando constrúe o comedor da domus aurea, concíbeo á imaxe do universo; un inxeñosa tramoia no teito de tablillas móbiles esparexía perfumes e flores que parecían caer teatralmente do ceo. Neste universo miniaturizado todos os rituais tiñan como obxectivo a reconciliación cos deuses. Os deuses só atendían a aqueles fieles limpos fisica e moralmente. Eran inevitables polo tanto rituais de purificación para que este cosmos quedase libre de sortilexios e malos espíritos que puidesen interrumpir a comunicación fluída coas divindades.

Era crenza xeneralizada entre os antigos que as flores e as fragrancias tiñan este poder purificador, de aí o costume de asperxir polo chan das salas infusión de verbena ou herba de Venus, xa que o seu recendo trasmite alegría ós comensais, trae a paz e afasta as envexas, pero, por enriba de todo, tiña os efectos purificadores que procuraban os que compartían triclinio. Outras veces ciscaban pétalos de flores: das rosas da divindade, da flor de lis, contra os fungos velenosos e as enrugas, de violetas da inmortalidade. Os inmortais que non coñecen a fame nin a morte aliméntanse de olores e perfumes, privilexio e sinal da súa condición, pois os mortais han de se repartir as vísceras cocidas no asador e a carne sanguenta do sacrificio.

Entre todas as flores de calquera xardín había unha especial que non podía faltar en ningún banquete, a flor do azafrán, xa en coroas ou mesturada co viño; o seu cheiro tiña o poder de previr a borracheira e regalar un doce sono a aqueles convidados que se deixaran tentar en exceso polo pracer da bebida. O azafrán é a metamorfose do sangue de Croco, a lembranza da súa cabeleira dourada, un agasallo dun imprudente  Mercurio apenado de lle provocar a morte.

Antes e despois de cada comida todos os convidados realizaban rituais de purificación, tomaban un baño antes de comer e pasaban por auga as mans ó rematar. Os escravos estaban á disposición dos convidados para lavábarlles os pés, limpiárlles a uñas e perfumalos.

Sería fácil pensar no sentido hixiénico destes hábitos, considerados coherentemente, teñen todas as trazas de rituais de purificación física e moral, que acabarán pasando a tradición cristiana e a outras, deixando na actualidade pegadas aínda  moi vivas nas distintas cerimonias sociais.

Bibliografía: Jean-Nöel Robert. Los placeres en Roma. Edaf-. 1992

LUME E AUGA NO SOLSTICIO

Os solsticios son inicios de ciclos da natureza, do curso solar. A cultura grecolatina recurría a unha expresión de contido simbólico para subliñar esta circunstancia: “as portas solsticiais”, a porta, umbral, pero tránsito, paso entre luz e tebras, vida e morte, ignorancia e sabiduría, culpa e salvación.

Se ben o solsticio de inverno dá paso ó ciclo luminoso, a do verán abre o período de escurecemento, do acortamento progresivo da luz do día; unha inversión dos valores atribuídos a cada estación, non hai nada unívoco no universo simbólico. Agora entenderemos por que o cristianismo fai coincidir o nacemento de Cristo (“Eu son a porta”, di Xesús, Xn. 10, 9), o sol que ilumina a humanidade, co solsticio de inverno, mentres que o solsticio de verán esta marcado pola festividade de San Xoán Bautista, que sustitúe as celebracións paganas, porque este era para oS cristianos o precursor, o mensaxeiro da redención, da salvación inminente, da vida.

Nun libro de mitoloxía do século XIX, falando de fogueiras e lume sagrado, relaciónanse os rituais de San Xoán cos das festas de Pales:

“ Isto ( o lume) usábase moito na antiga Roma nas festividades de Pales, deusa dos pastores, que se celebraban o primeiro de maio e chamábanse Palilia. Nesta festividade os pastores facían fogueiras de palla ou de feno, e brincaban por enriba delas, e con esta cerimonia crían que quedaban limpos e absoltos de culpa, como o dixo Marco Varrón….”

“Pales dicebatur dea pastorum, cuius festa Palilia dicebantur; vel ut alii volunt, dicta Parilia quod pro partu pecoris eidem sacra fiebant” P.F. 248, 17

[ a deusa dos pastores chamábase Pales, e as festas a ela dedicadas Palilia; ou como queren outros Parilia por ser un ritual sagrado na súa honra polo bo parto do gando]

Festa de Pales, ou o Verán. De Suvée Joseph Benoît (1743-1807) Crédito fotográfico: (C) RMN / Gérard Blot